"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

    1. Relativo ou pertencente aos escarabeidos.

    2. Insecto da familia dos escarabeidos.

    3. Familia de coleópteros que, na fase adulta, se presentan como escaravellos de antenas rematadas nunha especie de abano, formado pola expansión dos artellos terminais -do terceiro ao sétimo- destes apéndices; por este motivo denomínanse tamén lamelicornios. Posúen patas longas e provistas de dentes no bordo externo das tibias que lles serven para cavar. As alas son de venación reducida. As larvas son grosas, de patas curtas e cabezas provistas de fortes mandíbulas, e adoitan ser saprófitas. As larvas dalgúns xéneros aliméntanse de raíces e poden chegar a causar danos económicos considerables, mentres que outras se alimentan de madeira, de produtos en descomposición, de cadáveres ou de excrementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Lampón (concello de Boiro), situado na beira setentrional da ría de Arousa. É un importante porto pesqueiro; as capturas que se descargan nel abastecen a industria conserveira local, especializada no enlatado de sardiñas e moluscos. As instalacións portuarias ocuparon unha gran parte do litoral de Escarabote e deixaron dúas praias a cada lado; a maior delas, a praia de Escarabote , é un areal duns 80 m de longo e cunha media de 5 m de largo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar algo en mal estado ou peor do que estaba.

    2. Facer que algo ou alguén cambie para peor deixándoo sen o que tiña de bo.

    3. Facer dano físico a unha persoa ou animal.

    4. Quitar o membro viril.

    5. Poñerse algo ou alguén en mal estado ou peor do que estaba.

    6. Perder algo ou alguén o que tiña de bo.

    7. Ferirse por mor dun golpe, dunha caída, etc. OBS: En todas as acepcións é un termo de uso coloquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén desconfíe de algo para evitar que sexa sorprendido ou enganado.

    2. Castigar ou reprender a alguén para que non volva cometer unha falta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Combate breve ou de pouca importancia sostido polas avanzadas dos exércitos.

    2. Discusión ou disputa de pouca importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soster unha escaramuza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insignia en forma de disco que se coloca na parte máis visible do chapeo.

    2. Divisa en forma de rosa, lazo, espiral ou outras figuras, dunha ou máis cores, que antano colocaban os cabaleiros nas partes máis visibles das súas celadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a carapela a algo.

    2. Levantarse e caer a pel dalgunha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar a carapola a unha ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome de varios peixes da familia dos escorpénidos, caracterizados por ser animais grosos de cabeza de gran tamaño, cubertos de lóbulos cutáneos e aguillóns que poden presentar canles e glándulas velenosas. Aliméntanse de peixes, crustáceos e moluscos. Viven nos fondos, onde cazan á espreita gracias á coloración críptica que presentan.

    2. Escarapote que acada os 25 cm de lonxitude, de cor acastañada cinsenta ou arrubiada, con manchas escuras. Presenta unha liña lateral con máis de 55 escamas alongadas e pequenas. As máis das veces amosan unha proliferación ramificada baixo o ollo e outra de menor tamaño no orificio nasal anterior. Son animais solitarios e sedentarios, propios dos fondos rochosos ou herbáceos, de ata 800 m de profundidade. A especie está distribuída polo Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, dende Senegal ata Francia.

    3. Escarapote que acada os 50 cm de lonxitude, de cor acastañada ou vermella, e cunha mancha negra entre o oitavo e décimo radio espiñento da aleta dorsal. A liña lateral presenta entre 34 e 46 escamas tan anchas coma longas. Vive en fondos lamacentos ou de area, entre os 15 e 700 m de profundidade. Distribúese no Océano Atlántico, dende Senegal ata o Golfo de Bizkaia, e polo Mar Mediterráneo.

    4. Escarapote de ata 50 cm de lonxitude, de cor rubia ou amarelenta. Caracterízase por presentar unha liña lateral de entre 35 e 45 escamas de gran tamaño. O diámetro do ollo é menor ca a distancia entre o ollo e a punta do fociño, e a mandíbula inferior conta con numerosos apéndices laminares. As espiñas da cabeza, os primeiros raios espiñentos das aletas, e as espiñas presentes no opérculo poden inocular veleno. Viven en fondos rochosos ou areosos de entre 20 e 200 m de profundidade. Son animais solitarios, con querencia por lugares concretos do fondo. A especie está distribuída polo Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, dende Senegal ata Gran Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover a terra de maneira superficial.

    2. Andar repetidamente cos dedos ou cun utensilio no interior de algo, especialmente no nariz, nunha ferida ou nos dentes.

    3. Facer buracos.

    4. Fedellar nalgunha cousa ou nalgún asunto. Na tradición oral recóllense ditos como: “O moito escaravellar trae ás veces o seu pesar. Escaravellou o galo e atopou o coitelo que ha de matalo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación popular da fase adulta dos insectos da orde dos coleópteros. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ó escaravello os seus fillos parécenlle ouro fino. O que fixer de min escaravello, non farei del espello”.

    2. Amuleto ou selo de pedra ou de pasta vítrea que representa o escaravello fimícola exipcio (Scarabaeus sacer). Entre os exipcios denominábase khepror, e simbolizaba o crecemento e o chegar a ser ou converterse. Destacan, entre outras tipoloxías, os escaravellos de corazón, destinados a substituír esta víscera na momia para asegurar, deste xeito, a axuda no xuízo de ultratumba; os commemoratius, inscritos cun texto moi breve; e os hiksos, de interese histórico por mor da grande escaseza de fontes sobre o segundo período intermedio. Tamén se localizaron en Siria e Palestina. Os fenicios tamén os crearon e os introduciron en Occidente, onde foron adoptados polos cartaxineses.

    3. Neno inquieto que non para de andar dun lugar para outro.

    4. Persoa baixa e de corpo mal feito.

    5. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘nivel’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rir ás gargalladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer cárcavas as correntes de auga de chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da coiraza ou armadura que cubría a coxa e se suxeitaba ao peto.

    2. Bolsa de coiro ou de roupa que se leva pendurada do van para levar diñeiro ou outras cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preparar confeitos de xeito que o azucre cristalice no exterior. Tamén se fai para preparar combinados e refrescos, untando o bordo da copa ou vaso con zume de limón e azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de escarificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que escarifica.

    2. Máquina utilizada para escarificar un terreo. Consiste nun bastimento metálico que vai montado na parte posterior dun tractor ou dunha máquina de obras públicas e que leva, na súa parte posterior, unha ou máis púas ou uñas que removen o terreo.

    3. Aparato para escarificar que contén unhas lancetas movidas por un resorte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer sucos pouco profundos na terra para facilitar un traballo posterior como labrar, explanar ou outros.

    2. Producir pequenas incisións superficiais sobre a pel cun escarificador ou simplemente cunha lanceta ou bisturí.

    VER O DETALLE DO TERMO