"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Correspondencia que, segundo a teoría da relatividade, hai entre a masa m e a enerxía E dun sistema físico; a ecuación é E=mc 2 , onde c é a velocidade da luz no baleiro.
-
-
Modalidade de comportamento sexual caracterizada polo feito de que a excitación erótica e sexual, que a miúdo chega ao orgasmo, é provocada polo sufrimento físico que o suxeito se autoinfrixe ou recibe doutra persoa. Este termo derivou do novelista Leopold Ritter Sacher-Masoch (1836-1896), que presentaba a algúns dos seus personaxes caracterizados por este comportamento. Sigmund Freud ampliou este concepto ao cualificar o masoquismo como un comportamento sempre secundario, contraposto ao sadismo, e ao diferenciar tres tipos: o masoquismo que está condicionado pola gratificación sexual, o que é expresión da natureza do sexo feminino e o que deriva de determinacións inconscientes que esixen un castigo.
-
Comportamento da persoa que goza ao se sentir humillado ou maltratado.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao masoquismo.
-
Que ou quen ten tendencias ao masoquismo ou que o practica.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (5.500 h [2001]). A economía céntrase na agricultura de secaño, no cultivo de vide, seguido dos cereais, amendoeiras e oliveiras, e a gandería no bovino, porcino e na cría de coellos. A industria está moi diversificada e radica nos polígonos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo e escritor. Especializouse en temas relacionados coa historia colombina e coa arqueoloxía galega. Colaborador de diversas publicacións, como Vida Gallega, La Noche e Vieiros, escribiu Retrouso a Colón (1960) e Romance ao lobo gris. Recibiu o primeiro premio no Concurso Popular de Fotografía da Agrupación Fotográfica Gallega (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo fotográfico formado por imaxes de José María Massó (1899-1981), E. Barreiro, X. Pacheco, Sánchez Ocaña e os irmáns Sarabia. Composto de numerosas imaxes de África, destacan tamén as fotografías de acontecementos familiares, retratos de amigos e parentes, e de diversas actividades lúdicas, ademais das súas visitas a países europeos. A elas hai que sumar outras moitas de carácter máis etnográfico e económico relacionadas co mundo do mar.
-
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Influído por Leonardo da Vinci, a súa obra incorporou o sfumato lombardo e as maneiras do Renacemento transalpino na execución das formas arquitectónicas. Así e todo, nas súas obras destaca a continuidade do realismo característico de Países Baixos como en Changeur et sa femme (1514) e o tema da picaresca.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Resina amarelenta, semitransparente, que se obtén por incisión do lentisco.
-
-
Preparado impermeabilizante que se usa para cubrir as feridas das árbores despois da poda e do enxerto e protexelas ata a cicatrización.
-
Nome de diversas substancias plásticas que se endurecen co tempo, formadas por diversos ingredientes (arxila, litarxirio e aceite de liñaza), que serven para tapar buratos ou xunturas.
-
-
Mestura de betume asfáltico con granulado mineral, de consistencia adecuada para poder ser estendida nunha capa moi delgada, que lle dá unha textura lisa á superficie de tránsito do pavimento dunha calzada.
-
-
PERSOEIRO
Financeiro e político. No comezo da Guerra Civil Española pasou ao bando de Franco, con quen entrou en Barcelona o 26 de xaneiro de 1939. Ao día seguinte foi nomeado alcalde da cidade, ata 1945, e despois embaixador de España en Francia (1945-1947). Desde 1967 dirixiu a Axencia EFE de noticias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e canonista italiano. Discípulo de san Boaventura, foi xeneral da orde franciscana (1287) e cardeal (1288). Escribiu Commentarii in Sententias, Breviloquium de Sanctissima Trinitate, Quodlibeta e Sermones.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarquista. Promoveu os Comités Sindicalistas Revolucionarios (1922), afiliouse ao PCE (1924) e cofundou o Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM), do que foi secretario. Foi deputado pola Frente Popular. Ao final da Guerra Civil Española foi condenado a 30 anos de reclusión, e despois de ser indultado en 1947, exiliouse en Nova York. Escribiu Los hombres de la ditadura (1930), La revolución española (1932), Hacia la segunda revolución (1935) e Revolución y contrarrevolución en España (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi alcalde maior de Ferrol (1835), xuíz en Madrid (1836) e maxistrado en Zaragoza (1837). Foi deputado a Cortes por Ontinyent (València), ministro de Gracia e Xustiza (1843-1846) e presidente do Congreso (1848-1851). Nomeado ministro de Estado en 1854, retirouse da política durante o Bienio Progresista (1854-1856), ata que volveu ser ministro de Gracia e Xustiza (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador e acibecheiro. Discípulo de Modesto Brocos e de Arturo Carretero, gravou madeira e metal e colaborou en diversas publicacións. Ilustrou obras como Historia de la Catedral Compostelana ou Lecciones de Arqueología Sagrada de López Ferreiro, e realizou, con Enrique Campo Sobrino, os debuxos de catalogación da riqueza artística de Pontevedra e do arcebispado de Tui (1909). Tamén escribiu Prioridad de un artista santiagués respecto al perfeccionamiento del grabado en madera (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e gravador, fillo de Enrique Mayer Castro. Realizou numerosas obras suntuarias en Santiago de Compostela e traballos de gravado, acibeche e marfil. Escribiu unha Guía de Santiago (1931), ilustrada con minigravados. Recibiu a terceira medalla no II Concurso Nacional de Artesanía Artística de Madrid (1944) e a primeira no Concurso Provincial da Coruña (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador e pintor. Cultivou a pintura ao óleo, a acuarela e o gravado con numerosas técnicas. Da súa produción destaca a acuarela Rincón de Platerías. Acadou o terceiro e cuarto premio de Gravador na Trienal Nacional de Santiago de Compostela en 1971 e 1974, respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Terence Steven McQueen.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico estadounidense. Coñecido como Steve McQueen, interpretou papeis dinámicos e agresivos que obtiveron unha boa acollida entre o público. Da súa filmografía destacan The Magnificent Seven (1960), The Great Escape (1963), The Sand Pebbles (1966), pola que foi nominado ao Oscar; ; Bullitt (1968), Papillon (1973) The Towering Inferno (1974) e The Hunter (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título supremo da flota de guerra do Imperio Bizantino. Creouse ao redor do s XI e chegou a constituír a cuarta xerarquía do imperio. O Emperador Andrónico II Paleólogo outorgoulle esta dignidade a Roger de Flor en 1303 e, posteriormente, a Berenguer de Entença (1305).
-
GALICIA
Arquitecto. Foi subdirector xeral de Patrimonio Histórico-Artístico, presidente da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Cidade e Camiño de Santiago e un dos cofundadores do COAG. Impulsou a arquitectura moderna en Galicia, avanzando cara a formas cada vez máis puras. Realizou o proxecto do edificio Trébol (A Coruña) e o Plan de Protección do Casco Histórico de Betanzos. Recibiu o Premio Galicia de Arquitectura (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francesca Marquès i López.