"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Dirixente deportivo e diplomático. Seleccionador nacional de hockey a patíns, foi presidente da federación española deste deporte e do Comité Olímpico Español (1967-1970). Membro do Comité Olímpico Internacional desde 1966, foi o seu vicepresidente (1974-1978) e presidente (1980-2001), durante cuxo mandato Barcelona foi elixida (1986) para organizar os Xogos Olímpicos de 1992. Presidiu a Deputación de Barcelona (1973-1977) e foi embaixador na Unión Soviética (1977-1980). Foi presidente da Caixa de Pensions (1987-1999), que baixo o seu mandato pasou a ser a Caixa d’Estalvis i Pensions de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Uzbekistán (362.300 h [1999]). A súa economía baséase nas construcións mecánicas e nas industrias química, téxtil e alimentaria. Capital da Sogdiana na época dos aqueménidas, foi conquistada por Alexandre o Grande (329? a C) e, co nome de Ìáñάêáíäá, formou parte do imperio seléucida e do Reino de Bactriana. Conquistada polos árabes na expansión de Qutayba ibn Muslim (709-712), durante a época dos samánidas (ss IX e X) foi un dos principais centros culturais do Islam, foco do renacemento literario persa. Despois das sucesivas dominacións qarakhánida, selxúcida (s XI) e karakitai (s XIII), Xenguis Khan devastouna en 1220 e deportou a poboación. Capital do Imperio Timúrida (finais do s XIV), converteuse no núcleo económico e comercial máis importante de Asia Central. O seu declive iniciouse baixo o dominio uzbeco, durante o cal a capital foi trasladada a Bukhara (s XVI). Entre 1924 e 1930 foi a capital de Uzbekistán. Do seu patrimonio cultural destacan,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Uzbekistán (16.400 km2; 2.322.000 h [estim 1993]). A súa capital é Samarcanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Samaria, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Samaria.

      1. Relativo ou pertencente á comunidade samaritana.

      2. Individuo da comunidade samaritana.

      3. Comunidade étnico-relixiosa xurdida da mestura entre a poboación autóctona israelita de Samaria e os colonos introducidos polos asirios despois da destrución da cidade (722 a C) procedentes de Babilonia, Cut, Avá, Hemat e Sefarvaim. O sincretismo relixioso no que derivou non foi nunca recoñecido polos xudeus. Non só se negaron a colaborar na reconstrución do templo de Xerusalén, senón que edificaron un propio no cumio do Gěrizzīm, onde aínda inmolan o gran sacrificio de Pascua. Quedan uns 450, repartidos nos centro de Nābulus e de Holon, preto de Tel-Aviv-Yafō.

    1. Forma do arameo occidental, falado e escrito desde o s IV a C ata o s XI polos samaritanos. Caracterízase pola desaparición case sistemática das consoantes larínxeas.

    2. Que ou quen é caritativo.

    3. Literatura cultivada polos samaritanos nas diversas linguas que empregaron ao longo dos séculos. O hebreo foi a lingua do Pentateuco samaritano. En arameo samaritano escribíronse o Tragum samaritano do s IV e a maioría das composicións esexéticas e litúrxicas, ademais dalgunhas obras históricas. Durante o período helénico-romano (ss IV a C-IV d C) empregouse o grego, aínda que só se conservan uns poucos fragmentos literarios de Alexandre Polihistor. Tras o dominio musulmán, a maiorías das obras samaritanas de carácter histórico, xurídico, esexético e gramatical redactáronse en árabe. Destaca a obra de Abū-l-Fatḥ ibn Abū-l-Ḥasan (s XIV), que recompilou os anais do gran sacerdote Pinḥas ben Yosef.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Destacou na composición de música relixiosa, óperas e sonatas a tres. Contribuíu a formar a sinfonía, a partir de obras con tres movementos para corda e algúns instrumentos de vento. O seu irmán Giuseppe Sammartini (Milán 1693?-Londres 1750) foi concertista de óboe e compuxo sonatas para frauta, concertos, concerti grossi e outras pezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illas orientais do arquipélago de Samoa, que forman un territorio non incorporado de EE UU (199 km2; 68.000 h [estim 2001]). A súa capital e Pago Pago (9.000 h [1994]) e a residencia do goberno está en Fagatogo (2.323 h [1990]). Inclúe as illas Tutuila co illote Aunu’u, o grupo de Manua e o atol de Rose. Son as menos poboadas de Samoa. O 96,6% da exportación (absorbida por EE UU) é de atún en conserva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás illas Samoa, aos seus habitantes ou a súa lingua.

    2. Natural ou habitante das illas Samoa.

    3. Lingua malaio-polinesia do phylum áustrico que se fala nas illas Samoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro beneditino situado en Samos. A orixe da vida monacal remóntase a época sueva pois o primeiro nome do que se ten constancia é o de Sámanos, que fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa. Fundado en tempos de san Martiño de Dumio, o bispo de Lugo Ermefredo restaurouno no s VII seguindo a norma de san Froitoso. O cenobio foi abandonado coa chegada dos musulmáns a comezos do s VIII e a vida relixiosa restaurouse en tempos do Rei Froila I (757-768). O mosteiro seguiu nestes primeiros tempos as regras de san Isidoro e de san Froitoso ata que no s XII se adoptou a de san Bieito. En 1175 o Papa Alexandre III concedeu unha bula pola que se lle outorgou aos monxes os dereitos xurisdicionais sobre 105 igrexas dos arredores e do Bierzo. Tras a reforma monacal dos Reis Católicos, en 1505 incorporouse á Congregación de San Benito el Real de Valladolid. O s XVII foi unha época de puxanza económica que se reflectiu na intensa actividade construtiva, situación que continuou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Pertenceu á ala esquerda do liberalismo e foi moi combativo nos seus escritos, que publicou desde 1840 no xornal Revolução de Setembro, entre outros. Desde 1851 dedicouse á política como deputado, ministro do Reino (1871-1877) e primeiro ministro (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou nos movementos contrarios ao ditador António de Oliveira Salazar. En 1988 foi elixido secretario xeral do Partido Socialista Português (PSP). Candidato para as eleccións xerais de 1991, onde o PSP foi derrotado, foi substituído por António Manuel de Oliveira Guterres. Alcalde de Lisboa (1989-1996), desde 1996 é presidente da república. Escribiu A Festa de Um Sonho (1991), Um Olhar sobre Portugal (1995) e Quero Dizer-vos (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Comezou a súa carreira política na Unión Republicana (1931) e foi ministro de Traballo e Previsión Social (1933), de Industria e Comercio (1933-1934), de Estado (1934). Presidiu o Consello de Ministros nun goberno de transición (1934) e cesou por presión da CEDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desenvolvemento dunha vogal no interior dun grupo formado por unha consoante e unha soante, con transformación conseguinte da soante en consoante. Era un termo que empregaban os antigos gramáticos hindús. Por exemplo, o latín CERTUS (en grego êñéôόò), da raíz êñôïó-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista estadounidense. Escribiu Foundations of Economic Analysis (1947), unha das obras fundamentais da moderna ciencia económica e que desenvolveu en termos matemáticos. Tamén é autor do manual de economía Economics: An Introdutory Analysis (1948). En 1970 recibiu o Premio Nobel de Economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (1.004 km2; 1.014.449 h [2000]). A súa capital é Samut Prakan (378.694 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apócope ou forma abreviada de santo que se emprega diante dos nomes propios que comezan por consoante. OBS: A súa abreviatura é S.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao pobo san ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo san.

      3. Pobo de África suroccidental, da raza khoisánida. Difundidos antigamente por todo o S de África, redúcense a un pequeno número de individuos acantoados nas zonas máis inhóspitas da área comprendida entre o río Okavango e o lago Ngami, nas terras áridas do Kaukauveld e do Omaheke, e noutras zonas do Kalahari e o Namib. Practican a gandaría de gando cabrún. Cren nun xenio do bush ou trasno da matogueira, que personifica as forzas da natureza, e nos espíritos dos mortos, e efectúan practicas máxicas, especialmente para favorecer a caza.

      4. Lingua do phylum khoisan que fala o pobo san. Caracterízanse pola súa riqueza na variedade dos tons e dos clics.

      5. arte san

        Conxunto das pinturas e gravados rupestres de África austral. Diferéncianse estilisticamente dous grupos, un de época relativamente moderna, que se caracteriza pola representación da figura humana en escenas de danza, caza, loita ou maxia, estendido nos actuais territorios da República Sudafricana, Botswana, Lesotho e Ngwane; e outro cronoloxicamente anterior, aparecido na mesma zona, que se caracteriza por un realismo zoomórfico de tipo estático que prescinde practicamente da figura humana.

      1. subraza san

        Subraza ou grupo de poboacións de raza khoisánida que está formada por individuos mesocéfalos de estatura baixa (1,51-1,57 m), cos caracteres xerais dos khoisánidos, pero co nariz máis ancho e chato, a esteatopixia menos marcada e os ollos menos oblicuos ca os khoikhois.

      2. Relativo ou pertencente á subraza san.

      3. Individuo da subraza san.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Polonia, afluente do Vístula (444 km), que nace nos Cárpatos, na fronteira con Ucraína, e desemboca ao NL de Sandomierz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa, delimitado ao S polo Ebro, que o separa de La Rioja, e regado polo río Ega (5.561 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e na industria diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello de Viana do Bolo, hoxe integrada na parroquia de Rubiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama e regado polo río Guadalix (6.521 h [2001]). Centro industrial e residencial, destacan as augas medicinais da Fuente de Pilacón.

    VER O DETALLE DO TERMO