"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de fraccionar.
-
Instalación industrial empregada en destilación para separar unha mestura en produtos de características diferentes.
-
-
-
Dividir un todo en partes ou fraccións.
-
Separar unha mestura en produtos de características diferentes de destilación nunha columna de fraccionamento.
-
-
-
Relativo ou pertencente á fracción.
-
-
Que constitúe unha fracción ou se expresa con esa forma.
-
número fraccionario
Número expresado por unha fracción ordinaria.
-
-
-
-
Acción e efecto de fragmentar ou fragmentarse.
-
División dunha masa rochosa en fragmentos a causa da acción do xeo e da cuberta vexetal. Ao conxelarse, a auga que está nas fisuras exerce unha presión que provoca, no desxeo, rupturas nas rochas. Tamén as raíces das plantas poden chegar a ter unha acción mecánica e unha acción química, mediante a exsudación de ácidos.
-
Proceso polo cal unha longa e continua área de hábitat é reducida en área e dividida en dous ou máis fragmentos. Estes fragmentos de hábitat orixinal a miúdo son illados doutros por unha paisaxe altamente modificada ou degradada. Un hábitat fragmentado difire dun orixinal en que os fragmentos teñen un bordo máis amplo para a área do hábitat, de xeito que o centro de cada un destes fragmentos se sitúa nunha posición máis achegada ao bordo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento químico radioactivo pertencente ao grupo I da táboa periódica. O número atómico é 87 e a masa atómica do isótopo máis estable é 223. É o máis pesado e o máis activo dos metais alcalinos. Presenta 21 nucleidos, ningún deles estable. É o máis electropositivo de todos os elementos. Foi descuberto en 1939 pola química francesa Marguerite Perey.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea constituínte reunida en Frankfurt (1848-1849) para dar unha constitución á Confederación Xermánica. Despois dos movementos revolucionarios de 1848, un grupo de liberais formou unha comisión (Vorparlament) para organizar as eleccións, que se fixeron por sufraxio universal. A Constitución, votada en marzo de 1849, estableceu o imperio hereditario da pequena Alemaña, excluíndo Austria, e ofreceu a coroa a Federico Guillerme IV de Prusia. Este rexeitouna e a asemblea trasladouse entón a Stuttgart, pero foi disolta en xuño de 1849.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de difracción que se produce cando o foco emisor de ondas e a pantalla receptora se afastan infinitamente do dispositivo de difracción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Salgado Rodríguez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Caldas de Reis a partir de 1897. Cesou a súa edición o 28 de xullo de 1906. Saía todos os domingos. Ademais dos contidos xerais, incluíu poemas en galego nas seccións “Galicia literaria” e “Variedades”, que se suman aos textos narrativos que tamén aparecían, como os Cuentos humorísticos, de Enrique Labarta Pose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de frecuentar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fronte guerrilleira de El Salvador fundada en 1980 coa finalidade de establecer un réxime democrático. En 1992 chegou a un acordo co goberno, pero o conflito continuou ao non cumprirse o programa de transferencias das terras e de compensacións dos ex-combatentes. Coa intervención dos denominados escuadróns da morte o enfrontamento converteuse nunha guerra civil. En 1994 celebráronse as primeiras eleccións tralo conflito, nas que se presentou convertido xa en partido político. Nas eleccións do 2000 acadou a maioría dos votos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento nacionalista angolano fundado en 1962 polos partidos políticos União das Populações de Angola (UPA) e Partido Democrático de Angola (PDA), liderado por Holden Roberto. Combateu o colonialismo portugués a través do seu brazo armado, o Exército de Libertação Nacional de Angola. Trala independencia participou xunto á UNITA no conflito civil fronte ao MPLA. O Congreso de 1999 nomeou novo presidente a Lucas Benghy Ngonda e secretario xeral a Carlos Mendes, e propúxose o relanzamento do partido na escena política angolana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento creado en 1974 para a independencia de Timor Leste. Trala retirada de Portugal e a proclamación de independencia da República pola Frente (1975), Indonesia ocupou a zona, o que deu lugar a un período de enfrontamento armado. A ONU condenou a invasión e en 1999 tutelou un referendo sobre a autodeterminación, que resultou favorable á independencia de Timor Leste. Venceu nas eleccións de agosto de 2001 e o seu líder Xanana Gusmão converteuse no primeiro presidente da República.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización político-militar creada en Nicaragua en 1961 coa finalidade de derrocar o réxime de A. Somoza. Intégrase dentro do movemento do sandinismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de difracción en que o foco luminoso, a pantalla receptora ou os dous ao mesmo tempo se atopan a unha distancia finita do sistema difractor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Etapa do proceso xeral chamado lenición polo que unha consoante oclusiva se converte en fricativa. Mediante a fricativización, as antigas consoantes oclusivas [b] [d] e [g] fixéronse en galego fricativas [β] [D] e [ƒ] en posición intervocálica (lo[β]o < lat LUPU, ce[D]o < lat CĬTŌ e a[ƒ]oiro < lat AUGŬRĬU).
-
-
Acción de fretar unha cousa con outra.
-
Frega dada nalgunha parte do corpo.
-
-
Resistencia que presentan dous corpos cunha superficie de contacto en común. No fenómeno da frición baséase o funcionamento de moitos dispositivos mecánicos.
-
coeficiente de fricción
Relación entre os módulos da fricción e da compoñente normal da forza que actúa entre as superficies e que as mantén en contacto.
-
-
Enfrontamento ou desacordo entre persoas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Someter algo a frición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de alquilación ou acilación dun composto aromático por un haloxenuro de alquilo ou de acilo que ten lugar nun solvente aprótico por acción do cloruro de aluminio anhidro. A etapa inicial da reacción é a formación dun complexo iónico do haloxenuro e do AlCl3; o C unido ao halóxeno vólvese entón positivo e dá lugar á substitución electrofílica. A alquilación é reversible e dá xeralmente produtos polisubstituídos. Como o AlCl3 se rexenera, pódese utilizar en cantidades catalíticas. Na acilación, por contra, o AlCl3 complexa a cetona que se forma e tense que utilizar en cantidades equimolares. Esta reacción ten moita relación coas de Gattermann-Koch e de Fries e é moi versátil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación para a evolución do Universo que pode derivarse da teoría de gravidade de Einstein e do suposto de que o Universo é homoxéneo (vese igual en cada punto) e isotrópico (vese igual en toda dirección). A solución da ecuación de Friedmann explica, entre outras cousas, cómo a distancia entre as galaxias cambia co tempo.