"AGR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 482.

  • Sociedade cultural creada en 1967 por un grupo de mozos ourensáns encabezados por Pedro Merino Gómez e Santiago Docampo Figueiral co fin de espallar a cultura galega. Axiña se adheriron a ela galeguistas como Otero Pedrayo, nomeado presidente de honor, xunto a outros intelectuais ourensáns como Xesús Ferro Couselo, Xaquín Lourenzo Fernández, Bieito Fernández Alvárez, Eleuterio González Salgado, Salvador Rey Domínguez, Antón Fernández Sánchez, Carlos Guitián Rodríguez e Nemesio Barxa Álvarez. Esta agrupación desenvolveu importantes actividades culturais como a organización de debates denominados Tertulias da Auriense, cursos de lingua e literatura galega, excursións culturais e conferencias sobre temas económicos, sociais, históricos e literarios. O seu boletín interno levou o nome de Boletín da Auriense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agresión a un mesmo.

    2. autoinmunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Antón Avilés de Taramancos (Taramancos, Noia 6.4.1935 - A Coruña 22.3.1992) Escritor. Fixo estudios de Náutica na Coruña, onde contactou co movemento galeguista de esquerdas. Emigrou despois a Colombia durante vinte anos. Neste período mantivo un silencio literario que se rompeu trala súa volta definitiva a Galicia en 1980. Nos seus últimos anos desenvolveu unha constante actividade cultural -con colaboracións en diversos medios como Grial, Dorna ou Luzes de Galiza- e política, chegando a ser concelleiro en Noia polo BNG en 1987. En 1986 foi elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Na súa primeira etapa publicou os poemarios As moradías do vento (1955) e A flauta i o garamelo (1959), e obtivo o Premio da Colección Brais Pinto co relato “Pequeño canto”. Despois da súa estadía americana deu ao prelo o poemario O tempo no espello (1982), que recolle toda a produción anterior á etapa americana,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de avinagrar ou avinagrarse.

    2. Que sabe a vinagre. Aplícase á bebida alcólica, especialmente o viño, que se volve agre.

    3. Aplícase á persoa de carácter rudo e áspero, caracterizada por ser negativa e que manifesta esa actitude.

    4. Dise da persoa que se anoxou, que está de mal humor.

    5. Alteración do viño producida polo desenvolvemento dunha fermentación acética. Contrólase empregando gas sulfuroso, que mantén as condicións anaeróbicas necesarias para este tipo de reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de avinagrar ou avinagrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tornar agre un viño ou outro líquido.

    2. Facer que unha persoa ou o seu carácter se tornen agres.

    3. Tornarse agre o viño ou calquera outro líquido.

    4. Tornarse irritado e alporizado o carácter de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca, onde foi alumno do profesor Xosé Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. É catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade en que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989.
    Entre os seus estudos cómpre citar As coplas galegas do Padre Sarmiento (1982), Cartas de Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide (1983), A poética de Manuel Antonio (1993), en colaboración con Xosé Luís Pensado Tomé; Luís Seoane e o libro galego na Arxentina: 1937-1978 (1994), en colaboración con Xavier Seoane; Rafael Dieste: bibliografía e cronoloxía (1995), Rafael...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comunidade autónoma de Navarra, situado na beira esquerda do Ebro, no límite con La Rioja (3.496 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, de xeito que as actividades industriais asentadas no municipio derivan dela, como por exemplo as alimentarias, e entre elas as fábricas de conservas vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bagrátidas.

    2. Membro da dinastía dos Bagratuni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, membro da familia real armenia. Como xeneral do exército ruso participou na campaña de 1799 contra Francia e, posteriormente, nas guerras de Polonia, Italia e Suíza baixo as ordes de Suvorov. Ás ordes de Kutúzov, acadou para a Terceira Coalición (1805-1807) o éxito nas Batallas de Austerlitz, Eylau e Friedland. Así mesmo, foi comandante en xefe nas guerras contra Suecia (1808) e Turquía (1809). No 1812, cando a invasión napoleónica de Rusia, asumiu a dirección do segundo exército occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Rusia. Ata o 1945 pertenceu a Alemaña (Prusia Oriental) co nome de Preussisch Eylau. Alí tivo lugar a batalla de Eylau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de orixe armenia que reinou en Armenia desde o 859 (a partir do 885 co título de Rei) ata o 1080. Unha rama instalada en Xeorxia acadou a unificación deste reino baixo Bagrat III (s XI). Os Bagratuni xeorxianos reinaron, divididos en diversas ramas, en Imerécia e Iberia ata que os seus estados entre 1800 e 1810 foron anexionados ao Imperio Ruso; no estamento principesco figuraron co nome de Bagration.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Escribiu poesía didáctica e relixiosa, e tentou crear unha epopea nacional co título de Hayk (1858), pero destacou sobre todo como tradutor de Homero, Virxilio e Voltaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eduard Georgievič Dz’ubin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elisaveta Belceva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo creada en Madrid no ano 1964 como continuadora do Servicio Nacional de Crédito Agrícola, fundada no ano 1925. Ata o 1962, o servizo actuou con cartos da banca privada e das caixas de aforros, e tiña por obxecto conceder préstamos para investimentos no agro. No ano 1964, cando cambiou o seu nome para Banco de Crédito Agrícola, quedou subordinado ao ministerio de Finanzas; en 1991 integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O antecedente máis claro desta agrupación foi a Banda de Música de Tabagón, fundada en 1880 por Manuel González Groba e dirixida posteriormente por Pablo Piedra González, dende 1925 ata a súa desaparición en 1965. Outros grupos musicais que se poderían considerar como antecedentes son A Banda do Maestro Ulloa, Os Cesteiros de Novás (1933) e Música dos rapaces (1946-1949). O promotor desta iniciativa musical foi José Flores Costas, sendo a presentación da Agrupación Musical do Rosal o 4 de maio de 1986, formada por 40 rapaces e dirixida por Laureano Matos Barcia, que acadou en 1987 o II Premio no Certame de Bandas Populares Galegas de Cangas. Dende finais de 1987 dirixiu a banda José Luís Represas Carrera e o grupo participou en distintos encontros e festivais ata que en 1989 organizou o I Festival de Músicos Xoves. En 1989 a banda contou coa dirección esporádica do profesor Vicente Esparza Roselló, logo retomou a batuta José Luís Represas ata que se fixo cargo da dirección Bolívar González...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtora, axudanta de cámara e realizadora cinematográfica. Realizou estudos de delineante, pero sempre se sentiu atraída polo mundo creativo. No 1984 creou a súa propia produtora: Milagros Bará PC. Despois de traballar como axudanta de cámara en varios programas da TVG, trasladouse a Madrid. As curtametraxes, ambas en 35 mm, nas que asumiu maior responsabilidade (produción, guión e dirección) foron Só para nenos (1985) e O resplandor da noite (1989). Actualmente traballa como responsable de comunicación de varias empresas ademais de xestionar varios blogs culturais sobre Cristovo Colón e Manuel Quiroga. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferraxe de dúas pezas que enlaza as follas de portas e fiestras cos seus marcos. A bisagra facilita o movemento xiratorio das portas, fiestras e outras cousas que se abren e pechan. A peza longa que se fixa en sentido horizontal cando é máis grande ca a outra chámase macho, e a pequena que se coloca verticalmente chámase femia, e nela encaixa o pasador do macho.

    VER O DETALLE DO TERMO