"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

  • GALICIA

    Pintor, xornalista e poeta. No eido artístico, as súas exposicións reflicten a influencia expresionista, surrealista e do pop-art. Colaborou con artigos literarios en diversos xornais, entre outros no suplemento El Sábado de Faro de Vigo, e foi director da revista literaria Follas secas. Membro fundador da editorial SPAC, exerceu como secretario do Padroado Curros Enríquez dende 1985 e foi un dos promotores do Premio Celanova Casa dos Poetas. Deuse a coñecer no mundo literario co libro de relatos O mal tempo (1981) e, posteriormente, publicou Lembranza dun home (1983), os relatos Once nudos I (1984) e Once nudos II (1985), e a novela Areas (1990). É tamén autor dos volumes de entrevistas Conversas con Manuel María (1990) e Cen galegos (1993). En colaboración con X. L. Méndez Ferrín coordinou Voz e voto. Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no X aniversario do seu pasamento (1991). En...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte dunha cana comprendida entre dous nós.

    2. Tubo curto e delgado de madeira, metal ou calquera material que serve de canle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo aberto polos dous extremos que se utiliza como sonda de drenaxe, en inxeccións hipodérmicas, paracenteses, sangrías ou traqueotomías, para conducir fluídos a través dunha abertura natural ou accidental do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei romana outorgada pola intervención do tribuno Caio Canuleio no ano 445 a C que anulaba a prohibición, contida na Lei das XII Táboas, dos matrimonios entre patricios e plebeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte dunha cana comprendida entre dous nós.

    2. Tubo curto e delgado de madeira, metal ou calquera material que serve de canle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino derivado do latín Canutus, forma que non se empregaba como cognome na Roma imperial, senón que se trata dunha adaptación ao latín medieval dun nome persoal escandinavo: Knut, en sueco, e Knud, en danés. Ambas as formas están relacionadas probablemente co danés Knude e co sueco Knut, e correspóndense co alemán Knoten ‘nó, ligame’. Outra hipótese considérao préstamo do antigo ou medio alto alemán knûz ‘orgulloso, afouto, audaz’. Levan este nome varios reis de Dinamarca dos séculos X, XI e XII; entre eles destaca Canuto IV o Santo (1040-1086), fronte a outros santos reis escandinavos coma santo Olavo de Noruega e santo Eric de Suecia. É avogoso dos calvos. Aparece representado na iconografía cunha lanza e unha frecha, símbolos da súa morte; celébrase o 10 de xullo. San Canuto Lavard (s XI-XII), príncipe de Dinamarca e duque de Schlewig, celébrase o 19 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 995 - Shaftesbury, Wessex 1035) Rei de Dinamarca (1018-1035), de Inglaterra (co nome de Canuto I, 1017-1035) e monarca noruegués (1029-1035). Ao morrer no 1014 o seu pai, Sven de Dinamarca conquistador de Inglaterra, os anglosaxóns reinstauraron o Rei Ethelred II. Derrotados os británicos e morto o monarca inglés, casou coa raíña viúva Emma no 1017, converténdose en monarca indiscutido. Tralo falecemento do seu irmán Harold converteuse en soberano de Dinamarca e, despois da vitoria sobre Olavo II o Santo, gobernou Noruega. Asistiu á coroación imperial de Conrado II no 1028 e axudouno nas campañas contra os eslavos. Residiu en Inglaterra onde gobernou co apoio da súa garda, a Thingmannalidh, e da igrexa anglosaxona favorecendo con medidas políticas a fusión entre os pobos e ditando leis de importancia civil e eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1035-1042) e rei de Inglaterra (1040-1042). Fillo de Canuto II e da segunda muller deste monarca, a raíña Emma. Ao morrer o seu pai recibiu o reino de Dinamarca e, axudado pola súa nai, quen desexaba manter a unidade anglodanesa, reinou tamén sobre Inglaterra tralo falecemento de Harold no 1040. Renunciou a calquera aspiración sobre Noruega no 1038, logo dunha entrevista con Magnus o Bo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1080-1086) e sucesor de Harold IV. Durante o seu reinado reforzou o poder real, outorgou á Igrexa numerosos privilexios económicos e someteu os señores feudais. Loitou tamén contra os estonios e, aliado con Olavo de Noruega, emprendeu unha malograda expedición naval para conquistar Inglaterra no 1085. Morreu asasinado xunto co seu irmán nunha revolta dos nobres. Recibiu o alcume de o Santo pola difusión que realizou do cristianismo, castigando con dureza os que non respectaban os mandatos da Igrexa e polo esforzo por protexer as igrexas e mosteiros. Canonizado pola Igrexa Católica, foi declarado patrón de Dinamarca no 1101.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1182-1202). Continuou con éxito a expansión territorial iniciada polo seu pai Valdemar I o Grande. Venceu os eslavos da Xermania superior apoderándose da Pomerania, Slesvig-Holstein, Hamburgo, Lübeck e case todo o litoral do Báltico, xunto co rei dos sorabos. Enfrontouse ao Emperador Federico I Barbarrubia no 1183, a quen lle negou a homenaxe feudal polos territorios ocupados do Imperio. No 1200 sufocou unha revolta campesiña contra o bispo Absalón e atribuíuse un poder case ilimitado para evitar novas sublevacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e teórico cinematográfico italiano. O seu Manifeste du VIIe Art (Manifesto da VIIª Arte), influído por Marinetti e D’Annunzio, é un dos primeiros tratados sobre materia cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Doutor en Filosofía e Teoloxía pola Università de Roma, cidade a onde se trasladara como bolseiro en 1903. Posteriormente, regresou a Lugo onde exerceu a docencia no seminario ata o 1917. Destacado orador e investigador de temas históricos, publicou Origen histórico-filosófico del modernismo y su refutación (1912), La mujer gallega en alas del ideal, cantando la religión y la patria (1927), María y Galicia (1947) e Programa de sociología y economía social (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Animador cultural e teatral. Fixo unha versión do texto de Molière Le medecin malgré lui que titulou O menciñeiro á forza (1971). Escribiu as pezas Bon nadal? (1982) e Dous vellos e unha soia soidade, en colaboración con Marica Campo, e as narracións Parábolas chairegas (1981). Foi, ademais, director de diversos grupos afeccionados de teatro entre os que destacan: Crecente Vega, Os Valuros, A Roga, Alborada ou Malveira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ceramista e pintor portugués. Formouse na Academia de Belas Artes de Lisboa. Comezou a expoñer en 1949. A mediados dos anos cincuenta iniciouse na pintura. Entrou en contacto con Vieira da Silva e Arpad Szenes, que se interesaron pola súa obra de tendencia abstracta. Na década dos sesenta trasladouse a París e conectou cos artistas portugueses e coas novas correntes artísticas. A súa pintura evolucionou cara a unha abstracción xeométrica que o conduciu ata experiencias minimalistas. Na súa obra ten unha presenza importante a práctica da pintura sobre azulexo. Entre as súas obras destacan os Paneis do Jardim de Almada (Lisboa, 1956), os azulexos do Instituto Franco Portugués (1984) e os da Estación do Colexio Militar/Luz do metro de Lisboa (1987). En 1954 acadou o Premio Nacional de Cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Grande (Rivoli 1562 - 1630) Duque de Savoia (1580-1630). Fillo de Manuel Filiberto I, intentou manter a independencia do seu estado e oscilou entre as súas alianzas cos franceses e os españois. Interveu nas guerras de relixión de Francia no 1588 e, de acordo coa Liga Católica, apoderouse do marquesado de Saluzzo. Vencido por Enrique IV de Francia, polo Tratado de Lyon (1601) cedeulle os territorios de Bresse, Bugey e Gex a cambio de Saluzzo. Interveu do lado de Francia no conflito da Valtellina (1622) pero foi abandonado polos seus aliados. Axudou a Filipe IV na guerra de sucesión de Mantua e Monferrato no 1628, pero Luís XIII obrigouno a manter a neutralidade despois da vitoria do paso de Susa no 1629. Cando faleceu, franceses e españois loitaron nos seus territorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia e rei de Sardeña (1730-1773). Fillo do Rei Víctor Amadeo II. Intentou defender os dereitos do estado fronte á Igrexa. En 1738, durante a Guerra de Sucesión de Polonia, aliouse xunto a Francia e España contra Austria. Na Guerra de Sucesión de Austria (1742-1748), sen embargo, aliouse con Austria fronte a España, polo que conseguiu os territorios de Novara, Tortona e algúns distritos do Milanesado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Deputado durante o goberno de Marcelo Caetano, foi ministro adxunto, en representación do Partido Popular Democrático, no primeiro goberno provisional trala caída da ditadura en Portugal. Líder da Aliança Democrática, foi elixido primeiro ministro no ano 1980. Escribiu, entre outras obras, Por uma Social Democracia (1975) e Uma Constitução para os Anos 80-Contributo para um Projecto de Revisão (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar carlista. Participou na Guerra da Independencia contra os franceses, e chegou ao grao de coronel. En 1833 organizou as partidas carlistas do Baixo Aragón. Actuou a miúdo en combinación con Ramón Cabrera. Ascendido a xeneral, foi nomeado comandante do Baixo Aragón e do Maestrazgo. En 1835 marchou a Navarra para entrevistarse co pretendente Carlos V, pero foi capturado e fusilado polos liberais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Participou na campaña de Marrocos e nas operacións de Alhucemas (1925-1926). Durante a Segunda República foi axudante do ministro de Guerra Gil Robles. En 1938 fuxiu dun cárcere republicano e pasou ao exército nacional. Desempeñou o cargo de xefe do Estado Maior do exército do Maestrazgo e foi membro do Estado Maior do cuartel xeneral de Burgos. Durante a ditadura, foi xefe do rexemento de infantería Inmemorial, director da escola de aplicación e tiro, xefe da LXXXI división de Oviedo, director xeral de ensino militar, e capitán xeneral da VII Rexión militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi membro fundador e profesor (dende 1973) da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Estudiou na Escola d’Arquitectura de Barcelona onde traballou con Diego Bonet. As súas primeiras obras en Galicia están marcadas por un concepto racionalista da arquitectura; entre elas destaca a casa do concello da Capela (1975). Entre as obras que realizou sobresaen a casa da cultura e o mercado de Burela (1991), o edificio de servicios dos alumnos do campus da Zapateira da Universidade da Coruña (1993) e o complexo deportivo do parque de San Diego na Coruña (1997). Ademais, dirixiu os vídeos Arquitectura galega actual e Os faros galegos. En 1971 foi premiado no Concurso Nacional de Arquitectura Diputació de Castelló para a construción da casa da cultura.   En 1972 gañou o Concurso Nacional de Arquitectura Illa da Toxa e, en 1982, o primeiro premio de méritos para a remodelacion do Kiosco Afonso da Coruña, obra que realizou entre 1980 e 1984. En 1990 recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO