"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Acoirazado alemán. Entrou en servizo na primavera de 1941 co fin de obstaculizar o tránsito marítimo aliado no Océano Atlántico. Foi afundido polos ingleses o 27 de maio dese mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Papua Nova Guinea, no Pacífico, ao NL da illa de Nova Guinea e ao redor do mar de Bismark (53.000 km2). Está formado polas illas de Lavongai, Nova Bretaña, Nova Irlanda, Dyaul, Lolobau, Tingwon, as illas do Almirantado e de asa San Matías, Long Island e Umboi. Situadas en latitudes ecuatoriais (1°-7° de latitude S), están cubertas de bosques. As producións principais son a copra, o cacao e a nácara. A cidade principal é Rabaul. Colonia alemá dende 1884, en 1919, trala Primeira Guerra Mundial, pasou a ser administrada por Australia. En 1949, estando baixo administración australiana, o arquipélago foi incorporado a Papua Nova Guinea, que accedeu á independencia en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área marítima interior do Océano Pacífico que se estende ao NL da illa da Nova Guinea e está pechado polas illas do arquipélago de Bismarck: a Nova Bretaña polo S e SL, a Nova Irlanda polo NL, as San Matías polo N e as illas do Almirantado polo O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político prusiano, artífice da unidade alemana. Nacido nunha familia de junkern (nobreza latifundista), estudiou en Berlín e en Göttingen. Ingresou na administración prusiana en 1835. En 1847 foi deputado no primeiro Landtag (Parlamento) xeral de Prusia. Extremadamente conservador, pediu a creación dun banco de crédito agrario e defendeu a represión do movemento revolucionario de 1848. Mostrouse realista e calculador cando Austria impuxo a Prusia a renuncia a unha primeira forma de unidade nacional alemá (Olmütz, 1850). Entre 1851 e 1859 foi conselleiro da embaixada de Prusia na Dieta de Frankfurt, onde avogou pola causa de Prusia e da unidade alemá contra a hexemonía de Viena, coa axuda de Rusia e da Francia de Napoleón III. Entre 1859 e 1862 foi embaixador prusiano en San Petersburgo e en 1862 en París. Nese mesmo ano chegou a primeiro ministro e ministro de Asuntos Exteriores de Guillerme I de Prusia. En 1864 logrou, grazas á colaboración de Austria, que Dinamarca cedese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de bismuto, de fórmula Bi2O3·3H2O. Forma láminas hexagonais delgadas ou masas terrosas, produto da alteración do bismuto e da bismutina. É de cor amarela como a palla ou gris verdosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera dos sales do ácido bismútico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compostos de bismuto en que este é pentavalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación non sistemática do catión BiO+.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de bismuto, de fórmula Bi2S3. Cristaliza no sistema rómbico e preséntase en agregados de cristais aciculares ou prismáticos de cor entre gris e branca. Emprégase para obter dela bismuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación por bismuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato básico de bismuto. A súa composición oscila ao redor de CO3(OH)2O[Bi]2. Preséntase en masas terrosas de cor clara, recubrindo, habitualmente, o bismuto puro alterado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico de número atómico 83 e peso atómico 208,980, que pertence ao grupo 5B da táboa periódica, de cor branca brillante (cando é puro) tirando a rosada, de moi pouca condutividade térmica (a máis baixa de todos os metais, agás o mercurio). É o metal máis diamagnético, o que presenta maior efecto Hall, o de coeficiente de dilatación térmica máis negativo e o que presenta maior aumento de volume ao solidificarse. Foi illado en 1737 por Hillot, malia que J. H. Pott e T. O. Bergman son considerados os seus descubridores científicos. Constitúe o 3·10 -6 % da codia terrestre e ocupa, por orde de abundancia, o lugar 73 entre os elementos. Aparece en estado puro ou combinado con algúns minerais. Os minerais máis explotables dos que se pode obter o bismuto son a bismutina (sulfuro de bismuto) e a bismita (óxido de bismuto). Orixinalmente, obtíñase por torrefacción redutora a pouca temperatura. Na actualidade case todo o bismuto se obtén como subproduto doutras metalurxias....

    2. Po branco amorfo, de olor semellante ao alcanfor, insoluble en auga e soluble en alcohol e aceite. De acción antiséptica, é adecuado para combater as amigdalites e outras afeccións farínxeas.

    3. Cristais lustrosos higroscópicos, que se presentan en forma de pentahidrato. Constitúe o composto máis importante do bismuto, tanto polo seu uso directo (en pinturas, medicamentos, etc) como por usarse na preparación de moitos outros compostos.

    4. Po branco cristalino, soluble en ácido e insoluble en auga, que se obtén por hidrólise do cloruro de bismuto. Empregouse na elaboración de fármacos, pigmentos e perlas artificiais.

    5. Trióxido de bismuto que se encontra na natureza en forma do mineral chamado bismita e que se obtén por descomposición térmica do carbonato ou do nitrato de bismuto. Emprégase na preparación de fármacos, para colorear esmaltes e en vidros refrinxentes.

    6. Denominación non sistemática do carbonato básico de bismuto. Utilízase como astrinxente, antiácido e absorbente, e a súa opacidade aprovéitase para a exploración radiolóxica.

    7. Denominación non sistemática do sal de bismuto básico do ácido gálico. Emprégase como antidiarreico e como protector e secante en úlceras e feridas.

    8. Nome non sistemático do dihidroxinitrato de bismuto. Ten forma de po branco, formado por cristais moi pequenos, inodoros, case insípidos, insolubles en auga e en alcohol. De acción antiácida e absorbente, emprégase en farmacia, perfumería, cosmética, esmaltes cerámicos, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compostos de bismuto no que este funciona como trivalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto binario formado polo bismuto e outro elemento menos electronegativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facultade que presentan algúns insectos (especies, poboacións, etc), para completar dous ciclos biolóxicos cada ano, cando o habitual é que presenten unha soa xeración anual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arritmia cardíaca na que se alternan de xeito constante unha sístole e unha extrasístole.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de bizantino.

    2. Inclinación polas discusións excesivas de detalles que non teñen resultados prácticos.

    3. Dexeneración na arte por exceso de adornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política seguida polos partidarios de Louis-Auguste Blanqui. Ao igual que Marx, consideraba o cambio social como unha cuestión de loita de clases, pero rexeitaba a idea dun partido de masas e as predicións posrevolucionarias dos marxistas e socialistas utópicos. Confiaba, fundamentalmente, na eficacia dun grupo político reducido, disciplinado e armado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político republicano do País Valencià constituído ao redor da figura de Vicente Blasco Ibáñez e o seu diario El Pueblo. Adquiriu protagonismo a raíz do derrubamento definitivo do federalismo de Pi i Margall. Blasco Ibáñez evolucionou desde un inicial republicanismo “revolucionario”, de clara ascendencia zorrillista -preconizador da violencia e que rexeita os medios legais- ata unha liña máis conservadora, influída por Alejandro Lerroux. A retirada de Blasco Ibáñez da política activa (1908) significou o ascenso ao liderado do grupo de Félix Azzati Descalci. Azzati mantivo a ambigüidade doutrinal do seu grupo ante a emerxencia crecente do anarcosindicalismo valenciano e, a partir de 1910, iniciou unha liña independente do Lerrouxismo. Despois da paralización que representou a ditadura do xeneral Primo de Rivera e trala morte de Azzati (1929), o partido reorganizouse baixo a dirección de Sigfrid Blasco Ibáñez, que acentuou o carácter socialmente conservador do grupo e volveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de abrir e pechar as pálpebras de forma nerviosa.

    VER O DETALLE DO TERMO