"Imo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 631.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, fillo de Fabio Máximo Verrugoso. Participou na Batalla de Cannas como tribuno. Elixido cónsul no 213 a C, recuperou Arpi das mans de Aníbal. No 203 a C foi nomeado augur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xeneral romano. Foi cónsul no 322 a C durante a Guerra Samnita, na que conseguiu unha importante vitoria. Ditador no 315 a C, durante o seu segundo consulado (310 a C) derrotou os tarquinios e os etruscos co apoio dos umbros. Exerceu de novo o consulado (308 a C) e preocupouse pola restauración das tradicións sociais da antiga Roma (304 a C). No seu derradeiro consulado (295 a C) derrotou en Sentinum os samnitas, os etruscos e os galos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Cónsul no 142 a C, enfrontouse con Viriato durante o seu proconsulado e foi derrotado na Lusitania (140 a C). Tivo que aceptar as condicións de paz impostas por Viriato e recoñeceu a súa independencia e os límites do seu territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Coñecido como Cunctator, durante o seu primeiro consulado (233 a C) venceu os ligures. Volveu ao consulado no 226 a C. Durante a Segunda Guerra Púnica, foi nomeado ditador despois da derrota en Trasimeno (217 a C) e comezou unha campaña de desgaste contra os cartaxineses. Cónsul de novo no 215 a C e no 214 a C, enfrontouse cos cartaxineses, reconquistou Tarento e castigou o apoio dos seus habitantes aos cartaxineses. Despois do seu quinto consulado (209 a C) opúxose ao proxecto de Escipión Africano de atacar as bases de Aníbal en África.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Colaborou con Pietro da Cortona na realización de esculturas e relevos que decoraban as súas igrexas, entre outras, en Santa Maria in Via Lata. G. L. Bernini encargoulle a realización do Angelo del Volto Santo (Anxo do rostro santo, 1668-1669), da ponte Sant’Angelo de Roma. O seu irmán Giacomo Antonio Fancelli (Roma 1619-1671) foi tamén escultor e colaborou con Bernini, entre outras obras, na decoración da basílica de San Pedro do Vaticano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, escultor e decorador italiano. Foi un dos representantes do barroco napolitano. Entre as súas obras destacan as igrexas da Ascensione, de Santa Maria della Sapienza (1638-1641) e de San Giorgio Maggiore, e o inacabado Palazzo Donn’Anna (1642-1644).
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario aparecido en Ferrol o 6 de setembro de 1851. Cesou a súa edición o 3 de abril de 1852. Subtitulado “Periódico semanal de Marina, Comercio, Artes y Literatura”, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Ricardo Pita. Incluíu, sobre todo, estudios históricos de costumes, viaxes e descubrimentos relacionados coa Armada española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo e compositor. Autor de vodevís e de libretos de óperas cómicas, foi director da Opéra-Comique de París. Da súa produción destaca Les amours de Bastien e Bastienne (1753), Les trois sultanes (1761) e Les moissonneurs (1768).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado occitano. Estudiou en Toulouse e destacou polos seus traballos en matemáticas. Introduciu por primeira vez o infinito no cálculo, descubriu as propiedades de diversos números e está considerado como o creador da moderna teoría dos números. Con R. Descartes aplicou a alxébra á xeometría, e, con B. Pascal, fundou a teoría das probabilidades. Aplicou o concepto das variables infinitesimais aos problemas de cuadratura, de cálculo de máximos e mínimos, e á construción de tanxentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Chinchón e marqués de Bobadilla del Monte. Tesoureiro xeral do consello de Aragón, era vicerrei de Perú (1629-1639) cando prohibiu o comercio entre os vicerreinados de Perú e México, feito que acabou provocando unha grave crise económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estenose, do anel prepucial, ás veces conxénita, e máis ou menos pronunciada, que imposibilita o descubrimento do glande.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de planta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación de dinámica musical utilizada para prescribir unha interpretación da máxima intensidade sonora posible. Represéntase con dous efes (ff) ou, ás veces, con tres (fff).
-
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Ferruci, foi discípulo de Desiderio da Settignano. Entre as súas obras destaca o monumento fúnebre de Barbara Manfredi en Forlì (1467-1480) e a tumba Tartagni na igrexa de San Domenico en Boloña (1477).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento creado en 1974 para a independencia de Timor Leste. Trala retirada de Portugal e a proclamación de independencia da República pola Frente (1975), Indonesia ocupou a zona, o que deu lugar a un período de enfrontamento armado. A ONU condenou a invasión e en 1999 tutelou un referendo sobre a autodeterminación, que resultou favorable á independencia de Timor Leste. Venceu nas eleccións de agosto de 2001 e o seu líder Xanana Gusmão converteuse no primeiro presidente da República.
-
PERSOEIRO
Político. Estudiou enxeñería agrónoma na Universidad Nacional Agraria de Lima, da que posteriormente foi reitor (1984-1989). En 1990 liderou o movemento político Cambio 90, co que venceu nas eleccións presidenciais. Durante o seu mandato impuxo un plan de axuste económico neoliberal e, coa axuda do exército, disolveu o Parlamento en 1992 e suspendeu as garantías constitucionais, xustificando as medidas por mor da loita fronte ao terrorismo de Sendero Luminoso. En 1993 foi aprobada en referendo a nova Constitución, que lle outorgaba maior capacidade de decisión e que lle permitía presentarse novamente ás eleccións presidencias, celebradas en 1995, que gañou novamente. Nos seus sucesivos gobernos foi reforzándose a súa tendencia ao autoritarismo e á represión fronte ás distintas formas de oposición. A decisión de presentarse por terceira vez consecutiva á presidencia, nas eleccións de abril do 2000, ocasionou unha forte controversia que acadou resonancia internacional, aínda maior tralas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gran rexión de Gabón formada polas provincias de Estuaire e de Ogooué Marítimo (43.630 km2; 561.100 h [1993]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos números primos que se poden expresar pola fórmula 22n+1.
-
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción destacan La fascinación de lo real (1927), Vibración de estío (1928), Como pudieron ser. Galerías del Museo del Prado (1929), Misteriosa presenza (1936), Son nombres ignorados (1938), Concertar es amor (1951), Concierto en mi menor (1964), La trama inextricable (1968), Fuentes de la constancia (1972), La Meta-física (1974) e Homenajes e in promtus (1976). Nomeado doutor honoris causa pola Universitat d’Alacant (1985), foi presidente do consello de cultura da Generalitat Valenciana (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘pan’.