"Lacio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 275.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á relación ou a unha relación.
-
-
Establecer unha relación entre dúas ou máis persoas ou cousas.
-
Facer relación dun feito.
-
Manter unha relación con algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de remodelar.
-
-
Acción e efecto de revelar ou revelarse.
-
Descubrimento de algo que se mantiña en segredo.
-
Cousa descuberta.
-
Persoa, animal ou cousa que demostra nun determinado momento calidades excepcionais.
-
-
Acto polo que Deus se manifesta aos homes e lles descubre o seu designio de salvación. Na tradición xudeocristiá, Deus faise presente primeiro en toda a historia do pobo de Israel por medio de acontecementos e signos cuxo significado vén dado polos profetas; tamén se revela directamente, por medio de visións e soños, aos profetas, ou ben polas reflexións de sabios inspirados; e finalmente, por medio do seu fillo, Xesús Cristo, revélase a través da súa morte e resurrección, cuxo significado é dado pola ensinanza de Xesús e dos apóstolos.
-
Contido da manifestación divina.
-
-
-
PERSOEIRO
Novelista. Cultivador de múltiples xéneros literarios, destacou como autor de novelas de folletín, e considérase, xunto con Roa Bárcena, o creador do conto mexicano. Os seus relatos foron reunidos postumamente en Los cuentos del general (1896). Escribiu tamén Tradiciones y leyendas mexicanas, en colaboración con Juan de Dios Peza, e a novela histórica e de costumes Calvario y Tabor (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de rotular.
-
Rótulo ou conxunto de rótulos.
-
-
-
Saco pequeno.
-
Calidade de saculado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo de Xelmírez.
-
-
Relativo ou pertencente aos selacios.
-
Peixe da orde dos selacios.
-
Orde de peixes, da clase dos condritios, de lonxitude variable (ata máis de 15 m) e corpo de fusiforme a discoide, fociño aguzado, en serra ou en martelo, cuberto de dentículos dérmicos ou escamas cutáneas que na boca se diferencian en filas de dentes, e con endoesqueletos cartilaxinosos. As branquias son internas, manteñen os opérculos e teñen de 5 a 7 fosas branquiais externas en cada costado e un par de espiráculos de carácter respiratorio. Teñen a boca en posición ventral e o olfacto e a liña lateral sensitiva moi desenvolvidos. Case todos son depredadores e mariños, de costumes peláxicos ou abisais, segundo as especies, e habitan en profundidades non moi grandes, con poucas excepcións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte dun movemento periódico correspondente á metade dunha oscilación, como a comprendida entre os momentos t=0 e t=T/2, sendo T o período. En particular, no movemento harmónico a elongación máxima denomínase amplitude de semioscilación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sibilancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso mediante o que se introduce na estrutura dunha molécula orgánica un radical trialquisililo, xeralmente o trimetilsililo (-Si(CH3)3)). Aplícase tanto na análise química, na formación de derivados volátiles que poden ser estudados por cromatografía, coma na síntese orgánica, por constituír un método de protección de diversos grupos funcionais.
-
-
Acción de simular.
-
Representación dun fenómeno de natureza física, técnica, biolóxica, psicolóxica, militar ou económica mediante un modelo físico ou matemático que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua coa que se pode realizar sobre o orixinal. A maioría de modelos de simulación toman a forma dun programa de cálculo por ordenador, aínda que algunhas etapas da simulación adoitan realizarse coa axuda de calculadoras analóxicas.
-
Alteración aparente da causa ou do obxecto verdadeiro dun acto ou contrato coa intención de enganar a un terceiro, facéndolle crer que se trata doutro distinto. Cando afecta dun xeito substancial ao obxecto dun contrato prodúcese a anulación dese contrato, e a persoa prexudicada ten dereito a reclamar danos e prexuízos.
-
Técnica que se emprega en investigación operacional e que consiste en construír un modelo simbólico dun sistema ou dun proceso complexo, de xeito que se representen os seus elementos mediante os procesos lóxicos e aritméticos que se poden executar cun programa de ordenador, a fin de estudar o comportamento do sistema e medir as súas propiedades dinámicas.
-
Semellanza que ten unha enfermidade con outra.
-
-
-
Lixeira equimose cutánea.
-
Lividez cadavérica que presenta manchas púrpura que mostran o estancamento do sangue.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de tabular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade dun ser vivo de manter a temperatura interna dentro duns límites de máxima e de mínima entre os que teñen lugar os procesos vitais. Non todos os animais se comportan igualmente ante variacións de temperatura. Mentres que os paxaros e os mamíferos manteñen constante a temperatura interna (son homeotermos), os outros animais teñen a temperatura interna igual á ambiental (son poiquilotermos). Os animais homeotermos teñen desenvolvidos unha serie de mecanismos para manter constante a temperatura, así, ao diminuír a temperatura, aumenta a vasoconstrición da pel, co que se reduce o arrefriamento corporal, diminúe a cantidade de auga no sangue cunha diminución da transpiración, acumulan graxa e aumentan o metabolismo. Ao aumentar a temperatura, hai vasodilatación cutánea, dilución do sangue e sudación activa ou incremento da actividade respiratoria se os animais non teñen glándulas sudoríparas. Os mecanismos de termorregulación sométense a un dobre control, nervioso e hormonal. O centro...
-
-
Acción e efecto de titular ou titularse.
-
Cualificación académica ou profesional.
-
Concepto do dereito civil que designa o conxunto de documentos da propiedade que afectan a un terreo.
-
valoración.
-
Expresión resumida da parte máis importante dunha noticia que se coloca nun lugar destacado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que consiste na transferencia dun grupo fosfórico dun éster a un grupo alcohol para formar un novo éster fosfórico, como é o caso da reacción que está catalizada pola ribonuclease.
-
-
Acción e efecto de trasladar ou trasladarse.
-
-
Movemento dun sólido en que todos os puntos que o constitúen experimentan o mesmo desprazamento. Se A e B representan as posicións iniciais de dous puntos calquera do sólido, e A’ e B’ as correspondentes aos mesmos puntos despois de efectuada unha translación, cúmprese que B-A = B’-A’, sendo B-A e B’-A’ os vectores AB→ e A’B→’.
-
Movemento dun astro que se despraza segundo unha órbita arredor doutro astro. Nun instante dado, todos os seus puntos se moven nunha mesma dirección e cunha mesma velocidade. É o movemento que posúen os planetas respecto do Sol e os satélites respecto do seu planeta. Na Terra, a translación define o ano astronómico.
-
-
metáfora.
-
Proceso mediante o que a mensaxe xenética é descifrada e convertida no alfabeto de 20 letras da estrutura proteica.
-
Operación de simetría que consiste en desprazar as figuras sen que se deformen, de xeito que todos os seus puntos describan traxectorias rectilíneas, iguais e paralelas.
-
Proceso polo que un imposto orixinariamente pagado ou atribuído a unha persoa física ou xurídica repercute finalmente noutros que pagan efectivamente o seu importe.
-
Transformación xeométrica que a cada punto M do plano lle asocia outro M’ de xeito que o vector MM→’ sexa un representante dun vector libre v→, denominado vector da translación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transferencia dun grupo metilo dunha substancia con grupos metilo, como é o caso da transferencia da betaína á homocisteína para dar metionina ou outra substancia.