"Nande" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 594.
-
GALICIA
Músico. Comezou os seus estudios musicais na Escola de Música de Sober (1975) e continuounos no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, onde obtivo o título de profesor de clarinete e o diploma elemental de óboe. Os estudios superiores realizounos no Conservatorio de Vigo. Foi profesor no Conservatorio de Música de Ribadavia, onde creou e dirixiu unha banda xuvenil de música. Posteriormente deu clases no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde dirixiu a banda dese centro, e foi profesor de clarinete no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, clarinetista da Banda Municipal de Ourense e director da Banda e da Escola de Música de Sober dende 1997, onde tamén creou a Banda Xuvenil de Música. Concelleiro de cultura de Sober, e cofundador da Feira do Viño de Amandi (1981), publicou diversos artigos en xornais e revistas sobre a música de banda e compositores para banda, e a antoloxía poética Poemas a Laura (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de escultores de Noia activos no s XVIII. Xulián Fernández Gundín foi autor do retablo de san Miguel na igrexa de Cordeiro e da imaxe de san Boaventura (1742), de dous anxos para Santa Columba e andas da Soidade de Noia (1444). Co seu fillo Hipólito Fernández Gundín traballou no retablo colateral da virxe do Carme en Santa María a Antiga do Caramiñal e antes de 1774 fixeron dous colaterais para a igrexa conventual do Carme de Padrón. Fernando Fernández Gundín , fillo de Xulián, foi pintor e escultor. En 1799 realizou a imaxe do Santo Cristo en San Ourente de Entíns e pintou o retablo e a imaxe de Nosa Señora do Rial en Noia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Judoka. Campiona Olímpica en Sidney 2000 na categoría de menos de 57 kg, obtivo a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996. Nos campionatos mundiais gañou a medalla de ouro en París 1997 e a de prata en Birmingham 1999. Tamén se proclamou campioa de Europa en 1998 e subcampiona en 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Co rango de capitán, foi destinado a Marrocos (1909), onde as súas accións de guerra foron recompensadas co ascenso a comandante e coa concesión da cruz laureada da Real y Militar Orden de San Fernando. Desempeñou varios cargos diplomáticos, como agregado militar á Legación Española en Berna (1918) e membro da Comisión Internacional reunida en Polonia para tratar do conflito de Vilna (1920). Publicou España y su pueblo, en inglés. Recibiu, entre outras condecoracións, as de oficial do Imperio Británico, de San Bieito de Avis, de Portugal, a Légion d’Honneur de Francia e a Medalla de Ouro da Cruz Vermella española.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástica e ilustradora. Comezou a súa actividade artística no eido da ilustración e da pintura e, dende 1987, cultivou, entre outras artes, a escultura, a escenografía e a realización de decorados teatrais. Realizou carteis e logotipos e ilustrou, entre outros, Xiganos e Anantes (1991), de J. Mª Pina, Contos para rapaces Pillabáns (1992), de J. Prevert, e Galicia Solidaridade (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Teólogo. Ordenado sacerdote en 1967, licenciouse en Sagrada Escritura no Pontificio Instituto Bíblico de Roma (1972) e doutorouse en Teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma (1992). Cóengo da catedral de Santiago de Compostela e capelán de San Paio de Antealtares, foi vicerrector do Seminario Maior de Santiago (1973-1985), profesor do Instituto Teolóxico Compostelán desde 1990 e director do Centro de Formación Teolóxica para Segrares desde 1999. Foi un dos coordinadores da primeira versión galega da Biblia (1989), na que traduciu os libros de Xosué, Xuíces, Rut, o Evanxeo segundo San Xoán, ademais de catro cartas de San Paulo (Segunda aos Corintios, aos Efesios, e as dúas aos Tesalonicenses). Colaborador de Compostellanum, Estudios Bíblicos, Reseña Bíblica e El Correo Gallego, escribiu, entre outras obras, El Espíritu Santo en el mundo de la Biblia (1998), Nueva interpretación...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade constituída na Coruña o 7 de novembro de 1997. Ten a súa sede en Sabón (Arteixo) e está vinculada a La Voz de Galicia. Presidida por Santiago Rey Fernández-Latorre e dirixida por Francisco Docampo Gómez, os seus obxectivos céntranse na recuperación e protección do patrimonio histórico e monumental de Galicia, e na salvagarda do ambiente. Contribúe tamén ao estudo da comunicación en Galicia e á formación dos profesionais, da difusión da cultura, a promoción de accións para a terceira idade, a mocedade e a infancia, e o fomento do estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas. Das súas actividades destacan diversos ciclos de conferencias, foros sanitarios, a organización dos premios Fernández Latorre, a xestión do Museo de La Voz de Galicia e a realización de dous programas radiofónicos Voz Natura e El Debate.
-
GALICIA
Político, editor e xornalista. Sarxento de artillería, foi sometido a un consello de guerra por mor duns artigos críticos co exército. Despois de varios procesos na súa contra, exiliouse en Francia. Tralo seu regreso e coa proclamación da Primeira República, foi elixido deputado polo distrito de Granollers en representación do Partido Republicano. Neses anos traballou como correspondente de El Imparcial en París e colaborou en El Demócrata. Posteriormente trasladouse á Coruña, onde fundou La Voz de Galicia o 4 de xaneiro de 1882. En colaboración con Martínez Salazar fundou a Biblioteca Gallega, da que saíron 52 volumes. Deputado polo distrito de Ortigueira (1891-1912), foi subsecretario de Gobernación (1905 e 1910), director xeral de Obras Públicas (1906) e gobernador civil de Madrid (1910-1912). Ademais, ocupou o cargo de presidente da Asociación de Periodistas de Madrid, socio de honra da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e correspondente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou na escaleira do patio no palacio de Granada de Carlos V. En 1626 trasladouse a Santiago de Compostela, onde introduciu o Barroco clasicista, chamado polos monxes de San Martiño Pinario. Na igrexa conventual traballou no cruceiro e erixiu a cúpula, levantada sobre pendentes e dividida en doce nervios. Supliu o tambor por doce ventás que provocan a sensación de que está suspendida no aire e, na parte posterior, levantou un ciborio de forma cadrada con balaustrada e sobre el unha cúpula de media laranxa. A altura do conxunto contrarréstase por medio dun sistema de contrafortes escondidos polo muro do claustro procesional. Na parte conventual realizou o claustro das oficinas, no que empregou pilastras emparelladas de orde toscana, e trazou os planos e iniciou o claustro procesional ou da portería, onde empregou a orde xigante e as columnas dóricas xeminadas erixidas sobre pedestais. Na catedral realizou en 1627 o sepulcro do arcebispo Juan Beltrán de Guevara; situado no...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e político. Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), é profesor titular de economía aplicada. As súas investigacións centráronse na demografía e no estudo do capitalismo transnacional, do desenvolvemento e das finanzas públicas. Foi director do IDEGA (1998-1999). Militante de ERGA (1978-1984), en 1981 foi elixido o seu secretario nacional. Formou parte da comisión xestora do Bloque Nacionalista Galego (BNG) trala súa fundación (1982). Primeiro tenente de alcalde do concello de Noia (1987), exerceu posteriormente o cargo de vicerrector económico na Universidade Compostelá (1990-1994). Alentou a formación do Colectivo Avante no BNG e integrouse en Unidade Galega cando esta entrou a formar parte do BNG (1994). Coas eleccións locais (1999) en Santiago de Compostela ocupou o cargo de concelleiro de Facenda, Orzamentos, Patrimonio e Mercados e foi membro da comisión de goberno. En 2002 foi elixido secretario de finanzas do BNG, pero dimitiu en outubro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Periodista e político, fillo do impresor Miguel Fernández de Dios. Dirixiu o xornal La Concordia (1903). Foi alcalde de Vigo entre xuño de 1909 e xaneiro de 1910 e deputado provincial durante tres lexislaturas (1905-1910). Colaborou na Liga de Defensores de Vigo e na Unión de Entidades Viguesas. Presidiu a Asociación da Prensa e foi membro da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista, autor e director teatral. Estivo vinculado ao grupo de teatro Espacio Cero, co que colaborou activamente entre 1982 e 1988 e, posteriormente, coas compañías Cambaleo e La Tartana, colectivos fundamentais na renovación escénica madrileña nos anos oitenta. Foi redactor da revista El Público.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Franciscano. Foi misioneiro en Marrocos e colaborou na prensa baixo o pseudónimo de Africano Fernández. Publicou España en África y el peligro judío. Apuntes de un testigo desde 1915 hasta 1918 (1918) e Piadosos ejercicios del Via Crucis (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Psicopatóloga. Estudiou medicina e especializouse en psicoloxía, psicoloxía médica e psicopatoloxía experimental. Obtivo a cátedra de Psicopatoloxía da Universidad Complutense de Madrid. Foi asesora, guionista e presentadora do programa de Televisión Española Hablemos de sexo (Premio Ondas 1990). En 1994 trasladouse a Cambridge para dar clases de psiquiatría nesa universidade. É autora de Doscientas preguntas sobre sexo (1991) e La depresión (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro, empresario e filántropo. Despois de titularse como enxeñeiro de camiños, canais e portos (1931), traballou para a Compañía Ferrovial e proxectou os túneles do ferrocarril entre Ourense e Santiago de Compostela. Despois da morte de seu pai, Antonio Fernández Fernández, xunto con algúns de seus irmáns botaron man da herdanza empresarial. Neste sentido, fundaron a empresa Zeltia SA (3.8.1939), localizada no Porriño, Frilugo (1941), Transportes Ferroviarios Especiais (TRANFESA, 1942) e Cementos Noroeste SA (1958). Pero, ademais de empresario, foi o patrocinador de numerosas iniciativas culturais e docentes. Así, o 1 de febreiro de 1948 inaugurou a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros en Ortoá (Sarria), baixo a dirección do mestre Avelino Pousa Antelo, que tiña como obxectivo a transformación social e económica de Galicia a través da educación. Tamén, para impulsar o desenvolvemento rural de Galicia, promoveu e organizou cursos de formación agropecuaria...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Estudiou maxisterio e foi correspondente de El Ideal Gallego, Faro de Vigo e El Progreso; neste último xornal publicou parte das súas crónicas e artigos. Colaborou tamén coa COPE e coa SER, e presentou en Radio Foz o espazo cultural Os teus libros. En 1962 fundou a revista A Rapadoira, e posteriormente os periódicos Rompeolas e Despertar. Promoveu e dirixiu a Feira de Arte Popular Galega. Escribiu San Martín de Mondoñedo: Guía histórica y artística (1976), Foz, un lugar de ensueño (1991) e Foz: o mar e as xentes (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e filántropo. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid, continuou o labor empresarial familiar e fundou as empresas Zeltia, Industrias Frigolouro, TRANFESA (Transportes Ferroviarios Especiales), e Pescanova, entre outras, e patrocinou numerosas iniciativas socioculturais. Foi distinguido coa Gran Cruz del Mérito Agrícola, a Gran Cruz y Encomienda de la Orden del Mérito Civil, a Medalla de Plata del Mérito al Trabajo e coa Medalla de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xefe de deseño de El Correo Gallego. Realizou estudios de bioloxía e ciencias da educación. Foi xefe de deseño do dominical de El Periódico de Catalunya en Barcelona. Ilustrou os libros Cantigas de Amor Vilao, de Darío X. Cabana, O camaleón solteiro, de Camilo J. Cela, e Sonetos ao outono e Compendio de orballos e incertezas, de Manuel María. Recibiu o primeiro premio de fotografía no concurso Patrimonio Artístico de Galicia do COAG (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Da súa produción destaca Mar do cerne (1987), Son media ducia e parecen cen (1991) e As flores do meu amigo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1978), exerceu como médico ata a súa elección como alcalde de Pontevedra (1999) polo BNG, agrupación pola que fora elixido concelleiro en Samos (1983) e Pontevedra (1987), e na que formou parte do Consello Nacional e da Permanente.
VER O DETALLE DO TERMO