"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Sociedade Deportiva Compostela, SAD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de renovación espiritual promovido pola comunidade ecuménica de Taizé (Francia), fortemente influído pola personalidade do seu prior Roger Schutz. Iniciou o seu labor na xuntanza do verán de 1974. Organiza reunións europeas anuais coa participación de grupos de mozos pertencentes a países de toda Europa. Neses encontros, nos que tomaron parte algunhas asociacións parroquiais de Galicia e de toda España, desenvolvéronse diversas actividades de carácter social e relixioso. Dous deles tiveron lugar en Barcelona, nos anos 1979 e 1985, con máis de 20.000 asistentes. O 7 de marzo de 1980, arredor de 2.000 rapaces xuntáronse en Sevilla e iniciaron unha peregrinación europea ata Bélxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compoñente celular do tecido cartilaxinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización integrada por 47 federacións e confederacións provinciais ou autonómicas, compostas por 12.000 asociacións de pais de alumnos, que operan nos centros públicos de ensino e algunhas no sector privado. Está representada no Consejo Escolar del Estado. En Galicia integra un número considerable de asociacións agrupadas, á súa vez en varias federacións provinciais e comarcais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntanza convocada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE) na primavera de 1974 co obxectivo de establecer un foro de diálogo e colaboración entre todos os partidos de carácter socialista que xurdiron en España trala Guerra Civil. O proxecto contou co apoio da Internacional Socialista. Accederon a participar o Partido Socialista Galego (PSG), o Moviment Socialista de Catalunya, o Partit Socialista del País Valencià e a Unión Sindical Obrera. Tralas dúas primeiras sesións, celebradas en París en xuño de 1974 e en Münstereifel (Renania do Norte-Westfalia) en setembro dese ano, o PSOE, que era o único membro da Internacional Socialista, asumiu o compromiso de recoñecer a existencia dos outros grupos. Nas primeiras reunións debateuse a posibilidade de constituír unha federación permanente de todos os partidos socialistas españois; sen embargo, tralo XIII congreso do PSOE, celebrado en Suresnes en outono de 1974, os novos líderes do partido decidiron adoptar unha nova estratexia e abandonaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de poñer en movemento ou axitar algunha cousa que estaba asentada.

    2. Perturbación violenta do ánimo.

    3. Trastorno de orixe traumática das funcións celulares dun órgano, xeralmente con repercusións noutros órganos afastados ou pegados a el, sen lesión anatómica. A conmoción cerebral aparece nos traumatismos craniais e caracterízase por unha perda máis ou menos prolongada da consciencia, seguida dunha fase de excitación. Tamén se fala de conmoción torácica, laberíntica, medular e retinal, correspondentes a traumatismos do tórax, do órgano do oído, da medula espiñal ou do ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causar conmoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da ONU que se ocupa dos aspectos económicos e sociais da cooperación internacional. Ten por obxectivo elevar o nivel de vida e buscar o respecto universal dos dereitos do home e das súas liberdades fundamentais. Composto por 54 membros dende o ano 1971, actúa como órgano de coordinación entre a ONU e as axencias especializadas, relaciónase con outros órganos da ONU, participa na elección dos seus membros e colabora en diversos proxectos. Formado por varios órganos subsidiarios, inclúe entre os seus mecanismos de traballo os comités permanentes, as comisións rexionais e as comisións técnicas ou funcionais. Os comités permanentes son: Programa e Coordinación, Asentamentos Humanos, Organizacións Non Gobernamentais e Normas Internacionais de Contabilidade e Presentación de Informes. As comisións económicas e rexionais dedícanse ao fortalecemento das relacións económicas e ao estudo dos problemas económicos e tecnolóxicos de cada rexión. A Comisión Económica e Social para Asia e o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da Comunidade Autónoma de Galicia creado pola Lei 6/1995 co obxectivo de facilitar a participación dos axentes sociais e económicos na vida política, económica, social e cultural do país e, principalmente, para ter en conta as súas opinións e propostas nos procesos de adopción de decisións do goberno autonómico. Nel están representados un gran número de organizacións profesionais, entidades e asociacións; intégrano 35 membros, incluídos o seu presidente e o secretario xeral, designados polo presidente da Xunta a proposta dos conselleiros de Economía e Facenda, e Interior e Relacións Laborais. O secretario debe ser un funcionario do grupo A. Os outros 33 membros repártense en tres grupos: os primeiros 11 desígnanos as organizacións de traballadores, segundo os resultados xerais das eleccións sindicais; outros 11 membros representan o empresariado, elixidos pola Confederación de Empresarios de Galicia; por último, outros 11 conselleiros representan a entidades e asociacións: 4 membros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade, animal ou vexetal, dominada por unha soa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que é socia ou que pertence á mesma sociedade ou asociación ca outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Du contrat social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperativa fundada en Vigo en 1907 por militantes socialistas encabezados polo canteiro Xosé Araújo Pérez. O seu obxectivo era elaborar e comercializar pan a prezos accesibles á capacidade adquisitiva das clases populares. En 1910, coa intención de construír fornos propios, adquiriu uns terreos que logo serviron para edificar a Casa do Pobo da cidade olívica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Vigo no ano 1990. Editada pola Aula da Empresa Cooperativa da Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Vigo, nos seus inicios estivo dirixida por Santiago Santos Castroviejo e coordinada por Constantino Gago Conde; dende 1996 a dirección compartírona Ana Rosa Lorenzo Vila, Antxon Mendizábal Etxabe e o propio Santos Castroviejo. A partir do ano 2001 dividiuse nas seccións “Doutrina”, “Xurídica”, “Tributaria”, “Movementos sociais”, “Actualidade cooperativa” e “Libros e documentos”. Contan coa colaboración de María X. Cabaleiro, Xosé A. Gómez Segade, Xulio Pardellas, Uxío Labarta, Pablo Sande, Anne Haire, Antón Vaamonde, Xulio Ríos e Francisco Sineiro, entre outros. O seu obxectivo é o debate e a promoción das sociedades autoxestionarias de Galicia, e inclúe artigos nos que se analizan diferentes aspectos do cooperativismo, como os referentes ás leis, á situación social e política, aos rexistros de cooperativas, etc, en diferentes eidos do sector industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto feminino fundado en 1987 no seo do Instituto de Bacharelato do Carril (Vilagarcía de Arousa). O seu equipo, que viste uniforme de color celeste e xoga os partidos como local no pavillón de Fontecarmona, ascendeu á máxima categoría da Liga española na tempada 1996-1997, competición que disputou nas tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000, 2000-2001 e 2001-2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1998 baixo a iniciativa dun grupo de persoas, convocadas pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia, coa finalidade de recuperar a memoria histórica daquel lugar. Os seus fundadores foron Xosé González Martínez, Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xosé Manuel Cid Fernández, Bento da Cruz, Xesús Ferro Ruibal, Xoán Fonseca Moretón, Xosé María Fonseca Moretón, Modesto Hermida García, Álvaro López Mira, Benito Montero, Antón Pulido, Xosé Benito Reza, Máximo Salinas Valencia e Carlos Varela García. A eles engadíronse Xosé Ramón García Rivero e veciños das parroquias que integraban o Couto Mixto. Presidida por Máximo Salinas Valencia, desenvolveu unha serie de actividades entre as que destacan os cursos de verán celebrados en colaboración coas universidades de Vigo e Tras-Os-Montes, en Chaves e Celanova (1999) e Xinzo de Limia (2000), e o proxecto do Museo Aberto do Couto Mixto que ten como finalidade a recuperación das construcións adxectivas do lugar e que se desenvolve...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica operatoria que se basea no aproveitamento dos efectos que as temperaturas moi baixas teñen sobre os tecidos orgánicos. A substancias crioxénicas máis utilizadas son o dióxido de carbono e o nitróxeno líquido. Aplícase, sobre todo, en oftalmoloxía e dermatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento integrado por cristiáns (principalmente católicos), que cren compatible a súa fe coa teoría e a práctica marxistas, sen que iso signifique ningunha vinculación a un partido político determinado. Nacido en Chile, onde o movemento celebrou un congreso nacional en 1972, estendeuse logo a Arxentina, Perú, México e outros países de América Central. O movemento contribuíu á elaboración da teoloxía da liberación e finalmente, chegou a Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos insectívoros de coloración dorsal cinsenta ou acastañada cinsenta, con pouco contraste coa parte ventral, orellas sen cubrir polo pelo e rabo con algúns pelos sobresaíntes do resto. Os dentes son de cor branca na súa totalidade e o bordo superior do primeiro incisivo inferior é liso. Presentan unha gran variabilidade de tamaño, dende os 50 mm ata os 85 mm, e mais a cola que oscila entre os 25 mm e os 50 mm; o peso vai dende 3,5 ata 14 g. Os animais defenden territorios que poden acadar os 400 m2 e que comparten durante a reprodución. Aliméntanse principalmente de pequenos invertebrados e presentan diariamente períodos de actividade e descanso de dúas horas. Aínda que non teñen letargos estacionais en situacións de penuria alimentaria poden entrar en sonos de varias horas. Teñen unha vida media de ano e medio e constitúen unha presa común das rapaces nocturnas e dos mustélidos. De orixe bioxeográfica tropical, a maioría das 133 especies actuais viven en África...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heterósido formado por unha molécula de crocetina e dúas de xentobiosa esterificadas, que se localiza nos estigmas do azafrán.

    VER O DETALLE DO TERMO