"Omo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 696.
-
-
Representación pictórica ou escultórica de Xesucristo atado a unha columna e cunha coroa de espiñas igual ca cando Pilato o presentou perante o pobo dicindo ecce homo (‘velaquí o home’), segundo a versión latina do Evanxeo de san Xoán. Dende finais do gótico, representouse xunto ao busto da Dolorosa. Entre outras representacións destacan as de Van der Weiden, o Bosco, Caravaggio, Correggio, Dürer, Pedro de Mena, Murillo,Tiziano, Rubens e Ribera.
-
Persoa que ten un aspecto lacerado e magoado. OBS: Úsase, normalmente, en construcións comparativas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dunha construción, ben sexa un edificio público, ben unha casa privada.
-
-
-
Eclesiástico que fai as funcións de rector dunha parroquia, por vacante, enfermidade ou ausencia deste.
-
Persoa que ten ao seu cargo a administración dos bens eclesiásticos e, moi especialmente, os do bispado. Noméao o bispo, tras escoitar o consello de consultores e o consello de asuntos económicos, por un prazo de cinco anos renovables. Ten a competencia de realizar os gastos e ingresos do bispado, e a obriga de render contas mediante un informe anual.
-
-
Persoa que administraba os bens dun demente ou dun pródigo.
-
Persoa encargada de administrar os bens temporais en certos establecementos ou institucións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epidemia de encefalite que se caracterizaba porque os afectados quedaban durmidos con facilidade e padecían náuseas, cefaleas e febre. Estendeuse por Europa despois da Primeira Guerra Mundial e desapareceu despois de 1920. Tamén se coñece co nome de encefalite letárxica.
-
PERSOEIRO
Neurólogo austríaco. Destacou polos seus estudios dos centros de actividade nerviosa. Individualizou os signos clínicos e anatómicos da encefalite letárxica, tamén coñecida como enfermidade de von Economo, e os da pandemia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao biotipo humano correspondente á clasificación de Sheldon, de estrutura grácil, extremidades alongadas respecto ao tronco e peso baixo en relación coa superficie corporal. Segundo Kretschmer, equivale ao tipo asténico.
-
-
Que produce ou tende a producir unha corrente eléctrica.
-
Motor que produce enerxía mecánica mediante a transformación de enerxía eléctrica.
-
-
-
Aplícase á forza capaz de manter unha diferencia de potencial eléctrico entre dous puntos dun circuíto aberto ou de manter unha corrente eléctrica nun circuíto pechado. O seu símbolo é E, e a súa unidade de medida, o voltio. Adoita estar indicado mediante a abreviatura fem (forza electromotriz).
-
Aplícase á serie de metais na que estes se dispoñen segundo o seu potencial estándar ou normal de redución.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento utilizado para a práctica de embriotomías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de enantiomorfo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a unha substancia que se presenta en dúas formas cristalinas, de xeito que cada unha delas é mutuamente a imaxe da outra nun espello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
endodinamóxeno.
-
-
Fenómeno mediante o que as rochas ígneas son interpenetradas polos sedimentos que as envolven, por medio dun metamorfismo de contacto, de xeito que chegan a modificar a composición desas rochas ígneas.
-
Aplicación dunha estrutura alxébrica E en si mesma, conservándoa. Pódese demostrar que o conxunto de endomorfismos sobre unha mesma estrutura posúe estrutura de espazo vectorial se se define a suma e o produto de endomorfismos. Unha vez definida unha función determinante non dexenerada en E, chámase determinante dun endomorfismo ao determinante da matriz que o representa referido a calquera base.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao biotipo humano que se corresponde coa clasificación de Sheldon, que presenta un notable desenvolvemento do aparello dixestivo e das vísceras, membros curtos con relación ao corpo e un aspecto xeral redondeado. Na terminoloxía de Kretschmeré é semellante ao tipo pícnico.
-
PERSOEIRO
Almirante e político. En 1867 negouse a aceptar a caída do shōgunato e proclamou a República de Hakodate, polo que foi condenado e encarcerado. Liberado en 1871, foi nomeado vicealmirante e embaixador en San Petersburgo (1874) e Pequín (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comunicación lonxitudinal ou lateral de dúas asas intestinais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas verdes, da familia das ulváceas, de talo tubular formado por células que contan cun único cloroplasto con forma de copa. Presentan un ciclo diplobióntico isomórfico con gametos biflaxelados. Na costa galega está representado polas especies E. crinita, presente sobre pedras ou outras algas no mesolitoral, de talos tubulosos, moi ramalludos e estreitos con 1 mm de grosor, cubertos de pequenas proliferacións cónicas de tacto áspero que acadan os 30 cm de lonxitude; E. intestinalis, que medra en ambientes protexidos das pozas intermareais, con talo de cor verde amarelada de 35 cm de longo e 2 cm de ancho, e células de formas poligonais dispostas de xeito desordenado; E. prolifera, que forma cubertas sobre rochedos da zona intermareal, de talo verde estreito na base e ensanchado no extremo, moi ramificada e células de forma rectangular que aparecen ordenadas. A presenza de E. intestinalis vese favorecida nun medio con alta densidade de materia...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘insecto’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que se alimenta de insectos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modo de polinización na que interveñen os insectos como vectores da polinización. As plantas que presentan esta estratexia posúen aparatos de reclamo baseados tanto nas cores -que serven para sinalar a situación da flor-, como nos olores -que poden ser aromáticos, para atraer insectos que se alimentan de zumes, ou pestilentes destinados a insectos necrófagos-. Tamén teñen dispositivos mecánicos -como a disposición dos órganos produtores de néctar ou forma e adherencia do pole-, para facilitar a colocación deste pole sobre os insectos que visitan as flores e que o desprazarse a outra flor da mesma especie permite a polinización. Tamén se denomina entomogamia.