"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

  • FAMILIAS

    Familia de músicos e compositores italianos. Domenico Maria (Boloña 1513 - 1574) foi mestre de capela de San Petronio, da capela papal de Roma e autor de numerosos madrigais. O seu fillo Alfonso (Boloña 1543-1588), chamado Alfonso I, compuxo madrigais, cancións e obras para laúde, e o seu neto Alfonso (Londres 1575? - Greenwich 1628), coñecido como Alfonso II, foi laudista, cantante e violista. Traballou na corte inglesa e compuxo pezas para laúde e viola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral e cinematográfico. En 1972 creou a súa propia compañía teatral. Entre as súas interpretacións destacan obras de Anouilh, Valle-Inclán ou Ionesco. Traballou tamén para televisión na serie Verano Azul (1981). Participou en moitas producións cinematográficas, como Volver a empezar (1982), galardoada co Oscar en 1982, e Puta miseria! (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo da ciencia. Doutorado en Filosofía pola Universität Wien, foi profesor na London School of Economics, na University of Bristol e na University of California, en Berkeley. Defendeu unha postura escéptica que o levou a manter a validez de calquera método de coñecemento, posto que non existe un método válido para o coñecemento, o que orixina un relativismo máximo no que se inspirarán posteriormente moitas propostas éticas da postmodernidade. Afirmou que a experiencia non é a base do noso coñecemento e que ningunha teoría é consistente cos feitos, polo que cómpre admitir a presenza de hipóteses non fundadas. Das súas obras destacan Against Method: Outline of An Anarchistic Theory of Knowlwdge (Tratado contra o método: esquema dunha teoría anarquista do coñecemento, 1975) e Sciencie in a Free Society (A ciencia nunha sociedade libre, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode figurar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (244-249). Prefecto do pretorio baixo o Emperador Gordiano III, organizou a súa morte e sucedeuno. Asinou a paz cos persas (244) e mantivo boas relacións co Senado. Despois da súa derrota na Batalla de Verona fronte a Decio, comandante do exército do Danubio, morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode filtrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao motor movible, situado nunha barca ou nunha embarcación deportiva, que xeralmente vai fixado ao coroamento ou ao espello de popa, aínda que tamén pode ir arrimado a un dos costados.

    2. Embarcación provista dun motor foraborda, xeralmente pequena e lixeira, empregada especialmente en competicións deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fronte guerrilleira de El Salvador fundada en 1980 coa finalidade de establecer un réxime democrático. En 1992 chegou a un acordo co goberno, pero o conflito continuou ao non cumprirse o programa de transferencias das terras e de compensacións dos ex-combatentes. Coa intervención dos denominados escuadróns da morte o enfrontamento converteuse nunha guerra civil. En 1994 celebráronse as primeiras eleccións tralo conflito, nas que se presentou convertido xa en partido político. Nas eleccións do 2000 acadou a maioría dos votos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hondarribia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto legal que regulaba as condicións de traballo no Estado español durante o Franquismo. Promulgouse o 9 de marzo de 1938 e modificouse o 10 de xaneiro de 1967. Declaraba o mantemento da propiedade privada dos medios de produción, a intervención do Estado na fixación das normas de traballo e as remuneracións, e a prohibición dos sindicatos obreiros de clase. Derrogouse coa Constitución de 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación popular que recibe o dedo índice.

    2. Que ou quen se inmisce nos asuntos dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cómic editado en Cangas a partir de 1980 por alumnos do colexio público Castrillón-Coiro. Coordinado por Lauro Xosé Pedreira, contiña ao longo das súas vinte páxinas debuxos e cómics orixinais dos rapaces que colaboraban na revista. Esta edición foi posterior á participación dalgúns dos colaboradores no Concurso de cómics O Facho, celebrado en 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor xefe de El Correo Gallego e La Noche, ademais de correspondente doutros diarios. Foi asesor informativo para Galicia e Asturias do ministerio de Agricultura e presidente da Asociación da Prensa de Santiago de Compostela. Escribiu Tratamiento periodístico sobre ferias y mercados agropecuarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, decorador e restaurador. Formouse con Xoán Xosé Cancela del Río na Real Sociedad Económica de Amigos del País e foi discípulo de Federico de Madrazo na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Rematados os estudios, instalou o seu estudo en Santiago (1852) e opositou, sen éxito, fronte a Modesto Brocos para a praza de debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos del País. Practicou unha pintura romántica e introduciu o costumismo en xéneros como o retrato, a paisaxe e a pintura relixiosa. A influencia de Madrazo reflitiuse nos seus retratos, xénero no que destacou; entre outros, cómpre salientar os do Cardeal Payá, o Cóengo Valenzuela, os Duques de Medinaceli e do Marqúes de Monroy, ademais da copia do retrato do Cardenal Cuesta de Dionisio Fierros. En 1858 con motivo da visita da Raíña Isabel II a Santiago de Compostela regaloulle unha acuarela do Pórtico da Gloria e en 1887 regalou dúas obras de tipos galegos ao Rei...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel López Garabal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • enaugadoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, pubescente, erecta, de 20 a 50 cm de altura, de follas estipuladas, imparipinnadas, cos folíolos ovais e fortemente serrados. As flores son azuladas, purpúreas ou brancas. Os froitos son legumes inchados que conteñen unha ou dúas sementes globosas, os garavanzos. Pouco esixentes en auga, o seu cultivo é apropiado en terreos áridos, especialmente nos pouco compactos. É orixinario da India e das costas do Mediterráneo.

    2. Semente desa planta.

    3. Pequeno díptero (2 mm de lonxitude) moi semellante á mosca común, pero con reflexos verdosos nas ás, que ataca o garavanzo, e deposita a posta nas súas follas, nas que, ao nacer, as larvas, ápodas e amareladas, constrúen galerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Maside baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. carabullo.

    2. Instrumento de labranza con mango longo e tres ou máis dentes longos e curvados.

    VER O DETALLE DO TERMO