"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

    1. Relativo ou pertencente aos baltis.

    2. Individuo do pobo balti.

    3. Pobo que habita en Caxemira, no val principal do Indo, entre as montañas do Karakorum e o Nanga Parbat. Os baltis (uns 50.000 individuos aproximadamente) son de tipo físico indoario, de lingua tibetana e de relixión musulmana xiíta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa libre para levar a cabo todo tipo de operacións relacionadas co transporte marítimo e, ultimamente, co transporte aéreo. A súa orixe sitúase no s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Mar Báltico.

    2. Habitante de estirpe alemá das provincias bálticas do Imperio Ruso. Os bálticos proveñen da poboación urbana das fundacións hanseáticas, da pequena nobreza rural descendente de cabaleiros xermánicos secularizados no s XVI e en menor proporción da colonización rural. O sector aristocrático (baróns bálticos) exerceu unha grande influencia política dentro do Imperio Ruso. SIN: xermanobáltico.

      1. Nome utilizado para designar a lingua orixinaria do grupo das linguas bálticas modernas.

      2. Familia de linguas incluída no subgrupo balto-eslavo e no grupo indoeuropeo que se compón de tres linguas principais, o letón (que conta con 1.500.000 falantes) e o lituano (cuns 3.000.000 falantes), moi estreitamente relacionados, e o prusiano antigo, que desapareceu no s XVII e non foi moi coñecido. A existencia das linguas bálticas, moi especialmente a do lituano, alcanzou unha importancia decisiva na constitución do indoeuropeísmo, xa que se trata de linguas moi arcaizantes e, polo tanto, o seu testemuño ten un enorme valor.

    3. Rexión que comprende unha parte de Noruega, Suecia, Finlandia e da península de Kola, en Rusia. Está constituída por materiais precámbricos que non se dobraron dende o Cámbrico.

    4. Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo, que se localiza en Europa oriental e nororiental, aínda que se espallou polo norte e o centro de Asia. Caracterízase pola súa pigmentación moi clara de pel, cabelos de cor loiro-cincenta e iris con frecuencia azulado. A estatura promedio é de 170 cm e a constitución predominante é a braquiomorfa. Ten malares relativamente prominentes e nariz polo xeral curto con perfil cóncavo. Non son homoxéneos antropoloxicamente, polo que se distingue unha serie de “complexos”, variantes tomadas por combinacións de varios caracteres somáticos, como o complexo báltico propiamente dito (países bálticos), o complexo esteurópido (Moscova), o complexo do alto Dniéper (Bielorrusia) ou o complexo das estepas (baixo Volga). Cómpre salientar, sen embargo, que esta clasificación non se sostén coa introdución de marcadores xenéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar interior do N de Europa, pertencente á conca do Océano Atlántico, que se estende ata Dinamarca e Suecia, polo O, e ata Finlandia, Estonia e Rusia, polo L. Baña polo S a Polonia e Alemaña, e polo N a Finlandia e Suecia. Comunica co Mar do Norte por medio dos estreitos de Kattegat e Skagerrak, e polo canal de Kiel. Abrangue unha superficie de 420.000 km2 e a lonxitude estimada da súa costa é de 9.200 km. A profundidade máxima é de 463 m e a profundidade media de 60 m. A súa baixa salinidade facilita a formación de xeo, o que orixina a paralización do tráfico nalgúns portos. Copenhagen, Estocolmo, Gdánsk, Klaipeda, San Petersburgo, Helsinqui e Riga son os portos máis importantes. A situación periférica do Báltico respecto da parte occidental de Europa e o carácter case lacustre deste mar provocou que diferentes potencias intentaran exercer un dominio hexemónico sobre o seu ámbito e controlar os estreitos que pechan a entrada. As terras bálticas foron o lugar de pobos que máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle de Rusia entre Belomorsk, no Mar Báltico, e Povenec, sobre o lago Onega. Ten unha lonxitude de 227 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Nome co que se coñece o conxunto de estados da beira meridional do Mar Báltico: Letonia, Estonia e Lituania. Cada un destes países constituíron ata o 1991, data na que proclamaron a súa independencia, repúblicas da Unión Soviética.
    Xeografía física
    Entre os principais trazos físicos comúns dos países incluídos baixo esta denominación destacan os climáticos. A súa homoxeneidade topográfica, unha fachada litoral máis ou menos extensa que gozou dunhas condicións térmicas algo máis atenuadas fronte ao interior baixo un dominio continental rigoroso, e a súa situación en latitudes elevadas (entre 55°-60°N) outórganlles uns invernos crus caracterizados por temperaturas medias baixo cero (a temperatura media do mes de xaneiro sitúase entre os -7°C-8°C), e uns veráns relativamente suaves, con temperaturas medias no mes de xullo ao redor dos 16°C. As precipitacións sitúanse sobre os 600 mm anuais. En canto ao relevo, a maior parte do territorios destes tres países atópase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Maryland, nos EE UU, na baía de Chesapeake (675.401 h [1996]; 2.382.172 h na área metropolitana [1996]). Constitúe un importante núcleo industrial, cun dos portos exportadores máis importantes dos EE UU. A cidade foi fundada no ano 1729. Desde a súa orixe converteuse en refuxio dos católicos que fuxían de Inglaterra, polo que o elemento católico obtivo unha gran preponderancia. Así mesmo, foi a primeira cidade en adoptar o principio de tolerancia relixiosa e un dos centros difusores da cultura liberal e do americanismo. Entre as súas universidades destaca a Johns Hopkins University, fundada no ano 1876. O Museo de Arte Contemporánea de Baltimore posúe unha importante colección de pinturas flamengas, neerlandesas, españolas e francesas (sobre todo impresionistas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de nobres ingleses colonizadores de América do Norte. A súa fortuna comezou con George Calvert (Kipling, Yorkshire 1530 - Londres 1632), que foi secretario de estado (1619) e no ano 1621 fundou unha colonia en Terranova. En 1625 converteuse ao Catolicismo e foi nomeado primeiro barón de Baltimore (Irlanda). O seu fillo Cecil Calvert (1605-1675), segundo barón de Baltimore, fundou a colonia de Maryland, gobernada entre 1634 e 1647 polo seu irmán Leonard Calvert . Os dereitos sobre Maryland foron transferidos aos descendentes da familia ata que, no transcurso da revolución estadounidense, foron anulados en 1775.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina do ano 1975 con R. Dulbecco e H.D. Temin, polos seus traballos sobre o virus do ARN, o descubrimento do enzima transcriptasa inversa (ADN polimerasa ARN dependente), e pola fixación dos procesos moleculares mediante os que a información xenética se incorpora ao ADN. Entre 1982 e 1990 dirixiu o Whitehead Institute for Biomedical Research, en Cambridge, Massachusetts.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión montañosa da Caxemira, entre as cordilleiras do Himalaia e o Karakorum, habitada polos baltis (22.000 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo de liñaxe real visigótica. Fundada por Alarico, que foi elixido xefe no ano 395, a liñaxe extinguiuse no ano 531 coa morte de Amalarico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada da palabra báltico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao baltoeslavo.

    2. Termo que abrangue, baixo unha designación común, dúas familias de linguas indoeuropeas: a das linguas bálticas e a das eslavas. Máis que pola contigüidade xeográfica destes dous grupos, a designación conxunta xustifícase a partir da noción da árbore xenealóxica das linguas, que puidese probar a súa descendencia dunha lingua común báltica da que se ramificaron posteriormente, aínda que algúns estudiosos discuten que esa semellanza constitúa unha proba da súa orixe común e pensan que podería responder a unha influencia mutua máis recente. Conxuntamente acadan os trescentos millóns de falantes aproximadamente, dos que máis da metade empregan tamén o ruso. Entre as principais linguas bálticas cóntase o letón (ou letonio) e o lituano. Algunhas das linguas pertencentes a este grupo extinguíronse, aínda que si se conservan restos escritos en prusiano antigo. Os primeiros textos documentados nestas linguas son do s XIV. Ambas as dúas posúen unha norma propia pero rexistran numerosos dialectos....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao baltofinés.

    2. Grupo de linguas finoúgricas, faladas entre os mares Báltico e Branco, en territorios de Finlandia, Estonia, Curlandia e outras zonas veciñas de Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza baltooriental ou aos seus representantes.

    2. Individuo da raza baltooriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘luz’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘iluminación’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quen é sucio ou desaliñado no xeito de vestir.

    2. Quen fai trampas ou mente con moita frecuencia. SIN: embusteiro, mentirán, mentireiro, troleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, escribiu tanto en ruso como en lituano, sobre todo a partir de 1930. Entre as obras en ruso destacan Zeml’ia stupeni (Chanzos da terra, 1911) e Gornaja tropa (O camiño da montaña, 1912); entre as obras en lituano están Ikurtuves (Festa da iniciación, 1941) e Ašarų vainikas (A grinalda de bágoas, 1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de arte. Elaborou o esquema evolutivo das formas anteriores ao Románico e defendeu a teoría de que a arte medieval de Occidente ten raíces orientais. É autor de Art sumerien, art roman (Arte sumeria, arte romana, 1934), Lithuanian folk art (Arte popular lituana, 1948), La troisième sculpture romaine (A terceira escultura romana, 1958) e Formations, déformations à la stylistique ornamentale dans le sculpture romaine (Formacións, deformacións na estilística ornamental na escultura romana, 1986). Estudou en profundidade a evolución dos termos fantásticos e simbólicos a través da arte medieval en obras como Le Moyen Âge fantastique (A Idade Media fantástica, 1955). Así mesmo, foi un profundo coñecedor da arte anamórfica: Anamorphoses ou perspectives curieuses (Anamorfoses ou perspectivas curiosas,...

    VER O DETALLE DO TERMO