"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • Sergej Mikhajlovič Ejzenštejn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico soviético. En 1923 realizou o seu primeiro filme, Stačtka (A folga), no que se inician as directrices básicas da súa obra, que desenvolveu, sobre todo, nas películas Bronenosets Potemkin (O acoirazado Potemkin, 1925) e Oktjabr’ (Outubro, 1927). Fixo unha viaxe por Europa, e foi tamén a Hollywood e México, onde realizou Que viva México! (1931). Na URSS continuou, posteriormente, o seu labor de teórico e realizou Aleksandr Nevskij (1938) e Ivan Groznij (Iván o Terrible, 1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico que designa distintos tipos de virus, ás veces patóxenos, que teñen como característica común o hábitat e o lugar de replicación que é o tracto intestinal humano, onde son estables durante unha ou tres horas a un pH entre 3,0 e 5,0. Son virus de pequeno tamaño (20-30 nm) e unha única cadea de ARN, que presentan unha cápside proteica icosaédrica e non teñen envoltura. Con moita frecuencia producen infeccións asintomáticas, pero poden causar infeccións do sistema nervioso central (como a meninxite, a encefalite ou a poliomelite), do aparato dixestivo (como a pancreatite) e do respiratorio (como a pneumonía ou o arrefriado común); tamén se relacionan con malformacións conxénitas ou algunhas formas de diabete. O home é o único reservorio coñecido e a transmisión é fundamentalmente por contacto fecal ou oral e por vía respiratoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Escribiu escenas breves para pequenos teatros e colaborou como dramaturgo co Teatro de Arte de Moscova, con Eugeni Vajtangov e con Vsevolod Meyerhold. Da súa produción destaca Mandat (O mandato, 1925), Samonbicja (O suicidio, 1928), prohibida pola censura pero representada en Europa e América nos anos sesenta e setenta, e Zasedanie o smeche (Sesión sobre o río, 1938). Entre 1933 e 1940 estivo deportado en Siberia, e a partir de entón orientou a súa carreira á adaptación de clásicos, á elaboración de guións para cine e á escrita de textos para rapaces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ergometrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Voronež 1855 - Kalinin 1908) Escritor ruso. Na súa obra reflectiu a vida campesiña. Da súa produción destaca Gardeniny, ikh dvorná, priveržency i vragi (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. En 1915 contactou en Leningrado co movemento simbolista e co poeta A. A. Blok, e en 1918 integrouse no movemento imaxinista. A súa poesía ofrece unha visión mística e pesimista da sociedade. Da súa produción destaca Radunica (1915), Inonija (1918), Moskva Kabackaja (Moscova das tabernas, 1924) e Kapitan Zemli (O capitán da terra, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • isión estereoscópica, é dicir, con efecto de relevo e sensación de distancias entre as diferentes partes da imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo europeo de televisión encargado de coordinar a interconexión das diversas redes de 26 estados de Europa, o N de África, Chipre, Israel e Xordania. O seu centro administrativo está situado en Xenebra, mentres que o centro técnico se localiza en Bruxelas. Para a realización de programas en común debeu resolver os diferentes problemas técnicos derivados, sobre todo, das diferentes normas de televisión existentes, especialmente a inglesa e a francesa, e tamén os diversos sistemas de televisión en cor. A primeira retransmisión por Eurovisión tivo lugar en 1954. Anualmente, celebra un festival da canción no que cada país envía un representante. A sede deste concurso musical varía en función do país que resultara gañador na edición anterior. España, que participou por vez primeira en 1961, conseguiu o primeiro posto en dúas ocasións, coa cantante Massiel en 1968, e con Salomé en 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Konstantin A. Korovin, recibiu a influencia do impresionismo e da obra de Cézanne. Foi un dos fundadores da asociación artística Sota de Diamantes e profesor na Escola de Belas Artes de Moscova. Cultivou unha paisaxe situada a medio camiño entre o fauvismo e o cubismo, entre outras destaca Sol en Crimea (1916), e o retrato. Atacado como decadente polo réxime soviético, rehabilitárono, xa morto, en 1966, cunha exposición antolóxica en Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de entidades locais (concellos, deputacións, consellos e cabidos insulares) fundada en 1980 en Madrid, onde radica a súa sede. Os seus fins son: o fomento e a defensa da autonomía das entidades locais; a representación e defensa dos intereses xerais das entidades locais ante outras Administracións públicas; a prestación de toda clase de servicios ás entidades locais; o desenvolvemento e consolidación do europeísmo no ámbito local, baseado na autonomía e solidariedade entre todas as entidades locais; a promoción e favorecemento das relacións de amizade e cooperación coas entidades locais e as súas organizacións no ámbito internacional, especialmente o europeo, iberoamericano e árabe; e a xestión de programas gobernamentais destinados ao ámbito local. O 12 de xaneiro de 1980 celebrouse en Madrid unha xuntanza de alcaldes da que xurdiu unha xunta xestora presidida polo alcalde de Málaga, Pedro Aparicio Sánchez, que tramitou a constitución formal da Federación Española de Municipios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación das corporacións locais galegas (todos os concellos e as deputacións provinciais) fundada o 7 de outubro de 1988. Os seus obxectivos son: o fomento e a defensa da autonomía das entidades locais; a representación e defensa dos intereses xerais das entidades locais ante outras Administracións públicas e, especialmente, a reivindicación das súas competencias; a promoción e o desenvolvemento da cultura e da lingua galega no ámbito local; o fomento da participación cidadá na vida local; o desenvolvemento e consolidación do europeísmo no ámbito local, baseado na autonomía e solidariedade entre as entidades locais; e a prestación de toda clase de servicios ás entidades locais. Na súa asemblea constituínte, celebrada o 7 de abril de 1989, ratificouse como presidente a José Castro Álvarez, alcalde de Ponteareas, que en 1992 foi substituído por Xosé Luis Torres Colomer, alcalde de Ribeira. En 1995 accedeu á presidencia o alcalde de Quiroga, Xulio Álvarez Núñez, ao que sucedeu, en 1999,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Despois da Revolución traballou no Comisariado de Instrución Pública e formou parte do grupo Os Irmáns Serapion. Da súa produción destacan as novelas Goroda i gody (Cidades e anos, 1924), Transvaal (1926), Brat’ja (Irmáns, 1927) e Pokhiščenije Evropy (O rapto de Europa, 1933-1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Cursou estudios de belas artes na Escuela de Bellas Artes Artal. Nas súas obras, realizadas ao óleo, amosou os estilos realista e surrealista fantástico. Realizou exposicións en Vigo e Santiago de Compostela e, entre outras mostras colectivas, participou en Novos Valores de Pontevedra (1989) e na Feria das Artes Plásticas de Vigo (1995-1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, naturalista e historiador. Secretario do Consello da Inquisición e de G. Fernández de Córdoba y de Herrera, marchou en 1514 a América, onde ocupou, entre outros, os cargos de gobernador de Cartagena (1526), cronista de Indias (1532) e alcaide da fortaleza de Santo Domingo (1536). Nos seus escritos considerou os indios como seres inferiores, idea que o enfrontou a Bartolomé de las Casas, e afirmou a necesidade de que a conquista se realizase por medio dunha organización de carácter militar. Da súa produción, destaca Don Claribalte (1519), novela de cabalería, Sumario de la Natural Historia de las Indias (1526), Historia general y natural de las Indias (1535-1880) e Catálogo Real de Castilla (1552).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático italiano. Discípulo de G. Cardano, foi profesor nas universidades de Milán e Boloña. Determinou un método para resolver a ecuación xeral de cuarto grao, grazas a unha ecuación auxiliar de terceiro grao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Camiño composto por dúas vías de ferro paralelas sobre as que circulan as rodas dos trens.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ferrocarril.

    2. Persoa que traballa no ferrocarril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irus que utiliza como hospedeiro unha célula de alga.

    VER O DETALLE DO TERMO