"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

    1. Relativo ou pertencente aos tinamiformes.

    2. Ave da orde dos tinamiformes.

    3. Orde de aves, de 18 a 60 cm, que teñen o esterno con quilla e os músculos peitorais ben desenvolvidos. As ás son reducidas, voan mal e durante distancias curtas, as temoneiras son moi curtas ou faltan e o peteiro é delgado e as patas son fortes. Habitan en América, desde o S de México ata a Patagonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra no santuario da Virxe do Carme en Santalla de Toiriz (Pantón). O santuario fundouno o párroco Sebastián Francisco Figueiras e Lobera e consagrouse en 1725. Ten planta de cruz latina cunha cúpula e tres tribunas, unha no pórtico de entrada e dúas nos extremos do cruceiro. A festa celébrase en xullo e a ela acudían moitos romeiros con diversas ofrendas e, algúns deles, percorrían o interior do templo ou un anaco do camiño de xeonllos ao ter conseguido un dos favores pedidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena francés. Coñecido como Firmin Gemier, colaborou co Théâtre Libre de A. Antoine e no Ubu Roi que presentou Lugné-Poe co Théâtre de L’oeuvre. Despois de traballar en varios teatros de París puxo en marcha en 1911 un teatro popular ambulante co que percorreu Francia. En 1920 creou en París, no Trocadero, a primeira sala de Teatro Nacional Popular, para despois pasar ao Teatro Odeón, que dirixiu (1922-1930). As súas formulacións tiveron influencia no desenvolvemento dos proxectos de teatro popular e de descentralización teatral en Francia tras a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración violenta da atmosfera con descarga eléctrica, vento, precipitacións ou neve, que provoca grandes ondas no mar.

    2. Perturbación violenta do estado de ánimo dunha persoa ou dunha situación ou estado determinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pena corporal que se inflixe a unha persoa como castigo para forzar unha confesión ou unha declaración.

      1. Sufrimento físico ou moral de grande intensidade.

      2. Persoa ou cousa que causa un gran sufrimento físico ou moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tormenta.

    2. Que implica unha situación conflitiva ou violenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    cabo de Boa Esperanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Península Ibérica de 284 km de lonxitude que é o principal afluente, pola esquerda, do Duero. Nace na serra de Gredos ao pé da cume de Plaza del Moro Almanzor e corre en dirección S-O, onde describe unha ampla curva. Pasa por Salamanca e desemboca no Duero, na fronteira con Portugal. No curso alto sitúase o encoro de Santa Teresa e no baixo o de Villarino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Foi campión do mundo de 50 cc, con Bultaco, en 1978 e 1981. Sufriu un grave accidente en 1984 que o afastou da competición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos torpediniformes.

    2. Peixe da orde dos torpediformes.

    3. Orde de peixes cartilaxinosos co corpo en forma de disco oval na parte anterior rematado nunha cola na parte posterior. Entre o cráneo e a parte anterior das dúas aletas pectorais presentan un órgano eléctrico a cada lado. Aliméntanse de animais bentónicos. Habitan sobre fondos areosos e lamacentos nos mares tropicais e temperados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, crítico literario e ensaísta. Teórico do ultraísmo, das súas obras destacan Manifiesto vertical ultraísta (1920), Hélices (1923), Literaturas europeas de vanguardia (1925) e Minorías y masas en la cultura y el arte contemporáneo (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desfiladeiro dos Pireneos Centrais de 2.122 m de altitude, situado entre os vales superiores de Gave de Pau e de l’Adour, en Bigorre, Occitania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade da pel que é de orixe tóxica. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • transformable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode transformar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transformar ou transformarse.

    2. Cambio experimentado por unha obriga ou un dereito sen que quede alterado en substancia.

    3. Mecanismo de transferencia de material xenético entre bacterias, segundo o que os receptores sofren modificacións nas súas propiedades xenéticas baixo a acción de extractos obtidos a partir doutra cepa.

    4. Cada unha das regras ou operacións da gramática xenerativa necesarias para pasar unha frase da estrutura profunda á superficial. Distínguense entre: a deleción, que provoca o cambio estrutural máis simple segundo o esquema a + b + c → a + b (Maruxa escribe un sonetoMaruxa escribe); a inserción que, en contraposición á deleción, serve para introducir un novo elemento na frase, segundo o esquema a + b → a + b + c (O campesiño labra/sen azos/ás presas/agora) e a substitución entendida como a combinación dunha deleción e dunha inserción, responde ao esquema a → b (Os paxes/os soldados entraron). Cando unha parte da estrutura arbórea é substituída por dúas ou máis estruturas diferentes fálase de expansión, que presenta o esquema a → b + c (Pasa a tardePasa/lenta/a tarde/fría de inverno). Se diversos elementos son substituídos por un só...

      1. Aplicación bixectiva dun conxunto noutro ou en si mesmo. Segundo a definición de F. Klein a xeometría é o estudo das nocións invariantes para un grupo de transformacións. Como exemplos de transformacións no plano poden mencionarse as rotacións, as simetrías axiais ou as translacións, e no espazo as simetrías respecto a un eixe ou a un plano ou as rotacións axiais. Segundo as súas propiedades específicas, as transformacións reciben diversos nomes: transformación ortogonal, lineal, isogonal, isocora, topolóxica ou alxébrica. As transformacións lineais definidas como isomorfismos entre espazos vectoriais chámanse movementos.

      2. transformación integral

        Operación mediante a que unha función f(x) se transforma noutra función F(y) grazas a relacións de tipo integral. O exemplo máis sinxelo é a simple integración F(y) =∫ a y f(x)dx.

      3. transformación lineal

        Transformación L que satisfai a propiedade de linearidade, é dicir, tal que L(αv + w) = αL(v) + L(w).

    5. ariación das funcións de estado dun sistema termodinámico. En toda transformación hai un estado inicial e final, que difire no valor dalgunha función de estado. Se os estados inicial e final son os mesmos fálase de transformación pechada ou ciclo termodinámico. Unha transformación denomínase isoterma se non varía a temperatura, isóbara se mantén a presión, isocora se o fai o volume, isentrópica se o fai a entropía, e adiabática se non hai intercambio de calor co exterior.

    6. Operación propia das entidades financeiras de converter un aforro líquido recibido nun crédito a medio ou longo prazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao transformacionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da gramática xenerativa que se ocupa das transformacións aplicadas ás frases para pasalas da estrutura profunda á superficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á función matemática definida mediante unha operación en que intervén a función que se quere transformar, feito que facilita a resolución numérica de determinadas aplicacións prácticas. Son exemplos disto: a transformada de Carson e a transformada de Laplace.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que transforma.

      2. Aparato estático de indución electromagnética destinado a transformar un sistema de correntes variables en un ou máis sistemas de correntes variables de intensidade e tensión, xeralmente diferentes pero coa mesma frecuencia. Consiste en dous circuítos denominados, primario e secundario, enrolados arredor dun mesmo núcleo magnético de ferro e dispostos en columnas. O primario recibe a corrente que se quere transformar e que unha vez transformada sae polo secundario. O núcleo magnético está formado por unha serie de pranchas delgadas, illadas e colocadas convenientemente para evitar as perdas por histérese e correntes de Foucault. Algúns transformadores especiais dispoñen ademais dun terceiro circuíto, denominado terciario. Tamén existen transformadores de medida que poden ser de tensión ou de intensidade.

      3. transformador ideal

        Cuadripolo convertedor de enerxía que conservando a súa forma cambia o nivel das súas magnitudes características (variable intensiva e extensiva). É un transformador sen perdas, de coeficiente de axuste da unidade e de fluxo de dispersión nulo, e no que a indutancia mutua M e as autoindutancias do primario L1 e do secundario L2 son infinitas.

      4. transformador perfecto

        Transformador sen perdas, de coeficiente de axuste da unidade e de fluxo de dispersión nulo. O seu circuíto equivalente está formado por unha autoindutancia L conectada ao primario dun transformador ideal. Cando L1 tende a infinito o seu comportamento aproxímase ao do transformador ideal.

    1. redutor.

    VER O DETALLE DO TERMO