"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Inxección intrapleural de aceite ou de substancias aceitosas, que se practicaba para obter o colapso do pulmón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia formada por unhas poucas unidades de nucleótido. Fórmase pola acción da ribonuclease sobre os ácidos nucleicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta unha cor semellante á da oliva verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás olpidiáceas.

    2. Fungo da familia das olpidiáceas.

    3. Familia de fungos da orde das blastocladiais formada por individuos que son parasitos endocelulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbiólogo ucraíno. Discípulo de Sergei N. Vinogradskij, estudou o papel dos microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos do carbono e do xofre. Foi o primeiro que obtivo cultivos de bacterias anaerobias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao músculo que vai desde a omoplata ata o óso hioide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás onagráceas.

    2. Planta da familia das onagráceas.

    3. Familia de plantas, da orde das mirtais, que inclúe plantas herbáceas e perennes, algunhas acuáticas, de follas simples, flores regulares tetrámeras e froitos en cápsula, loculicida ou nuciforme. Aparecen en zonas temperadas e subtropicais e está composta por preto de 500 xéneros. En Galicia pódense atopar os xéneros Circaea, Ludwigia, Oenothera e Epilobium. OBS: Tamén se denominan enoteráceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento conxunto das ondas no mar, que se produce pola acción do vento sobre a súa superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo concibido por Heidegger que designa a súa intención de superar a tradicional separación entre teoloxía e ontoloxía, para acadar o verdadeiro obxecto da metafísica. Este tema constitúe a segunda parte da obra Identität und Differenz (Identidade e diferenza, 1957). Ontoloxía e teoloxía comparten para Heidegger un carácter común que as diferenza de todas as outras ciencias, xa que mentres que as outras ‘loxías’ fan referencia a un conxunto de enunciacións, a ontoloxía e a teoloxía só o son na medida en que afondan no ser como tal e o fundamentan na totalidade, co que se constitúen na lóxica de todo discurso. A ontoloxía e mais a teoloxía, se ben aparentemente son diferentes, en realidade son complementarias e rematan formando unha unidade. Pódese falar, polo tanto, da constitución ontoteolóxica da metafísica. A importancia deste concepto foi decisiva na filosofía de finais do s XX e vinculouse á noción de diferenza, sobre a que se fundamentou o deconstrucionismo. Por outra banda,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao opio.

    2. opiado.

    3. Aplícase ao composto que ten unha acción semellante á da morfina, que se fixa aos mesmos receptores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Foi catedrático de Astronomía e Xeodesia na Universidade de Viena. En 1873 fundou un observatorio astronómico privado e estudou mecánica celeste. De 1870 a 1880 publicou un tratado sobre a determinación da órbita dos asteroides e cometas e traballou no catálogo de todas as eclipses de Sol e Lúa desde 1207 ata 2163, coñecido como Canon der Finsternisse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simio fósil, da familia dos homínidos, que viviu no Mioceno Superior ou no Plioceno Inferior de Toscana. Pola súa capacidade craniana e pola súa talla aseméllase aos pónxidos actuais. Crese que habitou hai uns 10 millóns de anos nos bosques e na serra dos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates fósiles, do grupo dos prehomínidos, ao que pertence o oreopiteco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, de suposta orixe tracia, fillo de Eagro e dunha das musas (Polimnia ou Calíope). Cantante, coas súas melodías enmeigaba toda a natureza. Dunha banda, a súa figura vai ligada á baixada aos infernos, na busca de Eurídice, á que rescatou despois de persuadir co seu canto ás divindades infernais. Da outra, participa tamén do mito do esnaquizamento por parte das ménades. Neste punto, a súa morte vincúlase con Dióniso Zagreo. Unha tradición completamente diferente sinala que morreu por causa do impacto dun raio lanzado por Zeus, en vinganza das revelacións místicas de Orfeo sobre a figura do deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade coral fundada en 1891 en Barcelona por Lluís Millet i Pagès e Amadeu Vives. O primeiro concerto público celebrouse en 1892. Inicialmente consistía nun coro masculino, e en 1896 fundouse a sección de mulleres. En 1905 iniciouse a construción dun local novo, o Palau de la Música Catalana, inaugurado en 1908, que se converteu axiña na principal sala de concertos de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera de Ch. W. Gluck estreada en 1762 en Viena. Dividida en tres actos, pretendeu incorporar a antiga traxedia grega e a estrita e elexíaca aproximación do teatro grego ás correntes da ópera vienesa daquela época. Gluck, aconsellado polo libretista R. Calzabigi, fixo unha reforma da ópera, suprimindo as incongruencias e a supeditación absoluta do texto que se introducira na época barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade ou agrupación coral que comezou a formarse en Francia arredor de 1815, aínda que o primeiro do que se ten constancia creouse en París en 1833. Propagáronse axiña por outros países, especialmente España, onde destacan o Orfeó Català e o Orfeón Donostiarra. Inicialmente eran agrupacións corais masculinas que, aos poucos, incorporaron voces femininas. En Galicia tamén tiveron unha gran consolidación o Orfeón Terra A Nosa, o Orfeón Brigantino ou o Orfeón Unión Orensana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación coral que se creou en Donostia en 1897. Inicialmente estaba composto por vinte voces masculinas, ás que posteriormente se lle uniron voces femininas. Desde a súa creación foi dirixido por Luzuriaga, Oñate, S. Esnaola (1902-1929), J. Gorostidi (1929-1968), A. Ayestarán (1968-1986) e J. A. Sáinz Alfaro (desde 1986). Destaca especialmente polo seu repertorio de canto tradicional vasco, sen desbotar a zarzuela, a música coral e as óperas, o que lle valeu estar considerada como unha das principais formacións corais afeccionadas de Europa. Actuou nas principais cidades europeas como Bordeos (1951), París (1957), Edimburgo (1962), Berlín (1973), Londres (1980), Roma (1987), Madrid (1993), Salzburgo (1999) e Berlín (2001), e conta no seu haber con máis de 100 gravacións. Recibiu o Grand Prix d’Honneur de París (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación coral que fundou Manuel Feijoo en Santiago de Compostela en 1966. Desde os seus inicios contou cun número variable de voces mixtas e o asesoramento musical de Nemesio García Carril. A súa actividade artística oriéntase a repertorios de música sinfónica coral e operística, e entre os seus obxectivos están a consolidación dun gran coro sinfónico galego, a formación de novas voces corais e o fomento da cultura. Realizou actuacións en distintos países como Alemaña, Francia, Inglaterra ou Italia. Destaca a súa colaboración con outras agrupacións como a Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía de Galicia. Participou na gravación de numerosos discos de música galega, relixiosa e lixeira, e entre os numerosos premios que recibiu destacan o segundo Premio Nacional de Habaneras (1970), o Premio de Masas Corales Gallegas (1975), o Premio Nacional de Polifonía (1974 e 1980), o Premio da Crítica de Galicia (1992) ou a Medalla de Prata ao Mérito Artístico da Cidade de Santiago (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación coral que se creou en Ourense o 11 de setembro de 1887, que tomou o seu nome do Café Unión, onde se xuntaban para ensaiar. Nun primeiro momento estaba formado por 31 voces masculinas, pero a partir de 1928 xa se foron incorporando voces femininas. Os mesmos membros da masa coral iniciaron os trámites en 1887 para a creación dunha Sociedad Artística Orensana con fins culturais, lúdicos e recreativos. Esta sociedade desenvolvía actividades moi variadas, como teatro, exposicións, bailes ou cine. O orfeón participaba de moitas das iniciativas da sociedade, pero mantiña unha certa independencia funcional e acudía a festivais e concursos corais nos que obtivo múltiples galardóns.

    VER O DETALLE DO TERMO