"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
-
Feito extraordinario que se produce en contradición co lóxico e esperable.
-
Fenómeno extraordinario, acontecido no universo da experiencia humana e que non se pode explicar por causas naturais, senón que ten como orixe inmediata a divindade. Desde un punto de vista antropolóxico, é aquela representación no eido da relixión que tende á superación da estreiteza do tempo e do espazo, mediante a anulación das chamadas leis naturais. No universo das relixións, as accións milagrosas acompañan as vidas dos grandes personaxes como Buda, Xesús, Zaratustra ou Mahoma, como forma de testificación da súa misión e da súa forza divina.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos milagres.
-
Que fai milagres.
-
Que lle gusta crer en milagres ou inventalos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe na advocación da Virxe (Nosa Señora dos Milagres). O substantivo ‘milagre’ procede do latín miraculu ‘prodixio, portento, marabilla’. Tense dito que no latín medieval tamén significou “lugar alto, posto de vixía” e que de tal polisemia puido nacer a vinculación relixiosa a tales lugares. Presenta o hipocorístico Mila. A Virxe dos Milagres recibe culto popular en moitos lugares de Galicia; destaca pola súa popularidade a do santuario de Amil (celebrada o primeiro domingo despois do 8 de setembro), en Moraña, os Milagres de Saavedra (o 24 de maio), en Begonte, e os do Monte Medo (o 7 e 8 de setembro), en Baños de Molgas. A Virxe dos Milagres é patroa do concello de Taboada e de Valga, onde se celebra o 10 e o 28 de agosto, respectivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de dúas colectáneas medievais, unha continuación da outra, relacionadas co culto á figura do mártir san Vicente. O comezo desta devoción sitúase en 1173, cando depositaron as súas reliquias na catedral de Lisboa, despois de ser recuperadas no Promontório Sacro, no Algarve. Os únicos testemuños que hai destas dúas coleccións son fragmentarios, aínda que se pode datar a primeira a redor de 1180, baixo a autoría do mestre Estevão, e a segunda anos antes de 1248.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantigas de Santa María.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escolma de curacións e favores da Virxe e dos santos, chamados inxenuamente milagres e localizados moitas veces nun santuario concreto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado no cumio do monte Medo, en Baños de Molgas. Rematado en 1771, o interior caracterízase pola sobriedade: ten tres naves, que se corresponden coas tres portadas da fachada, destacando a central, na que se sitúa un balcón cun altar maior para as solemnidades. Destaca a gran cúpula do cruceiro, o retablo maior. Presenta unha monumental fachada de estilo barroco, con catro torres levantadas a partir dunha cornixa e que se coroaron con cúpulas; as dúas centrais, de maior tamaño que as dos extremos, albergan as campás. O atrio da entrada está enlousado e pechado por un muro con asento corrido. O 8 de setembro celébrase unha romaría arredor do santuario.
-
-
Que é resultado dun milagre.
-
Que fai milagres.
-
Que causa asombro ou admiración porque se produce en contradición co lóxico e esperable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito en balaustia da milgrandeira, esférico e algo deprimido, coa cuberta dura e grosa, de cor vermella ou amarelada que está constituído por numerosas sementes zumarentas, separadas por tabiques membranosos. É comestible e presenta un sabor agridoce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore ou arbusto caducifolio, de entre 2-6 m de altura, de cor parda agrisada que presenta a codia escamosa e as ramas espiñentas. As follas son simples, opostas, oblongas ou oval-lanceoladas, algo coriáceas e de cor verde e as flores son de gran tamaño e de cor vermella ou branca con forma de campá, solitarias ou reunidas en grupos. Florece entre maio e xullo e o froito, a milgranda, madura entre setembro ou outubro. É orixinaria da zona que vai desde os Balcáns ata o Himalaia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de masa que equivale á milésima parte dun gramo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
milgrandeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que realizaba mimos na literatura clásica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome da parte occidental de Xeorxia, entre o Cáucaso e o Rioni, que se estendía pola actual República Autónoma de Abhasia e as rexións de Kutaisi e de Poti.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Mingrelia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Mingrelia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo mingreliano.
-
Individuo do pobo mingreliano.
-
Pobo caucásico, establecido en Xeorxia, na rexión que lle dá nome, que corresponde en parte a antiga Cólquida.
-
-
Lingua kartveliana do phylum caucásico, de características moi semellantes ao xeorxiano, que fala o pobo mingreliano.
-
-
-
Parte da anatomía que describe os músculos.
-
Rexistro gráfico das contraccións musculares que se realiza co uso do miógrafo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á miografía ou ao miógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato gravador que rexistra as contraccións musculares e as amplía para facilitar o estudo da súa forma, da súa intensidade e da súa duración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico das contraccións musculares que se obteñen co miógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Guia de Peregrinos