"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Relativo ou pertencente ao orfeón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que forma parte dun orfeón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1968 por Arabia Saudí, Kuwait e Libia para conseguir a cooperación petroleira entre os estados membros e as melloras técnicas e económicas na explotación e comercialización do seu petróleo. Despois do golpe de estado de Moammar al-Gaddafi en Libia, e a entrada de Alxeria e Iraq, a organización mostrouse como un instrumento de presión, tanto económica como política, cara aos países consumidores de petróleo e as empresas multinacionais do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado en 1961 para unificar as políticas petroleiras dos países membros e determinar as accións máis axeitadas para protexer os seus intereses individual e colectivamente. Despois da Conferencia de Teherán de 1971 e a Guerra Árabe-israelí de 1973, os países da OPEP aproveitaron a forte dependencia e vulnerabilidade enerxética mundial respecto do seu petróleo para formar un cártel de presión económica e política, elevando fortemente os prezos do petróleo e aumentando a súa capacidade de negociación con outros países e coas empresas multinacionais petroleiras. A partir da década de 1980, como consecuencia da crise económica que fixo diminuír a demanda de petróleo dos países industrializados e a descuberta de novos xacementos de petróleo, minguou notablemente o seu control sobre o mercado de hidrocarburos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización da ONU que se dedica ao campo da meteoroloxía. En 1951 substituíu o IMO (International Meteorological Organization) e ten a sede permanente en Xenebra. Os obxectivos desta organización son facilitar a cooperación entre os diferentes países (ten 152 membros) no establecemento dunha rede de estacións meteorolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. oz do burro. Na tradición oral recóllense expresións como: “Orneos de burro non chegan ao ceo”.

    2. Feito de chorar queixándose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista ucraíno. Naturalizado estadounidense, debutou en Nova York en 1911. Destacou polo seu radicalismo e a introdución de novas técnicas musicais. Desde 1935 dedicouse exclusivamente á composición de obras como Lysistrata Suite (1933), 20 Waltzes (1955-1968) e Tarantella (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás orobancáceas.

    2. Planta da familia das orobancáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, da orde das escrofulariais, que son parasitas de raíces, carecen de clorofila e presentan follas escamosas e alternas, flores pentámeras, de corola tubulosa e máis ou menos bilabiada, agrupadas en espigas ou acios, e froitos en cápsula loculicida. A maioría son propias do hemisferio norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á alta montaña mediterránea.

    2. Alta montaña mediterránea, de clima frío no inverno e relativamente seco no verán. Comprende as altas montañas de Andalucía e as do N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás orquidáceas.

    2. Planta da familia das orquidáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das orquidais, constituída por plantas herbáceas perennes -ás veces lianoides-, terrícolas, saprofíticas ou epifíticas, a miúdo bulbosas e sempre micorrícicas. É unha familia que comprende unhas 18.000 especies presentes en todo o mundo, pero sobre todo nas zonas cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De nome Eric Arthur Blair, estivo en desacordo coa política colonial británica, polo que dimitiu do seu cargo de funcionario policial en Burma (1922-1927) e dedicouse á literatura e ao xornalismo. Nas obras autobiográficas Down and Out in Paris and London (1933) e Burmese Days (1934) xa mostraba unha actitude de esquerdas e reaccionaria. En 1936 participou na Guerra Civil Española no lado do POUM, experiencia que recolleu no libro Homage to Catolonia (1938). A súa obra máis destacada é a alegoría política Animal Farm (1945), e do resto da súa produción cómpre salientar The Road to Wigan Pier (1937), Inside the Whale (1940), The Lion and the Unicorn (1941) e Nineteen Eighty-four (1949), unha visión futurista do totalitarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás oscilospiráceas.

    2. Bacteria da antiga familia das oscilospiráceas.

    3. Antiga familia de bacterias Gram-negativas, filamentosas, multisegmentadas e ríxidas, que se atopan no intestino cego de animais superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao óso.

    2. Que presenta características de óso.

    3. Que está constituído por ósos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás osmundáceas.

    2. Planta da familia das osmundáceas.

    3. Familia de fentos, da orde das osmundais, que está integrada por fentos homósporos con esporanxios sen anel e non dispostos en soros. Son propias das rexión cálidas e temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade das articulacións e dos ósos que as forman.

    2. Osteoartropatía que afecta principalmente á cadeira e aos músculos dos mergulladores sometidos a bruscas descompresións.

    3. Osteoartropatía que se caracteriza pola inflamación do periósteo, sobre todo o dos ósos das extremidades, con formación de óso novo, artrite e hipocratismo dixital (dedos en forma de baqueta de tambor e uñas en forma de vidro de reloxo). Dáse especialmente en enfermidades de pulmón e en malformacións cardíacas conxénitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma nova da célula ósea responsable da formación e a calcificación da substancia intercelular dos ósos. De orixe mesenquimática, atópase no tecido conxuntivo e no cartilaxinoso no proceso de osificación. Está adaptado a unha grande actividade metabólica e ten capacidade de formación de fosfatases alcalinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor óseo, de carácter benigno, que se considera unha forma xigante de osteoma osteoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cans fósiles, da familia dos cánidos, que presentaban dentes cónicos e robustos. Eran escavadores e alimentábanse de prea. Viviron durante o Mioceno tardío e extinguíronse durante o Plistoceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao óso e á cartilaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO