"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Ave negra, insectívora, coa cola longa e o bico groso, de costumes gregarios: viven en sociedades, as femias poñen os ovos nun niño común e chócanos entre todos. É propia de América Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do Languedoc, Occitania, no departamento francés de Erau, á esquerda do río Erau. Neste lugar, no 782, Vítiza fundou un mosteiro que tomou o nome de Bieito ( Bieito de Aniana), fillo do conde de Magalona. A protección que obtivo de Carlomagno e dalgúns nobres da rexión convérteno nun dos centros relixiosos e culturais máis importantes de Aquitania. O mosteiro foi suprimido en 1790.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Referido á cultura prehistórica do Paleolítico Inferior de Myanmar, con extensións cara a Tailandia, Indochina e o sur da China. É unha industria de núcleos monofaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín Hánnibal (xenit Hanníbalis) e este do púnico Hann-i-Ba’al ‘gracia ou favor de Baal’, composto de hann ‘gracia, favor’ e Ba’al ‘deus supremo dos fenicios e cartaxineses’. O primeiro elemento está relacionado co semítico hânan ‘axudar, ter misericordia’ (que deu orixe ao antropónimo Ana) e o segundo significa ‘señor’. É o epíteto de moitos dos deuses semíticos e tamén a personificación dunha divindade con culto en Cartago. En Galicia houbo un tempo no que os santos levaban o “don” antes do seu nome; así, por exemplo, dicíase don Pedro no canto de san Pedro. Unha pegada desta antiga tradición pode verse cando se fala do señor Santiago. A sona histórica deste nome débese sobre todo a Aníbal, líder cartaxinés que encarna as calidades físicas, intelectuais e morais habituais dos grandes xefes militares. De feito, púxose de moda no Renacemento debido ao gusto por recuperar cousas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar cartaxinés, un dos máis famosos da Antigüidade. Fillo de Amílcar Barca, a quen acompañou cando tiña nove anos, na expedición dos cartaxineses á Península Ibérica, onde pasou a súa mocidade. Segundo a lenda, xurou odio eterno aos romanos e casou cunha indíxena. Cando no 222 a C Asdrúbal morreu asasinado, tomou o mando do exército cartaxinés, que entón dominaba a parte meridional e sudoriental da Península Ibérica. A partir do 219 e durante anos, a biografía de Aníbal confundiuse coa Segunda Guerra Púnica, que provocou co ataque a Sagunto. Despois organizou unha expedición a Italia a través dos Pireneos e dos Alpes. Malia as grandes vitorias sobre o exército romano quedou inmobilizado en Italia. Desembarcado o exército romano cerca de Cartago, tivo que ir socorrer a súa metrópole no 203. Vencido en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A partir da época de Augusto, esténdese como tema común entre os autores latinos a loanza da mestría no traballo técnico do ferro dos galaicos; Silio Itálico atribúelles a forxa do escudo de Aníbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor vasco. Pertenceu á orde franciscana. Está considerado como un dos iniciadores do renacemento literario de Euskadi e realizou sobre todo libros de carácter relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agocharse, poñéndose en crequenas co gallo de dar calor, para esconderse, etc.

    2. Sentir debilidade ou enfraquecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino procedente do grego Aníketos ( ἀ νίκητος) ‘invito, invencible’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa de orixe siria (154-165). Co seu compatriota san Policarpo, fixou a data da festa de Pascua. Segundo algunhas crónicas, morreu mártir en tempos de Marco Aurelio. A súa festividade celébrase o 17 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que carece de decoración figurada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falto de ictericia.

    2. Hepatite que non vai acompañada de ictericia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suspensión temporal de todo proceso pensante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anido de Solloso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Castro de Anido, no concello de Cabana de Bergantiños. Unha rama desta caste pasou á Habana. As súas armas son as mesmas ca as dos Solloso, quen nun comezo tamén se chamaran Anido de Solloso: en campo de azul, un sol radiante de ouro cunha pomba da súa cor enriba e unha especie de niño, pendurado do seu bico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Foi presbítero e profesor de latín no Seminario de Santiago de Compostela. Interveu na polémica que no s XIX enfrontou os defensores da evolución cos da creación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Estableceuse en Vigo onde dirixiu o Hospital da Casa-Hospicio. No 1876, embarcouse cara a Montevideo onde exerceu a súa profesión ata 1882, momento no que se trasladou a Bos Aires. Coa idea de homenaxear a Rosalía de Castro, organizou no 1897 un acto literario e musical. En 1899, empezou a organizar tertulias na súa casa onde se reunían os intelectuais galegos de Bos Aires. Colaborou como articulista no Almanaque Gallego e foi presidente da Asociación Patriótica Española (1900-1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente revolucionario napolitano máis coñecido como Masaniello. De familia menestral, era vendedor de peixe. Hábil, pero de carácter violento, estivera na prisión do almirantado, onde conseguiu pórse en contacto cos burgueses que máis tarde mantiveron a súa revolta. O establecemento dun imposto sobre as froitas, entre xuño e xullo de 1647, provocou unha verdadeira revolta que deu o poder municipal a Masaniello. Unha vez no poder organizou a milicia cidadá revolucionaria e refixo a administración local. A represión que iniciou contra a nobreza e antigos partidarios seus, así como a súa vida, ostentosamente luxosa, motivou que fose asasinado polos seus inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Italia central (100 Km). Nace ao pé do monte Tarino, nos Apeninos, forma un cadoiro de 108 m de altura preto da cidade de Tívoli e desemboca ao N de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto do xénero Indigofera, que pertence á familia das fabáceas, propio de países tropicais, de follas imparipinnadas e inflorescencias axilares en acios. Dalgunhas especies (I. tinctorina, I. suffruticosa, etc) extráese a substancia colorante coñecida co mesmo nome.

    2. Substancia colorante de cor azul, xa coñecida polos exipcios, que orixinariamente se obtiña mediante a hidrólise e a oxidación dun glucósido (indicano) extraído de distintas plantas do xénero Indigofera. Foi sintetizada por Bayer no 1882.

    3. A cor oscura da substancia do mesmo nome.

    4. Cor pertencente ao espectro solar que se sitúa entre o azul e o violeta.

    VER O DETALLE DO TERMO