"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Gospodar de Valaquia (1386-1418), fillo de Radu I. Estivo en loita constante contra os turcos e perdeu parte da súa independencia cando Mehmet I ocupou a Dobruxa e o someteu a tributos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición ou explicación dos mitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mitografía ou aos mitógrafos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que describe, explica ou compón mitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Ordenouse en 1914 e foi bispo auxiliar do cardeal Isidro Gomà en Toledo (1936), onde restaurou o culto mozárabe. En 1964 foi nomeado bispo de Barcelona cando esta diocese adquiriu esta nova condición. En 1967 dimitiu e retirouse a un convento de monxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa, expresada en gramos, dun mol de moléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Foi cóengo e xuíz do Fuero (1550) en Mondoñedo. Da súa produción destaca Descripción del Reino de Galicia y de las cosas notables en él (1550), dividido en cinco partes que recollen datos xeográficos, históricos, artísticos, ditos populares, tradicións e lendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama que ten por obxecto poñer de manifesto as propiedades enerxéticas do vapor de auga (ou doutro fluído) e, concretamente, amosar a relación xeral entre a presión, a temperatura, a entalpía e a entropía deste vapor. Consiste nun sistema de coordenadas cartesianas, coa entropía no eixe de abscisas e a entalpía no de ordenadas, sobre o que se representan as isóbaras e isotermas. O diagrama está dividido en dúas zonas por unha curva de saturación: a zona de vapor saturado, que está situada na parte inferior da curva, e a de vapor sobrequentado, situada na parte superior. O diagrama de Mollier ten considerables aplicacións industriais. OBS: Tamén se denomina diagrama entálpico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo alcanzado o 25 de outubro de 1977, e aprobado polo Parlamento o día 27 do mesmo mes, polos partidos políticos de España, salvo Alianza Popular, para consolidar a transición democrática e dar impulso á modernización económica do país. Reuníronse no palacio de La Moncloa o presidente, os membros do goberno e os representantes dos grupos parlamentarios do Congreso de los Diputados. Despois do diagnóstico da situación económica do país, calificada como grave, decidiron establecer unha serie de medidas monetarias, financeiras e de emprego, que permitiron restablecer o equilibrio na economía española con actuacións a curto plazo, como a diminución da inflación, a redución do paro e a mellora da situación da balanza de pagamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor. Deseñou a capela do Santísimo da catedral de Toledo (1610), de influencia herreriana, e traballou como escultor no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural do L de Aragón, situado no centro da depresión do Ebro, que se estende entre os ríos Gállego, Alcanadre, Cinca e Ebro. Está constituído por unha vasta chaira (2.764 km2) moi árida, formada por solos de arxilas, e accidentada no centro pola serra de Alcubierre. A sequidade (250 a 300 mm de precipitacións anuais) é unha das súas principais características e, como consecuencia da aridez, dá lugar a unha vexetación de matos, de romeu e tomiño, e de ermos, con herbas anuais que permiten a aparición dun elevado número de invertebrados (4.000 especies). É frecuente o endorreísmo. A agricultura baséase no monocultivo de cereais e a gandaría lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro de bonecos creada por Marcelino de Santiago, Kukas, e Isabel Rei en 1979. Desenvolveu un amplo labor de difusión do mundo do teatro de obxectos, con edición de materiais, cursos, exposicións e outras iniciativas, ademais do seu traballo de realización teatral. Destacan os seus espectáculos Barriga verde (1980), A Don Esmirriau non lle gusta o bacallau (1981), Ruada do Apóstolo Santiago (1983), A rúa das balconadas (1990), Historias dun papel (1991), Don Gaiferos (1992), A culpa foi de Mozart (1995) e Cucarandainas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo que se efectúa sobre un aspecto concreto de calquera disciplina humanística ou científica xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á monografía.

    2. Que ou o que trata dun aspecto concreto de calquera disciplina humanística ou científica xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autor de monografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debuxo formado por dúas ou máis letras enlazadas que representan un nome ou unha parte dun nome. O seu uso remóntase a épocas moi antigas e en Roma apareceron con moita frecuencia en inscricións sepulcrais. No cristianismo divulgouse o monograma do crismón, que representaba a Xesús Cristo. Na Idade Media utilizáronse os selos persoais que substituían a sinatura autógrafa nos documentos soberanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un monograma.

    2. Aplícase ao debuxo ou representación que constitúe un monograma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación da Milagrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto arqueolóxico situado en Domaio (Moaña). Escavouse entre 1925 e 1926, e nel apareceron varias casas redondas e ovadas e unha especie de fogar rectangular de paredes moi longas. Na parte máis elevada do terreo tamén se atoparon varios gravados rupestres. Aínda que se considera a súa data de época neolítica, algúns materiais atopados, como fíbulas ou moedas, probaron suficientemente a súa romanización. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO