"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de jazz estadounidense fundado en 1951, composto por John Lewis (piano e director), Milt Jackson (vibráfono), Percy Heath (baixo) e Kenny Clarke (batería) a quen substituíu Connie Kay en 1955. O seu estilo vinculouse co bop, moi de moda na época. Disolveuse en 1974, pero retomou a actividade en 1980.
-
PERSOEIRO
Historiador da literatura. Catedrático de Lingua e Literatura catalanas na Universitat Autònoma de Barcelona (1971-1982), e desde 1982 na Universitat de Barcelona, seguiu unha metodoloxía de tipo marxista nos seus traballos, tal e como se reflicte en Poesia catalá del segle XX (1963), en colaboración con Josep M. Castellet. Escribiu tamén Literatura catalá d avantguarda, 1916-1983 (1983) e Obra crítica I (1995, Premi Lletra d Or). Recibiu o Premi d Honor de les Lletres Catalanes (1998) polo seu labor como crítico da literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro gran mestre do Temple. Rexeitou o intento do Papa Gregorio X de fusionar as ordes dos templarios e dos hospitalarios e acudiu á VIII Cruzada. Cando estaba organizando en Francia unha nova cruzada tivo que defender a orde fronte ás acusacións de corrupción de Filipe IV, quen pretendía os abundantes recursos económicos dos templarios, e do Papa Clemente V, influído polos dominicanos. Detido (1307) por orde de Filipe IV de Francia, confesou baixo tortura (1309) os excesos dos que se acusaba os templarios. Malia retractarse das súas confesións anteriores, foi condenado á fogueira en marzo de 1314, no mesmo ano en que morreron o Rei Filipe IV e o Papa Clemente V.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido pesado de algodón cunha das caras lisa e brillante. Pódese empregar para pantalóns de home, para o estampado ou para fabricar imitacións de coiro.
-
PERSOEIRO
Químico mexicano. Estudou Ciencias Químicas na Universidad Nacional Autónoma de México e doutorouse en Química Física na Universidade de Berkeley (1972). Traballou como profesor e investigador nos centros Berkeley e Irvine da Universidade de California, no Jet Propulsion Laboratory, do Instituto de Tecnoloxía de California e no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. As súas investigacións centráronse fundamentalmente no estudo da capa de ozono e a relación que teñen os compostos de cloro (CFC) coa súa destrución. En 1995 recibiu, xunto con P. Crutzen e F. Sherwood Rowland, o Premio Nobel de Química polos seus estudos en química atmosférica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa obra, esencialmente poética, amosa diversas influencias, desde a surrealista de Lautreamont e Rimbaud ata a de L. Miéosz e Neruda, cunha gran reverencia pola luz e o mar unidos aos sentidos, provista de imaxes que crean un mundo propio de viaxes, erotismo e inconformismo. Das súas obras destacan Las cosas y el delirio (1941), Pasiones terrestres (1946), Costumbres errantes o la redondez de la tierra (1951), Amantes antípodas (1961), Los últimos soles (1980), El ala de la gaviota (1989) e Hacia una isla incierta (1992), así como a súa única novela Una sombra donde sueña Camila O’Gorman (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Autor cunha obra que se enmarca dentro do movemento ultraísta, con temáticas variadas que abarcan desde a paisaxe ata o amor e o relixioso, formou parte do grupo literario xurdido ao redor da revista Martín Fierro e mantivo unha estreita relación cos autores da Xeración do 27, en especial con F. Garía Lorca. Das súas obras destacan El imaginero (1927), Hostería de la rosa y el clavel (1933), Unida noche (1957), Una sombra antigua canta (1966), La escudilla (1973) e Las sombras del pájaro tostado (1975). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
monacato.
-
-
Forma de goberno en que o poder é exercido real ou nominalmente por unha soa persoa, rei, monarca ou soberano, e que se caracteriza pola falta de representación da colectividade. Pode ser absoluta, cando o poder supremo se concentra na persoa do monarca, e limitada ou constitucional cando, ademais do monarca, existen outras institucións soberanas en réxime de paridade. Na Antigüidade, nos imperios como o exipcio, o persa, o macedonio ou os reinos helenísticos, predominou a forma de monarquía absoluta. O Imperio Romano gobernárono durante séculos monarcas absolutos. En xeral, as monarquías europeas medievais foron absolutas, pero cando chegou o Renacemento e se constituíron os grandes estados modernos europeos, acentuouse máis aínda o absolutismo dos reis. Porén, no s XIX impuxéronse as monarquías constitucionais ou limitadas en Europa. Tras a Primeira Guerra Mundial moitas daquelas formas de estado foron substituídas por repúblicas. As monarquías que quedan son...
-
Estado que está rexido por un rei.
-
Época e tempo en que dura este réxime político nun país.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Ferrol a partir de 1886. Subtitulado “Diario político”, estivo dirixido por Faustino Salanova e Vicente Carnota Pérez. De tendencia monárquica e conservadora, estivo vinculado a Nicasio Pérez, e moitos dos seus colaboradores foron funcionarios ou oficiais da armada. Tivo unha segunda época a partir de 1897.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben diversas herexías cristiás que sostiñan a unidade de Deus en detrimento das tres persoas da Trindade. Xurdiu a finais do s II e está relacionada co modalismo e o adopcionismo.
-
-
Relativo ou pertencente ao monarquianismo.
-
Partidario do monarquianismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao monarca ou á monarquía.
-
Partidario da monarquía.
-
-
-
Calidade de monárquico.
-
Doutrina ou tendencia que propugna a monarquía como forma de goberno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en París a partir de 1987. De carácter mensual e editada polo grupo de Le Monde, analiza en profundidade as tendencias económicas, sociais, políticas, ideolóxicas e relixiosas que afectan ao mundo moderno, así como as relacións que se establecen entre distintos estados. Baixo a dirección de Ignaci Ramonet, conta cun nutrido grupo de xornalistas e expertos internacionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona da provincia de Cáceres, Extremadura, que abrangue unha superficie de 17.852 ha, delimitado por serras e sucado polos ríos Tajo e Tiétar. É unha das zonas de España máis representativas do bosque mediterráneo. A especie forestal máis abundante é a aciñeira. En canto á fauna, atópanse representados o lince e case todas as aves de rapina europeas, destacando o voitre negro e a aguia imperial.
-
-
-
Figuriña de cartón, madeira ou outro material, articulada por unha persoa mediante uns fíos.
-
teatro de monicreques
Xénero teatral que se caracteriza pola substitución do actor por bonecos de dúas tipoloxías básicas, os que se moven con fíos e os monicreques de luva. Ten a súa orixe nos traballos de Laurent Mourguet (1769-1844), que o fixo moi popular primeiro en Lyon e despois en toda Francia. En Galicia destacan diferentes compañías dedicadas a este xénero, como o Grupo de teatro Monicreques, Títeres Cachirulo ou Títeres Trompicallo, e autores que fan obras especificamente para ser representadas deste xeito, como Miguel Vázquez Freire e Gloria Sánchez.
-
-
Debuxo feito dunha maneira esquemática e simple ou cun certo aspecto grotesco ou caricaturesco.
-
Persoa sen criterios propios que se deixa influír facilmente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro de bonecos creada por Marcelino de Santiago, Kukas, e Isabel Rei en 1979. Desenvolveu un amplo labor de difusión do mundo do teatro de obxectos, con edición de materiais, cursos, exposicións e outras iniciativas, ademais do seu traballo de realización teatral. Destacan os seus espectáculos Barriga verde (1980), A Don Esmirriau non lle gusta o bacallau (1981), Ruada do Apóstolo Santiago (1983), A rúa das balconadas (1990), Historias dun papel (1991), Don Gaiferos (1992), A culpa foi de Mozart (1995) e Cucarandainas (1999).
-
VER O DETALLE DO TERMO
James Scott.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao motor que presenta todos os seus cilindros formando parte dunha mesma peza ou bloque.