"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Confirmar unha lei, un acto, un uso ou un costume mediante unha sanción.
-
Impoñer unha sanción a alguén que infrinxiu unha lei ou regulamento.
-
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Formouse na Universidad de Alcalá, en Sigüenza e Valladolid. Foi bispo de Ourense (1578-1587) e arcebispo de Santiago de Compostela (1587-1602). Na sé compostelá fundou a residencia das Orfas, escolas de ensino primario, unha cátedra de teoloxía moral no colexio dos xesuítas e un colexio de teoloxía. Realizou diversas obras na cidade como a urbanización da praza do Paraíso (hoxe praza da Acibechería). Ao redor de 1600 reorganizou o Tribunal da Inquisición. Por mor da invasión de F. Drake, escondeu as reliquias da catedral compostelá nun lugar que non foi atopado ata 1879.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sombreiro de palla do traxe tradicional feminino de faena que se emprega para protexerse do sol e da chuvia durante o traballo. Documentado xa no s XVI, toma o nome do seu lugar de orixe, a parroquia de San Cosme de Outeiro (Outes), na comarca de Noia, aínda que o seu uso se estende polas comarcas limítrofes (Muros, A Barcala, Santiago de Compostela). Está feito de palla de centeo trenzada de á ancha, copa baixa e pequena e unha tira de tea negra que rodea a parte cilíndrica. Na parte traseira caen sobre a á dúas tiras da mesma tea que rematan en dúas puntas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que está ao cargo dunha sancristía, das cousas necesarias para o culto e do coidado dunha igrexa. Nos antigos mosteiros, colexiados e cóengos constituía un oficio que dispuña dun lote de bens, cousa que o converteu a miúdo nun pequeno magnate nas grandes comunidades. Nas parroquias grandes era un clérigo ou beneficiado e nas rurais pequenas un cabeza de familia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oficio de sancristán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Local anexo nas igrexas, xeralmente tocando ao presbiterio, onde son custodiados os ornamentos e os vasos sagrados e onde se visten os sacerdotes e ministros sagrados para as funcións litúrxicas. Deriva da prótese e do diacónicon das primitivas igrexas cristiás, e foi adquirindo maior importancia, sobre todo na época do Renacemento e do Barroco. Na maioría dos casos trátase dunha sala rectangular, rodeada de cómodas e armarios de grandes dimensións, decorada con cadros, frescos e mosaicos.
-
-
Parte máis interna e sagrada do tabernáculo e do templo de Xerusalén. De forma cúbica, correspondía á cela dos templos exipcios e babilónicos. Alí gardábase a arca da alianza e só podía entrar nela o gran sacerdote unha vez ao ano, o día da expiación. OBS: Tamén se denomina santuario ou santo dos santos.
-
Capela privada dos papas no antigo palacio de Letrán, á cal se subía, desde a reforma de D. Fontana, pola chamada scala santa, identificada pola tradición como a escalinata do pretorio de Pilatos.
-
Lugar secreto e reservado ao que só teñen acceso uns cantos iniciados ou privilexiados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte anterior do tabernáculo dos templos xudeus, sobre todo do templo de Salomón en Xerusalén, que estaba separada do sancta sanctorum por un veo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Cuba (6.744 km2; 457.921 h [estim 1998]). A súa capital é Sancti Spíritus (102.262 h [1999]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo convento franciscano situado en Melide. Consérvase a igrexa, construída no s XIV en estilo oxival e con reformas posteriores. Ten planta de cruz latina cunha soa nave cuberta con bóveda de canón e capelas laterais, e ábsida cadrada. O arco triunfal é apuntado. No exterior destaca a torre, formada por un corpo de campás e unha cúpula. A portada principal é arquitrabada, sobre ela sitúase unha fornela coa imaxe de san Francisco e sobre esta unha ventá, o conxunto remata nun frontón circular partido. No muro norte consévase unha portada de arquivoltas tóricas apoiadas sobre columnas acobadeladas e que carece de tímpano.
-
PERSOEIRO
Crítico literario e político. Foi un dos principais seguidores do movemento revolucionario liberal que gobernou en Nápoles en 1848, e que coa súa derrota ao ano seguinte fixo que fose xulgado e encarcerado. Foi ministro de Educación durante un breve período. Das súas obras destacan Storia della letteratura italiana (1870-1871), La scienza e la vita (1872) e Il darwinismo nell’arte (1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Himno de loanza, de orixe bíblica, que pecha o prefacio da misa e que comeza coa tripla aclamación sanctus, sanctus, sanctus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Armandine-Aurore-Lucie Dupin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sandable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode sandar.
-
PERSOEIRO
Astrofísico estadounidense. Desde 1952 traballou nos observatorios Wilson e Palomar. Fixo a primeira identificación óptica dun quásar (1960) e determinou, con G. Tammann, un novo valor da constante de Hubble, que dá a relación entre a velocidade radial dunha galaxia e a súa distancia á Terra, segundo a lei de Hubble.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado lixeiro que se compón dunha ou varias tiras de coiro ou doutro material, que o suxeitan ao pé.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore indíxena de Asia tropical, de follas amplamente lanceoladas e de inflorescencias paniculiformes. A súa madeira emprégase en ebanistaría fina, e del extráese un aceite esencial que se utiliza en perfumaría e farmacia.
-
-
Facer recobrar a saúde ou curar unha doenza ou unha ferida.
-
Recuperar a saúde, curar dunha enfermidade ou dunha lesión.
-