"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fenómenos de glaciarismo que acontecen, desde o Precámbrico, en diversos períodos da historia xeolóxica, chamados tamén glaciacións, durante os que o xeo polar invadía periodicamente a superficie dos continentes. Entre 1821 e 1835 Venetz e Charpentier probaron que anacos pertencentes a rochas exclusivas dos Alpes Centrais se atopaban amplamente diseminados polas chairas suízas, e deduciron que foran transportados por ampliacións anteriores dos actuais glaciares alpinos; aínda que esta teoría foi despois rebatida. Posteriomente, J.L.R. Agassiz demostrou a asociación entre os bloques transportados e o puído existente no leito rochoso, sobre o que o antigo glaciar estivera, e probou tamén que esa asociación non puido ser causada pola acción da auga. Agassiz atopou fenómenos similares aos das chairas suízas en Escocia, Irlanda e América do Norte, e demostrou que as glaciacións foron un fenómeno xeneralizado. En 1909, A. Penck e E. Brückner determinaron que as rexións alpinas europeas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de movementos do nivel mariño provocados pola fusión ou a solidificación da auga mariña, que predominaron durante o Plistoceno. O eustatismo glacial pódese confundir con determinados movementos tectónicos ou epiroxenéticos motivados por un reaxuste isostático; estes movementos son, normalmente, locais ou limítanse a certas rexións, mentres que os movementos eustáticos pódense estender ao longo de centos de quilómetros, con independencia de unidades tectónicas ou estratigráficas. A elevación do nivel mariño como consecuencia da fusión de todo o xeo existente estimouse en 40-60 m, polo que as liñas de costa situadas a máis altura hai que atribuílas a deformacións tectónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fluvioglaciar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia a formación e o comportamento do xeo e as diversas formas en que este se presenta na natureza (inlandsis, glaciares, icebergs, etc). O xeo está formado por numerosos cristais con estruturas moi complexas; a causa da presión, que é moi elevada en determinadas concentracións de xeo, experimenta un tipo determinado de metamorfismo que o fai altamente consistente, e o seu comportamento non se afasta moito do observado nalgúns tipos de rochas. Pódense ver distintas capas, correspondentes a diversos períodos climáticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disposición das glándulas secretoras.
-
-
Acción de globalizar.
-
Proceso cognoscitivo, propio da psicoloxía infantil, que consiste en percibir, dunha maneira complexa e xenérica, un conxunto e pasar, na seguinte fase, á análise dos compoñentes particulares. Emprégase o método global para o ensino da lectura e da escritura.
-
Intensificación da internacionalización da produción e dos intercambios, coa constitución dun mercado global. Esta tendencia á uniformización estivo facilitada polo progreso técnico, a internacionalización dos servicios e a homoxeneización das regulacións. A caída do Muro de Berlín desencadeou unha crecente mundialización dos enfoques políticos e incluso un desexo de internacionalización da xustiza. Paralelamente, xurdiu un movemento antiglobalización, de rexeitamento ao capitalismo e ao modelo neoliberal, que acusa o sistema de inxusto e amoral, e leva a cabo numerosas campañas e accións de protesta paralelas ás grandes reunións económicas e políticas internacionais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación á que se somete unha aliaxe bifásica para que unha das fases apareza en forma redondeada dentro dunha matriz metálica. Coa globulización obténse un metal máis mecanizable, ao mesmo tempo que diminúe a dureza e aumenta a tenacidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de glorificar.
-
-
Acción de gobernar.
-
-
Territorio rexido por un gobernador.
-
División administrativa de Exipto e de Tunisia.
-
Demarcación administrativa dentro dun vicerreinado ou dunha capitanía xeneral baixo o mando dun gobernador na América hispánica.
-
-
Departamento ministerial do goberno español previsto na organización ministerial das Cortes de Cádiz, que estivo vixente durante o Trienio Constitucional. Quedou constituído desde 1836 pola administración provincial e municipal e para as cuestións de orde pública interior. En 1977 foi reconvertido e adoptou o nome de ministerio do Interior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial formado en xuño de 1998 para a xestión dun holding relacionado co mundo da comunicación. Presidido por Xavier Godó e dirixido por Carles Godó, en prensa escrita, o holding dispón dos diarios La Vanguardia e Mundo Deportivo, así como das revistas Vanguardia Dossier, Magazine, Què Fem?, Qué Más!, Escape, Interiores, Historia y Vida, La Revista dels Súpers, Club e Guia del Treball. Dentro do ámbito radiofónico, xestiona unha cadea de radiofórmula (RAC 105) e unha convencional (RAC 1), dispón do 50% de Antena 3 Radio e participa cun 20% en Unión Radio. Ademais, posúe unha licenza de radio dixital en España. En Internet está presente con La Vanguardia Digital, Mundo Deportivo On-line, Los Clasificados.com, e no proxecto Viápolis, entre outros. No campo da produción audiovisual conta con GDA, e desde o 23 de abril de 2001 coa canle local Citytv. No eido da publicidade dirixe Publipress. Ademais do seu mecenado en actos culturais,...
-
GALICIA
Industrial. Traballador do sector da distribución de bebidas, fundou a empresa Disgobe SA. Expandiu os seus negocios á produción de augas embotelladas coa adquisición en 1998 de Fontecelta. Posteriormente, introduciuse na viticultura e o 25 de setembro de 2002 inaugurou as súas propias adegas en Doade (Sober), Bodegas Regina Viarum, adscritas á denominación de orixe Ribeira Sacra. Membro do consello de administración do Real Club Celta de Vigo desde a súa conversión en sociedade anónima deportiva, o 26 de xullo de 1995 accedeu á presidencia da entidade. Durante o seu mandato o equipo vigués acadou un subcampionato da Copa do Rei (2001), cinco participacións consecutivas na Copa da UEFA (1998-2002), unha delas despois de proclamarse campión da Copa Intertoto (2000) e a primeira clasificación da historia do club para a Liga de Campións (2003). Tralas eleccións locais de 1999, ás que concorreu no segundo posto da candidatura presentada polo Partido Popular, resultou elixido concelleiro da...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano galego. Residiu nos conventos de Melide e A Graña antes de exercer como definidor e profesor de teoloxía en León (1743). Foi autor de Cultivo racional. Diálogo entre curioso y desengaño en que con nuevo modo de erudición filosófica y doctrina sutil o escotística [...] (1743).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escultor. Coñecido como Pacios, foi debuxante no Servicio Topográfico Español e profesor na Escola de Artes e Oficios de Lugo. A súa obra pasou por unha etapa impresionista e outra cubista. Cultivou o óleo e a acuarela e os temas tradicionais. Realizou un mural para a sede de Caixa Galicia en Lugo (1971) e outro para o Centro Galego de Zaragoza (1979). Realizou exposicións individuais en Lugo, A Coruña e Madrid, e participou na I Bienal Nacional de Pontevedra (1971) e na II Bienal Rexional de Pontevedra (1972). A súa obra está no Museo Provincial de Lugo, no Museo de Pontevedra, no Museo de la Casa de Goya en Fuendetodos, no Museo de Grabado de Bos Aires e na Fundación Torot de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Durango, México, situada no suburbio de Torreón, na beira do río Nazas (164.092 h [1990]). Fundada en 1898, do seu patrimonio cultural destaca a facenda de Santa Rosa (1863), ao redor da que se desenvolveu a cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Acadou moita sona como autor de sainetes, e chegou a desenvolver un subxénero coñecido como o sainete andaluz, aínda que tamén escribiu diversos dramas e traxedias. Na súa obra, na que recrea cunha mirada crítica a sociedade de Cádiz, destacan pezas como El café de Cádiz, La casa de vecindad, La inocente Dorotea ou El soldado fanfarrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña. Membro do PSOE desde 1977, foi tenente de alcalde da Coruña de 1980 a 1982, e director xeral de Ordenación Pesqueira e Relacións Pesqueiras Internacionais do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación entre 1982 e 1985. Parlamentario galego na II e III lexislaturas (1985-1993) polo PSOE e senador pola Comunidade Autónoma de Galicia desde a III á VI lexislaturas (1986-2000), ostentou a presidencia da Xunta de Galicia entre 1987-1990. Foi membro das Asambleas Parlamentarias do Consello de Europa, da Unión Europea Occidental e da Internacional Parlamentaria. É autor de Estrutura Económica de Galicia (1992), Os desafíos económicos de Galicia (1996), Galicia, un camiño aberto á renovación (1997), e entre os seus textos sobre temática pesqueira destacan Estrutura da pesca costeira galega (1977),...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Conxunto de cousas que adornan ou complementan algo.
-
Conxunto de legumes ou hortalizas que acompañan a un prato de carne ou peixe.
-
-
-
Elemento que protexe ou recobre algo.
-
Revestimento co que se cobren as paredes ou os muros dunha construción.
-
Defensa que se puña ao redor da empuñadura dos sabres, espadas e dagas, para preservar a man dos golpes do contrario.
-
-
Engaste no que se engarzan as pedras preciosas.
-
Tropas acuarteladas nunha poboación ou praza forte para a súa defensa.
-
Conxunto de correaxes que se lle poñen ás cabalerías para montalas, cargalas ou tirar dunha carruaxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai ou vende gornicións para cabalerías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea que se caracteriza por presentar flores brancas ou amarelas en forma de funil e froitos en cápsula. É irritante, ten un cheiro nauseabundo e empregouse como emética.
-
-
Que resulta agradable ou atractivo.
-
Que ten graza e humor.
-
Que concede ou outorga unha gracia.
-
Aplícase ao tratamento inherente e honorífico que se lles dá aos reis de Inglaterra.
-
-
Personaxe prototípico de carácter cómico do teatro castelán do Siglo de Oro.
-
Actor que facía este papel.
-
-