"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • PERSOEIRO

    Poeta francés, señor de Saint-Amant. De nome Marc-Antoine Girard, escribiu, entre outros, os poemas Les “goinfre” e “Le melon”, con influencias de Rabelais, e o poema satírico “Rome ridicule” (1643).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. En 1776 ingresou no rexemento de gardas valóns de Carlos III. Durante a Guerra da Independencia (1808-1814), dirixiu a expedición que liberou Zaragoza (1808). Volveu á Península Ibérica en 1814 e foi capitán xeneral de Galicia, València e Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e filóloga. Catedrática de Lingua e Literatura Española e inspectora de Educación, foi directora xeral de Ensino Medio e conselleira de Educación da Xunta de Galicia. Foi senadora (1986-1989) e desde 1989 deputada no Congreso de los Diputados polo PP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Rairiz de Veiga. A capela realizouse en 1721 e reformouse con posterioridade. No interior destaca o retablo maior, obra de Xerónimo Domínguez (s XVIII), coa imaxe de san Sebastián. O 24 de setembro ten lugar unha romaría en honor da Virxe e na que se celebra o encontro entre mouros e cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e político. Desde 1991 foi profesor de estrutura económica na Universidade da Coruña. Secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia (desde 2005), foi cronista do Congreso de los Diputados (1976-1980), deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia (1989-1994), conselleiro de Economía e Facenda (1987-1990) e secretario xeral da Fundación Galicia-Europa (1988-1990). O seu labor xornalístico desenvolveuse fundamental- mente en Mundo Obrero, La Voz de Galicia -redactor e xefe da sección de Economía (1981-1987) e fundador e coordinador dos suplementos “Economía y consumo” e “Europa”- e en El Progreso, que dirixiu entre 1994 e 2000. Ademais foi delegado da Corporación Voz de Galicia en Lugo. Publicou El Estatuto de Galicia (1976), Cuadernos Galicia-CEE. Sector lácteo (1986), en colaboración con Xaime García e Xosé Colino, Lorenzo Varela: crónica dunha vida atormentada (1995) e Jalisco (2001). Recibiu o Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Barcelona 11.7.1916) Escritora. Coñecida como María Ecín, escribiu novelas cunha forte pegada relixiosa, aínda que con momentos satíricos. Destacan Carretera intermedia (1956), Adagio confidencial (1973), La gangrena (1976, Premio Planeta), El volumen de la ausencia (1983, Premio Ateneo de Sevilla), La danza de los salmones (1985, Premio Planeta), El secreto de las flores (1997), La voz del árbol (1998), Los clamores del silencio (2000) e El último laberinto (2004, Premio Fernando Lara). Recibiu a Gran Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no NO da provincia de Pontevedra e no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa comarca de Caldas (Catoira) e a ría de Arousa, ao S coa ría de Pontevedra e a comarca de Pontevedra (Poio), ao L, novamente coas comarcas de Caldas (Caldas de Reis e Portas) e Pontevedra (Barro e Poio) e ao O coa ría de Arousa e o Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 275,2 km2, en que acolle unha poboación de 103.825 h (2001), distribuída nos concellos de Cambados (23,4 km2; 13.385 h), O Grove (21,9 km2; 11.039 h), A Illa de Arousa (7 km2; 4.870 h), Meaño (27,8 km2; 5.426 h), Meis (52,4 km2; 5.017 h), Ribadumia (19,7 km2; 4.161 h), Sanxenxo (45,1 km2; 16.098 h), Vilagarcía de Arousa (44,2 km2; 33.496 h) e Vilanova de Arousa (33,7 km2; 10.333 h). Desde o punto de vista socioeconómico e funcional a comarca está formada pola aglomeración de subáreas funcionais sen que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feira de carácter internacional que se celebra anualmente desde 1981 en Barcelona para promover o coñecemento do cómic e que serve como foro para debater a súa situación. Conta coa participación de destacados ilustradores de todo o mundo e desenvolve un Taller de Còmic e unha Comiteca, dirixida aos máis pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Uzbekistán (362.300 h [1999]). A súa economía baséase nas construcións mecánicas e nas industrias química, téxtil e alimentaria. Capital da Sogdiana na época dos aqueménidas, foi conquistada por Alexandre o Grande (329? a C) e, co nome de Ìáñάêáíäá, formou parte do imperio seléucida e do Reino de Bactriana. Conquistada polos árabes na expansión de Qutayba ibn Muslim (709-712), durante a época dos samánidas (ss IX e X) foi un dos principais centros culturais do Islam, foco do renacemento literario persa. Despois das sucesivas dominacións qarakhánida, selxúcida (s XI) e karakitai (s XIII), Xenguis Khan devastouna en 1220 e deportou a poboación. Capital do Imperio Timúrida (finais do s XIV), converteuse no núcleo económico e comercial máis importante de Asia Central. O seu declive iniciouse baixo o dominio uzbeco, durante o cal a capital foi trasladada a Bukhara (s XVI). Entre 1924 e 1930 foi a capital de Uzbekistán. Do seu patrimonio cultural destacan,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Uzbekistán (16.400 km2; 2.322.000 h [estim 1993]). A súa capital é Samarcanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Debutou no teatro profesional en 1970 e no cine en 1977 da man de J. Chávarri no filme A un dios desconocido. Despois de triunfar no papel protagonista de Gary Cooper que está en los cielos (1980, Premio á mellor actriz no Festival de Moscova), de Pilar Miró, interpretou Extramuros (1985, Concha de Plata no Festival de Cine de Donostia), El pájaro de la felicidad (1993, Premio á mellor actriz no Festival de Cine de Bérgamo 1994), Sé quien eres (2000), Lugares comunes (2002, Premio Goya á mellor actriz 2003) e Reinas (2005). Presidenta da Real Academia de Cine español, foi galardoada co Premio Nacional de Cinematografía (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Baña baixo a advocación de san Cibrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Meda (Castroverde). O seu cumio acada os 685 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario outorgado por Isabel II en 1834, a título póstumo, a Manuel Freire de Andrade (Osuna 1765-1834). De orixe galega, foi coronel, participou na Guerra da Independencia e foi nomeado ministro de Guerra en 1814 pero non ocupou o cargo. Partidario de Isabel II, foi comandante en xefe da Guardia Real e capitán xeneral de Madrid. Sucedérono os seus fillos Manuel Freire de Andrade e Abad , II marqués de San Marcial, e José Freire de Andrade e Abad , III marqués de San Marcial. En 1872 suprimiuse o título. Trae por armas as mesmas ca as dos Freire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Abegondo situado na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que pertence ao sistema montañoso da serra de Vilanova, situado na parroquia de Bobadela (Celanova). O seu cumio acada os 621 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de San Miguel de Presqueiras, Ventoxo e A Madanela de Montes (Forcarei). O seu cumio acada os 674 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Bando (Santiago de Compostela), situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, a escasos quilómetros da capital galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (3.791 km2; 794.951 h [2002]). A súa capital é San Marcos (36.325 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO