"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa situada na carballeira de Santa Susana na Alameda de Santiago de Compostela. A súa orixe atópase nunha das primeiras igrexas que se erixiron na cidade, rexistrada no Códice Calixtino e situada ao pé do camiño xacobeo procedente de Padrón. Permaneceu baixo a advocación do Santo Sepulcro e de Todos os Santos ata que o arcebispo Xelmírez trouxo de Braga as reliquias de santa Susana. Reedificouse en 1105 e case non se conservan restos do templo románico. A igrexa é do s XVII e foi trazada por Juan Davila e realizada por Bieito González de Araújo. Pouco despois da súa construción reedificouna Francisco Antúnez. Ten unha única nave e ábsida e no s XIX engadíuselle o campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (2.090 h [2001]). Os cultivos localízanse no sector chairego preto da costa. A función turística experimentou unha forte expansión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Guarda (A Guarda). O seu cumio acada os 341 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de santa Tegra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento situado no monte Santa Tegra (A Guarda). Descubriuse durante a construción dunha pista forestal no monte en 1913. Foi escavado por Ignacio Calvo (1914-1924), Cayetano Mergelina Luna (1928-1933 e 1943-1944), Fernández Rodríguez en diversas campañas entre 1952 e 1972 e Antonio de la Peña Santos (1983-1988). Localízase a partir dos 200 m de altitude. Trátase dun poboado amurallado que non ten un sentido urbanístico xeométrico pois as vivendas, a maioría circulares e algunhas trapezoidais ou ovadas, aparecen agrupadas en barrios, posiblemente de carácter familiar, e só existen algunhas pequenas rúas que as separan. Moitas delas presentan vestíbulos e no interior teñen un banco corrido e un piar ou poste central que suxeitaba o teito de palla. A muralla, realizada en cachotaría, tiña como función principal delimitar o territorio e contaba con dúas entradas. Acadou o seu momento de maior esplendor entre os ss I a C e I d C, e a partir do s II iniciou un período de decadencia no que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra no monte Santa Tegra (A Guarda) o 23 de setembro en honor da santa. Os romeiros rezan e fan ofrendas florais no Vía Crucis e asisten ás tres misas rezadas e á misa maior, despois de que se saca a imaxe da santa en procesión. No mesmo monte celébranse tamén o xubileu de Santa María do Mar, o luns de Pentecoste, e o xubileu de Santo Estevo, o 26 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ía Crucis situado na subida ao monte Santa Tegra. As catorce estacións teñen forma de medallóns e son todas de bronce, obra de Julio Vicent Mengual. Comezouse a construír en 1923 e rematouse en 1940. Foi financiado polas familias máis ricas da Guarda. Paralelo a este Vía Crucis existe outro do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celebración que ten lugar no monte Santa Tegra (A Guarda). A súa orixe atópase nun suceso acontecido en 1355 cando a comarca padeceu unha seca e a peste durou sete anos. Segundo a tradición santa Tegra apareceulle a unha pastora e díxolle que era vontade de Deus que fixesen rogativas e penitencias na cima do monte para remediar estes males. Os abades dos mosteiros de Santa María de Oia e de Barrantes (Tomiño) acordaron que os eclesiásticos das sete parroquias da zona subisen ao monte en actitude penitencial e rendesen culto á santa. Uníronselle moitos fieis da comarca e o bispo de Tui Juan de Castro. Despois de día e medio de súplicas, chegou a choiva e os devotos, para agradecelo, fixeron voto perpetuo de restablecer a antiga Irmandade do Clamor, reanudando os antigos cultos a santa Tegra, subindo, só homes, ao monte o luns da Asunción, en xaxún de pan e auga e demais actos que mandaban as antigas constitucións. Desde 1973 celébrase o último sábado de agosto á tardiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa N da illa de Tenerife (10.803 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa Uxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Ribeira situada na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monfero baixo a advocación de santa Xiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Moraña baixo a advocación de santa Xusta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Iniciouse con contos que evocan a paisaxe da súa Transilvania natal. Nas súas novelas analizou o comportamento humano, condicionado pola moral e o poder. As súas creacións son fieis ao realismo. Destacan Farkasok a Küszöbön (Lobos no lintel, 1961) e Az ötödik pecsét (O quinto selo, 1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se garda a pólvora ou o armamento nos antigos barcos de guerra.

    2. Cámara situada sobre o lugar onde se gardaba a pólvora, que comunicaba con este e que servía de aloxamento ao capelán e aos condestables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, unha cruz floreteada de sable, cargada dunha estreita de goles. Outra trae, escudo cuartelado: 1 e 4, de ouro, cunha cruz floreteada de goles; 2, de goles, cun castelo de ouro; 3, de prata, cun león de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía (5.925 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura e a gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO