"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CAPITAIS
Capital administrativa de Chile e da rexión Metropolitana de Santiago (4.739.946 h [1999]), situada no centro do país, ao pé dos Andes, á beira do río Mapocho, a medio camiño entre o N e o S, preto do porto de Valparaíso. O núcleo histórico atópase situado sobre o outeiro de Santa Lucía, cuxo centro é a Plaza de Armas. Ao longo do s XX medrou espectacularmente con relación ao conxunto do país (300.000 h a primeiros de século). En 1540 Pedro de Valdivia fundou un forte á beira do río Mapocho, que en 1541 orixinou a cidade de Santiago del Estremo. As guerras araucanas fixeron difícil a súa existencia ata que a liña colonial non permaneceu estabilizada no río Bío Bío. Iso deulle un carácter de cidade medieval fortificada ata o s XVII. Destacou no s XVIII pola súa rede de comunicacións co resto do país e con Arxentina e polas súas melloras urbanísticas. Sede da capitanía xeneral, foi o escenario dos principais feitos independentistas. Ao comezo do s XX iniciou un proceso de industrialización...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (2.839 km2; 908.250 h [2002]). A súa capital é Santiago de los Caballeros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino, de orixe medieval, creado a partir do latín Sancte Jacobe, “Ou, San Xacobe!”, berro de carácter bélico popular durante a reconquista hispana. Presenta as variantes Iago e Xaime. Menéndez Pidal documenta xa no s XIII a forma Santi Yagüe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe galega que presenta escudo de campo azul, con tres frechas de ouro, colocadas dúas en aspa e a terceira cruzada, e, brochante sobre as frechas, unha cuncha de vieira de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1900. Cesou en xullo de 1902. Subtitulada “Revista literaria”, os seus primeiros números tiráronse os días 20, 22, 24, 26 e 28 de xullo. Estivo dirixida por Antonio Iglesias e contou con colaboracións dos máis relevantes escritores do momento. En 1901 editou cinco números e, en 1902, sacou os últimos baixo a dirección de Vítor Castro Rodríguez.
-
GALICIA
Autor teatral e xornalista. Coñecido co pseudónimo de Nito, traballou como xornalista na La Voz de Galicia e escribiu numerosos apropósitos de Entroido, comedias e zarzuelas. Entre as súas obras destacan Ai, que demo de Juanito (1940), Alfonsiño pan y fiestas (1951), Operación ferrete (1964) e La represa y el río.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribeira de Piquín baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiago de Compostela, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Santiago, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia, no centro-sur da provincia da Coruña, a 42° 52’ 50” de latitude N e 8° 32’ 03” de lonxitude O. Limita ao N con Val do Dubra (comarca de Santiago), Trazo (comarca de Ordes) e Oroso (comarca de Ordes), ao S con Ames, Teo, Vedra e Boqueixón (todos eles na comarca de Santiago), ao L co Pino (comarca de Arzúa) e ao O con Ames e Val do Dubra. Abrangue unha superficie de 220,6 km 2 cunha poboación de 93.712 h (2007) distribuída nas parroquias de Aríns, Bando, A Barciela, Busto, O Carballal, O Castiñeiriño, Cesar, Conxo, O Eixo, A Enfesta, Fecha, Figueiras, Grixoa, Laraño, Marantes, Marrozos, Nemenzo, A Peregrina, Sabugueira, San Caetano, San Lázaro, San Paio, Santa Cristina de Fecha, Santiago de Compostela, Sar, Verdía, Vidán, Villestro e Vista Alegre. A súa capital é Santiago de Compostela, que dista 64 km da capital provincial. Cabeceira de partido xudicial e capital da comunidade autónoma, está adscrito...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arcebispado de Santiago de Compostela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo de Raxoi.
-
ENTRADA LARGA
Catedral situada en Santiago de Compostela. O lugar para a súa construción determinouno o achado dos restos do Apóstolo Santiago polo bispo de Iria Teodemiro nun antigo mausoleo romano cara ao 829.
VER O DETALLE DO TERMO
As primeiras construcións
O Rei Afonso II mandou construír sobre o sepulcro do apóstolo unha igrexa, á que se lle deu a categoría de basílica episcopal, o baptisterio de San Xoán Bautista, un edificio exento e a residencia episcopal. Todas estas construcións configuraron o Locus Sanctus Beati Iacobi. Con esta basílica introduciuse a arte asturiana en Galicia. Realizada en cachotaría, suponse que tiña unha soa nave con cuberta de madeira e un pórtico exterior. Como cabeceira tiña o mausoleo apostólico. O bispo Sisnando I (880-920) renovou estes edificios e o Rei Afonso III inaugurou en 899 unha nova basílica de tres naves, separadas por piares rectangulares, a central de maior anchura. A cuberta era de madeira. No muro norte tiña pegado o baptisterio de San Xoán Bautista.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo de Xelmírez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Ames, Boqueixón, Santiago de Compostela, Teo e Vedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Martiño Pinario.
-