"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
-
Relativo ou pertencente ao N de África ou ao seus habitantes.
-
Natural ou habitante do N de África.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a América do Norte ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de América do Norte.
-
-
estadounidense.
-
-
-
Tomar unha embarcación rumbo cara ao norte.
-
Declinar a agulla náutica cara ao norte.
-
Soprar o vento do norte.
-
-
-
Relativo ou pertencente á subraza norteatlántida ou aos seus representantes.
-
Individuo da subraza norteatlántida.
-
Subraza que pertence á raza amerindia, de estatura elevada e tendencia á mesocefalia. Ocupaba a zona comprendida entre as Montañas Rochosas ata a costa atlántica. Comprende grupos étnicos como os síux, os mohicanos ou os cheyennes, actualmente case extintos.
-
-
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (192 km2; 155.200 h [estim 2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Monforte de Lemos, fundada en 1591 polo cardeal Rodrigo Fernández de Castro. O proxecto inicial foi obra do xesuíta Andrés Ruiz xunto con Veremundo Resta, pero desde 1593 dirixiu a súa construción Juan de Tolosa que modificou os planos iniciais. Este formouse con Juan de Herrera no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, o que explica a similitude entre ambas as dúas obras. Desde 1602 ata 1622, data de remate do complexo arquitectónico, dirixiu as obras Simón de Monasterio, autor das torres e do claustro. Trátase dunha construción monumental que se artella arredor da igrexa que ocupa o eixe central, e aos seus lados sitúanse as dúas ás edificadas, cada unha co seu patio. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, á que se abren catro capelas intercomunicadas por cada lado, que simulan naves laterais. As pilastras teñen o fuste estriado e sosteñen unha cornixa voada da que sae a bóveda de canón con casetóns que cobre a nave. No cruceiro a cúpula...
-
CAPITAIS
Capital do departamento francés de ultramar de Nova Caledonia, situada na costa SO da illa (76.293 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente literaria francesa, dentro do xénero novelístico, nacida arredor da década de 1960 e contraria ás formas tradicionais da novela. Caracterízase pola expresión detallada dos acontecementos narrados e pola esquematización dos personaxes, co obxectivo de reproducir a realidade sen xuízos apriorísticos do autor, co conseguinte abandono da análise psicolóxica das personaxes. Os membros desta corrente conciben o mundo como se o narrador fora un cineasta que se limitara a captar as imaxes que se lle presentan diante e onde as situacións surrealistas e inconsistentes nunca teñen explicación por parte do narrador. Tivo un soporte teórico en diversos artigos e en Pour un nouveau roman (1963) do principal impulsor desta corrente, Alain Robbe-Grillet. Outros expoñentes destacados foron Nathalie Sarraute, Marguerite Duras, Claude Simon ou Michael Butor. En Galicia, esta corrente literaria influíu decisivamente nos traballos desenvoltos polos escritores incluídos no movemento da Nova Narrativa.
-
PERSOEIRO
Poeta francés. Amigo de Rimbaud e de Verlaine, escribiu unha poesía lírica inxenua e sensual da que destacan Valentines (1886), Poésies d’Humilis (1910) e Doctrine de L’amour (1911). “Aux saints”, que escribiu mentres estaba internado nun sanatorio, é a máis destacada das súas poesías.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Cunha estética moi relacionada cos avances tecnolóxicos, realizou o centro cultural La Coupole de Combs-La-Ville (1987), o Institut du Monde Arabe de París (1987), o proxecto dun rañaceos cilíndrico en París de 340 m de altura (1989) e a remodelación da ópera de Lyon (1993). Nomeárono Chevalier de l’Ordre des Lettres et des Arts (1983) e foi membro honorífico do American Institute of Architects (1993) e do Royal Institute of British Architects (1995). Recibiu as medallas de ouro da Académie Française d’Architecture (1998) e do Royal Institute of British Architects (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Melanesia, situada no Océano Pacífico, ao N de Australia, e separada desta polo estreito de Torres (827.321 km2; 4 746 267 h [1990]). Repártese entre Indonesia e Papua Nova Guinea, estado independente desde 1975. Atravésaa un eixe montañoso formado pola gran cordilleira central, de 2.000 km de lonxitude e con grandes altitudes, que ao SL forma unha estreita península. Ao N da cordilleira ábrese unha ampla depresión que comprende a chaira dos vales e os lagos do Sepik, o Ramu e o Markham. Ao S da cordilleira central esténdese unha inmensa chaira aluvial, percorrida polos ríos Fly, Strickland e Kikori. Ten un clima ecuatorial, moi caloroso nas chairas. O bosque tropical húmido cobre a maior parte da chaira e as montañas, ata os 1.200 m. A máis altitude o bosque tropical húmido dá paso ao bosque de coníferas e prados. A maioría da poboación é melanesia: pigmeos nas montañas do interior, dedicados á caza e á recolección, e papús na costa, que practican unha agricultura de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral que crearon en 1996 no Carballiño a actriz Josi Lage e o actor Jouse García. O colectivo desenvolve un importante traballo de animación teatral en colexios e asociacións culturais da comarca do Carballiño. En 1997 presentaron o primeiro espectáculo Sobre o dano que fai o tabaco, que está baseado no texto de Antón Čekhov, e que o dirixiu Xesús Ron. Tamén estrearon Crimes anónimos (1999), sobre textos de Max Aub, con dirección de Roberto Cerdá, Rexurdimento. Coplas de cego (2000), con texto e dirección de Afonso Becerra, O porqué das cousas (2003), de Quim Monzó, e Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas (2004), de Rodrigo García, dirixidas ambas as dúas por Roberto Cerdá.
-
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo. En 1747 compuxo o seu primeiro espectáculo para a Opéra Comique. Foi primeiro bailarín e mestre de baile nos principais teatros de Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Austria e Italia. Publicou Lettres sur la danse et sur les ballets (1760).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Inicio dunha transformación de fase, solidificación ou recristalización a partir dun núcleo. A nucleación pode ser homoxénea ou heteroxénea, segundo que o núcleo sexa constituído ou non por átomos da mesma fase que hai que transformar.
-
Fase de formación, nun medio ben definido, de microorganismos que dan lugar a centros de desenvolvemento de nova estrutura tanto física como química.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten núcleo.
-
-
Relativo ou pertencente ao núcleo.
-
-
Relativo ou pertencente ao núcleo dos átomos.
-
física nuclear
Parte da física que estuda as propiedades e as reaccións que ocorren nos núcleos atómicos.
-
medicina nuclear
Medicina que emprega as substancias radioactivas para establecer diagnósticos, por medio de técnicas de imaxe, ou como tratamento, nos casos en que se quere destruír tecidos enfermos.
-
-
Relativo ou pertencente ao núcleo da célula.
-
Movemento pictórico xurdido en 1951 en Milán, de man de Enrico Baj, Sergio Dangelo e Gianni Bertini. Desenvolveuse como unha arte de vangarda, caracterizada pola importancia que outorgaba ao Universo subatómico e subhumano. Rexeitou a abstracción xeométrica, por considerala allea ao ser humano e optou pola abstracción informal. O recurso á enerxía como produto da era atómica levou a estes artistas á experimentación técnica, próxima á action painting, á frottage, á colaxe ou ao tachismo, que só nalgún deles se manifestou a través dunha obra figurativa. Dos seus representantes destacaron Gianni Colombo, Piero Manzoni ou Lucio Del Pezzo. As súas ideas recolléronse no Manifesto programmatico (1952), Contra lo stile (1957) e na revista Il Gesto (1955-1959). O grupo disolveuse en 1960.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substitución das fontes tradicionais de enerxía polas de orixe nuclear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que hidroliza parcialmente os ácidos nucleicos e os descompón en nucleótidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 16 de outubro de 1870. Subtitulado “Periódico republicano federal”, tratouse dunha publicación de tendencia federalista que saíu os días 1, 8, 16 e 24 de cada mes.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Madrid a partir de 1891. Cesou en 1893. Elaborada por Emilia Pardo Bazán, foi unha revista de periodicidade mensual en que a escritora recolleu contos, estudos literarios e feitos da actualidade política e social. Os seus contidos completábanse con notas sobre estreas teatrais e relacións de libros publicados. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La España Editorial.
VER O DETALLE DO TERMO