"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Pacto entre o Papa Calisto II e o Emperador Enrique V (1122) co que se puxo fin á Querela das Investiduras. O emperador renunciou á investidura polo anel e o báculo, pero conservou o dereito á investidura das regalías. O emperador concedeu a elección canónica e a libre consagración, aínda que a elección en Alemaña tiña que facerse na súa presenza ou na dos seus embaixadores. Os estados da Igrexa, que quedaban á marxe das decisións, fóronlle restituídos ao papa. Foi ratificado polos príncipes na Dieta de Bamberg (1122) e no primeiro Concilio de Letrán (1123).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira asemblea convocada por Carlos V en Worms en 1521. Alí Lutero recoñeceu as súas obras e negouse rotundamente á retractación que o emperador lle esixía. Carlos V obtivo a axuda dos príncipes contra Francisco I, e foi nomeado un consello de rexencia, presidido polo irmán de Carlos, Fernando, arquiduque de Austria, a quen lle foron asignados os dominios hereditarios dos Habsburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pioneiros da aviación estadounidenses. Wilbur Wright (Millville, Indiana 16.4.1867 - Dayton 30.5.1912) e Orville Wright (Dayton 19.8.1871 - 30.1.1948) construíron en 1900 un modelo de planador. En 1903 construíron un biplano provisto dun motor de 16 CV e con dúas hélices, co que en decembro dese mesmo ano, Orville efectuou o considerado primeiro voo mecánico -aínda que C. Ader efectuara varios voos entre 1890 e 1897- en Kitty Hawk (Carolina do Norte), de 266 m de percorrido e cunha duración de 59 s. En 1905 os dous irmáns voaron 39 km en circuíto pechado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última glaciación plistocénica das rexións alpinas europeas. Foi definida no val do río Würm, afluente do Danubio. É equivalente á glaciación do Vístula no norte de Europa e á do Wisconsin en América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Bispo de Württemberg (1933), foi o portavoz da oposición luterana ao nazismo. Organizou a Igrexa Evanxélica en Alemaña (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coloración amarelada da pel que aparece nalgúns casos de xantomatose. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao grupo xantodermo ou aos seus representantes.

    2. Individuo do grupo xantodermo.

    3. Grupo de razas humanas, orixinario de Asia, de pel con pigmentación variable, desde moi pálida ata considerablemente escura. Caracterízanse por unha pregadura palpebral máis ou menos pronunciada, os cabelos lisos e moi escuros e unha tendencia moi clara á braquicefalia. Comprende as razas paleosiberiana, normongol, sínida, surmongol, indonesia, polinesia, esquimó e amerindia, esta última exclusiva do continente americano. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo de xendarmes.

    2. Cuartel dos xendarmes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro do corpo armado francés destinado a manter a orde e a seguridade públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • xendarmaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da xeoloxía que estuda os fenómenos térmicos da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á xeotermia.

    2. Enerxía que provén dos xacementos de auga quente e vapor, como consecuencia da actividade térmica do interior da Terra. Pode ser utilizada en calefacción doméstica, industrial, agrícola ou en centrais xeotérmicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da xeofísica que se ocupa da medida e avaliación das temperaturas producidas nos fenómenos xeolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Xermade, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Terra Chá situado ao N da Comunidade Autónoma de Galicia e ao O da provincia de Lugo (43° 21’ N - 7° 48’ O). Limita ao N co concello de Muras (comarca da Mariña Occidental), ao L co de Vilalba (A Terra Chá), ao S cos de Vilalba e Guitiriz (A Terra Chá) e ao O coas Pontes de García Rodríguez, (Eume). Abrangue unha superficie de 166,6 km 2 cunha poboación de 2.553 h (2001) distribuída nas parroquias de Burgás, Cabreiros, Candamil, Cazás, Lousada, Miraz, Momán, Piñeiro, Roupar e Xermade. A súa capital é Xermade, na parroquia homónima. Está adscrito a diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Vilalba.
    Xeografía física
    Xermade constitúe un concello extenso que, a pesar de incluírse na comarca da Terra Chá, non se caracteriza por ser plano. Forma parte do rebordo occidental da comarca que está delimitada aquí pola serra de Carba ao N, con altitudes que alcanzan os 800 m, e a serra da Loba polo O, con altitudes de 700 m,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (378? - 445) Gobernador romano e bispo de Auxerre. Prestou axuda para derrotar os saxóns e os pictos e, segundo a tradición, un incendio respectou a casa onde xacía enfermo. Represéntase vestido de bispo, con mitra e báculo. A súa festividade celébrase o 31 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de París. Foi elixido bispo e capelán maior do Rei Khildeberto I, despois de convertelo. Foi enterrado no mosteiro de Saint-Vincent, fundado por el mesmo, que adoptou o nome de Saint--Germain-des-Prés. Represéntase como bispo, con hábito pontifical, e porta báculo, libro, cadea rota e as chaves de París. A súa festividade celébrase o 28 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Padeceu con san Servando varios tormentos en tempos de Diocleciano. Morreu decapitado. A súa festividade celébrase o 23 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede da concorrencia do latín germanus ‘verdadeiro, auténtico, natural’, que pasou a significar ‘irmán’, e do xentilicio Germanus ‘habitante ou oriundo de Xermania, de pobo xermánico’, aplicado en latín por similitude co apelativo propio daqueles pobos: Wehrmann ‘home que se defende’, ou Heermann ‘guerreiro, soldado’.

    VER O DETALLE DO TERMO