"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
MONTES
Monte da parroquia e concello de Melón, no límite co da Cañiza. O seu cumio atópase a 1.002 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
buraco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Melide. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Buraco, Burata, Buratas e Burateira. As súas armas levan, en campo de azul, un outeiro de sinople cun burato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto pesqueiro da parroquia e concello homónimo, o máis importante do litoral cantábrico galego. Entre as principais capturas descargadas nos seus peiraos, destaca o bonito, constituíndo o primeiro porto do país na captura deste peixe. Á pesca desta especie dedícase a maior parte da súa flota, composta por buques de dimensión media e que traballan con artes pouco agresivas, como o curricán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na teoría da elasticidade, vector constante que incrementa o de desprazamento cando se describe un contorno pechado arbitrario ao redor dunha liña de dislocación. O vector de Burgers é igual en magnitude e dirección a un dos períodos do retículo do cristal considerado.
-
-
Dignidade do burgrave.
-
Territorio da xurisdición do burgrave.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos buriatos ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo mongol dos buriatos.
-
Rama setentrional dos mongois que habita cerca do lago Baikal, na RA dos Buriatos, nos okrugi autónomos de Ust’-Ordynskij e Aga (Rusia) ao N da República de Mongolia (Selenge) e no extremo N da rexión autónoma da Mongolia Interior (O de Khajlar). Orixinariamente eran cazadores e pescadores nómades de crenzas xamanistas que se converteron en gandeiros e agricultores sedentarios, adoptando o lamaísmo. Tradicionalmente habitaban en iurtas e estaban organizados en familias patrilineais, clans e confederacións de clans. No s XIII ocuparon a rexión na que habitan, expulsando os tunguses e yakutos. Sometidos polos cosacos no s XVII, mantiveron a súa organización interna. Expulsados dos seus territorios cara a Mongolia, volveron para instalarse nas proximidades do lago Baikal, formando unha república autónoma dentro da URSS no 1923.
-
Lingua mongólica, dividida en diversos dialectos. Fálase en Rusia e o seu alfabeto é cirílico.
-
Literatura en lingua buriata, cultivada polo pobo buriato. Apareceu como literatura oral no s XVIII, durante o período de paz da dominación manxú sobre Mongolia. Produciu unha forte tradición folclórica e diversas epopeas.
-
-
REPUBLICAS
Entidade político-administrativa, situada en Siberia, Rusia, entre o lago Baikal e Mongolia (351.300 km2; 1.038.000 h [estim 1999]). A capital é Ulan-Ude. Os ríos pertencen esencialmente á conca do Selenge e á do Vitim. O clima é continental extremo. O territorio abrangue as mesetas e montañas situadas ao N e ao L do lago Baikal, constituído principalmente por bosques e pastos. A poboación está formada por buriatos (38%), rusos (60%) e evenkis. Os recursos principais son a minería, os metais preciosos (ouro e prata) e as industrias metalúrxicas. Os centros urbanos concéntranse nos vales dos ríos. Esta república creouse en 1923 co nome de República Socialista Soviética Autónoma dos Buriatos-Mongois e no ano 1958 cambiou o nome polo de RSSA dos Buriatos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Ontario, Canadá, ao N da fronteira cos EE UU, sobre o lago Ontario (136.976 h [1996]). Destacan as industrias relacionadas cos produtos químicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Richard Walter Jenkins.
-
PERSOEIRO
Explorador e orientalista inglés. Residiu na India entre 1842 e 1847. Fixo unha peregrinación á Meca en 1853 sobre a que escribiu Pilgrimage to Al-Medina and Meccah (Peregrinación á Medina e á Meca). Explorou a Costa de Ouro, Dahomey e Benin. Foi cónsul en Santos, Brasil (1865), Damasco (1869) e Trieste (1871). Tivo unha gran difusión a súa notable tradución de As mil e unha noites (1885-1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e erudito inglés. Vigairo da igrexa de San Tomé de Oxford. Escribiu unha comedia latina, de cariz anticatólico, Philosophaster (1606) e o tratado Anatomy of Melancholy (Anatomía da melancolía, 1621), valioso índice das ideas do seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de comunicación publicitaria a través da que unha empresa pretende vender a outra os seus produtos ou servicios. Neste caso o consumidor individualizado non existe como tal, senón que o potencial comprador é outra empresa ou organismo. Esta publicidade é un elemento máis do márketing industrial.
-
PERSOEIRO
Pianista, compositor e teórico musical. Da súa produción destacan pezas para piano Elegien (1907) e Segunda sonatina (1912), e as óperas Arlecchino e Turandot (1917) e Doktor Faust (1924). Publicou o ensaio sobre estética musical Entwurf einer neuen Aesthetik der Tonkunst (Esbozo dunha nova estética musical, 1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Mormentelos, concello de Vilariño de Conso. O seu cumio atópase a 1.353 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Parte superior do corpo humano, desde o pescozo ata o van.
-
Referido ao corpo da muller designa os peitos.
-
-
-
Escultura que só presenta a cabeza e a parte superior do corpo. O busto converteuse nun xénero que, segundo as épocas e os estilos, adoptou unha forma e unhas medidas determinadas. Propio do mundo europeo, existiu tamén en Exipto. En Grecia, e sobre todo en Roma, adquiriu unha autonomía plena ao servizo do retrato. Despois do s V perdeuse a tradición, non revitalizada ata o s XV con Donatello, que iniciou unha nova corrente.
-
Cabeza dos monarcas que aparece representada nas moedas ou medallas.
-
-
Extensión de terra destinada ao pasto do gando.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica que remite ao latín bustu ‘sepultura ou lugar onde se queimaban os cadáveres’, voz que en galego adquiriu o significado de ‘lugar con pasto para o gando’. Documéntase no s XV: “Gregorio de Busto” (doc ano 1474 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, p 532). Actualmente existe tamén o apelido Bustelo, que ten a súa orixe nos topónimos do mesmo nome e que se trata dun diminutivo de busto.
-
Liñaxe de orixe castelá procedente da ilustre casa de Lara, señores da fortaleza de Bustos (La Rioja). A esta caste pertencen os Infantes de Lara, netos do Rei Ramiro II de León e descendentes do conde Fernán González. Estendéronse por toda a Península e pasaron tamén a México. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de azul, cunha aguia de ouro voante; segunda partición, en campo de ouro, cunha aguia de azul voante; o lema reza: “Si no soy toda de oro en lo azul tengo el tesoro”.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Varese, na rexión da Lombardía, ltalia, situada entre os ríos Ticino e Olona, nunha ampla meseta (77.465 h [1997]). A industria téxtil e a construción de maquinaria para a elaboración de plásticos, son as súas principais actividades económicas.
VER O DETALLE DO TERMO