"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, situada en Warwickshire, Reino Unido (118.340 h [1999]). Ten unha tradición de séculos na actividade mineira do carbón, completada pola explotación de depósitos de arxila. Conserva un mosteiro do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Orixinario dunha familia nobre, propietaria dun importante patrimonio situado nas proximidades dos mosteiros de Oseira, Carboeiro e Vilar de Donas, pertenceu á corte señorial dos Traba, onde se relacionou cos Taveirós. Membro da liñaxe de cabaleiros dos Cêrzeo, crese que era irmán de Pedro Eanes e de Urraca Eanes. Puido participar na Reconquista andaluza e asentarse nesas terras. Da súa produción, localizada unicamente no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, consérvanse dez cantigas de amor, tituladas “Mia senhor fremosa, direi-vus ua ren”, “Par Deus, dona Maria, mia senhor ben-talhada”, “Quand ora fôr a mia senhor veer”, “Quer eu agora ja dizer”, “Senhor, e assi ei eu a morrer?”, “Senhor esta coita, que ei”, “Senhor perdud ei por vos ja o coraçon”, “Senhor, que coitad og eu no mundo vivo”, “Senhor, todos m’entenden ja” e “Toda -las gentes mi-a mi estranhas son”; e un descordo, titulado   “Agora me quer’ eu ja espedir”, en que amosa o seu desinterese polas cousas do mundo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa estadounidense. Coñecida como Dorothea Lange, formouse con Arnold Genthe (1914) e Clarence White (1917-1918). Entre 1919 e 1940 traballou como fotógrafa independente e estableceu o seu propio estudo en Berkeley. A partir de 1932 retratou as persoas no seu propio contexto social, rexeitando calquera manipulación, o que a levou a traballar para a Farm Security Administration (FSA) fotografando as vítimas da Gran Depresión en EE UU (1935-1942). Fundadora da revista Aperture (1952), colaborou con Life e viaxou polos continentes americano e asiático. Publicou The American Country Women (1967) e Dorothea Lange (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos estríxidos, de gran tamaño, que presentan plumaxe densa e suave, de cor amarela e peteiro moi robusto. A este xénero pertence o bufo nival Nyctea scandiaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas acuáticas rizomatosas, da familia das ninfeáceas, que presenta follas flotantes ou parcialmente emerxidas e flores brancas, amarelas e rosas. Algunhas especies cultívanse en xardinaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concurso teatral convocado en 1972 pola Agrupación Cultural O Facho como celebración do décimo aniversario desta agrupación e co obxectivo de axudar a crear un teatro infantil en galego. Cunha periodicidade bianual, que non se cumpriu entre a VI e a VII edicións (celebradas en 1983 e 1986, respectivamente), este premio constituíu un fito na produción de literatura dramática infantil, que contaba con moi pouca presenza en Galicia. Resultaron gañadoras do premio obras como As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares (1973), Viaxe ao País de Ningures, de M. Lourenzo (1975), A benfadada historia de Coitado Bamboliñas, de Xulio González Lourenzo (1977), Viva Lanzarote, de Manuel Lourenzo (1981), Grande invento para saír do aburrimento!, de Ana Mª Fernández Martínez e Xoán Babarro González (1983) ou A estranha e misteriosa história de Otunga e os otunguenhos, de Joel R. Gómez (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado na Coruña en 1965 ao abeiro da Agrupación Cultural do mesmo nome, se ben inicialmente recibiu o nome de Grupo Independente de Teatro, vinculado ao movemento das Xuventudes Comunistas. Foi un dos primeiros colectivos teatrais do teatro contemporáneo galego e un viveiro de actores e directores que terían considerable protagonismo na creación das primeiras compañías profesionais. O seu primeiro director foi Manuel Lourenzo, que presentou diversas lecturas dramatizadas a partir de textos de L. Pimentel, A. Castelao ou Celso E. Ferreiro, e os espectáculos O cabalo do cabaleiro (1965), de Carlos Muñiz ou O Señor Bonhome e os incendiarios, de Max Frisch. Dos seus espectáculos posteriores destacan O Santo Grial (1972), de Nina Epton, con dirección de Xosé Manuel Rodríguez Pampín, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973), sobre o texto de Carlos Casares, O retábulo da peste (1979), con texto de I. Bergman, ou Panchino,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Folla moi fina de masa de fariña e auga que se utiliza para facer as hostias.

    2. Lámina moi fina feita con fariña, sal e auga, que se utiliza para elaborar diversos doces.

    3. Folla moi fina dunha masa de fariña e auga cocida que, dividida en anacos redondos ou cadrados, servía para cerrar cartas.

    4. Folla moi fina de masa de fariña que serve para encapsular un medicamento e facelo máis doado de tragar.

    5. Disco moi fino, cortado dunha barra cilíndrica monocristalina de silicio ou granate, que se utiliza como substrato para a fabricación de circuítos integrados. Unha vez construídos, córtase o disco nun certo número de dados cadrados (chips), e cada un deles contén un circuíto integrado individual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONTINENTES

    Continente que comprende Australia, Nova Guinea, Nova Zelanda e as illas de Melanesia, Polinesia e Micronesia (8.520.043 km2; 31.973.000 h [estim 2001]).
    Xeografía física

    Relevo
    Estruturalmente, deixando á parte Australia, que é un pequeno continente, distínguense dúas grandes unidades: os arcos melanésico-celandeses e as pequenas illas do Pacífico. No primeiro caso, as illas forman arcos ben definidos que se erguen a carón das grandes fosas tectónicas oceánicas, que proceden de dobramentos oroxénicos recentes, cousa que deu lugar a numerosos movementos sísmicos e erupcións volcánicas. Entre as pequenas illas distínguense catro tipos. Por un lado, os arquipélagos, cos cumios emerxidos das cordilleiras volcánicas que forman o Círculo de Fogo do Pacífico, uns en actividade (en Samoa, Hawaii) e outros apagados. O segundo tipo é un volcán aplanado, dominando un lagoon periférico protexido por un arrecife barreira circular...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao océano.

    2. clima oceánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Oceanía, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Oceanía.

    3. Arte desenvolvida en Oceanía. Aínda que cada grupo racial ou étnico xerou a súa propia arte, hai uns trazos comúns a todos eles. Trátase dunha arte marcadamente antinaturalista, en que predomina a tendencia a modificar a textura de todos os temas figurativos. A figura humana represéntase sempre estática, en repouso, tanto encollida como dereita. Utilizan a curva, os debuxos xeométricos e as figuras tridimensionais, así como as máscaras. Os artistas non pretenden copiar a figura humana nin a dos animais, senón representar forzas sobrenaturais e realizar encarnacións palpables da forza creadora.

    4. Grupo de linguas do phylum austronesio que se falan nas illas de Oceanía desde Nova Guinea ata Hawaii. Subdivídese en tres subgrupos: melanesio, polinesio e micronesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das fillas de Océano e Tetis, na mitoloxía clásica. Segundo Hesíodo eran corenta e unha, aínda que outros autores falan de tres mil, e personificaban os regatos e as fontes. As máis coñecidas eran Europa, Electra e Aretusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Masa total de auga salgada, que cobre unha gran parte da superficie da Terra (361.128.000 km 2 , que representa o 71 %). A súa orixe remota pódese situar nas etapas prexeolóxicas da Terra, nas que se produciu unha diferenciación xeral da materia terrestre segundo capas concéntricas, cos materiais menos densos acumulados nas zonas máis profundas e os máis lixeiros nas máis externas. A fase final desta diferenciación correspóndese coa formación da atmosfera e da hidrosfera. Esta, formada fundamentalmente polo mar, orixinouse a partir da auga desprendida polas rochas que constituían a incipiente codia terrestre que ascendía á superficie mediante os fenómenos volcánicos, acompañada de nitróxeno e carbón. Estas erupcións, segundo a maioría dos xeoquímicos, foron as que lle conferiron á auga do mar o seu contido en sales. Nestas etapas primitivas os mares chegaron a estar formados predominantemente por auga, á que se engadiron compostos orgánicos, relativamente simples, constituídos...

    2. Cada unha das cinco grandes partes de auga comprendida entre os dous grandes continentes: o Océano Atlántico, o Océano Pacífico, o Océano Índico, o Océano Ártico e o Océano Antártico. As máximas profundidades (ata case 11.000 m) non están no centro, senón preto dos continentes, como a fosa das Filipinas, a fosa das Marianas, as fosas do mar de Xapón, no Pacífico, ou a fosa de Puerto Rico, no Atlántico. O fondo oceánico está constituído por produtos da erosión mariña sobre as costas, os materiais fluviais e os restos dos organismos mariños. As zonas abisais (superiores aos 5.000 m) están cubertas dunha arxila vermella de orixe descoñecida. A flora e a fauna corresponde a cada un dos medios mariños. A cor normal da auga é azul ou verde azulado, e a gradación da intensidade está en relación coa salinidade, a temperatura, a profundidade, o contido en plancto e outros aspectos. A temperatura da auga (desde -3,677°C ata 32°C) diminúe coa profundidade e varía polo efecto das radiacións solares,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade grega que, segundo Hesíodo, é fillo de Urano (o Ceo) e de Gea (a Terra), e foi o primoxénito dos Titáns. É a personificación da auga que rodea o mundo, e coa súa irmá Tetis enxendrou todas as augas e a todas as Oceánides. A arte antiga represéntao como un vello barbudo e con cornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda os océanos. Servíndose da física, a xeoloxía, a bioloxía, a química e as matemáticas, dedícase á exploración das augas e das profundidades mediante os instrumentos de medida e materiais precisos (sonda acústica, fotografía submarina, reflexión sísmica ou escafandros) dos buques oceanográficos e dos batiscafos. Actualmente utiliza tamén sensores remotos situados nos avións ou nos satélites artificiais. Neste sentido, a oceanografía ábrese a novas dimensións, importantes para o futuro da humanidade, xa que pode axudar a localizar xacementos minerais ou a facer predicións de tempo a longo prazo. Proxéctase tamén a obtención dun rendemento enerxético das mareas e das diferenzas de temperatura entre as augas superficiais e as profundas. A oceanografía inclúe unha serie de disciplinas, como por exemplo a oceanografía física, que se ocupa entre outras cuestións ,da interacción das mareas, e a oceanografía biolóxica, que quere comprender as interaccións entre a vida oceánica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á oceanografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en oceanografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en oceanoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda os fenómenos biolóxicos e xeolóxicos dos mares e dos océanos, empregando os coñecementos físico-químicos máis axeitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á oceanoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO