"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Construción situada en Moraime (Muxía). Ten planta en forma de L con muros de cachotaría con cantaría nos ocos. No corpo máis curto ten unha escaleira exterior e patín cuberto. Conserva a pedra de armas na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Leiro. Construída en estilo románico no s XII, ten unha soa nave, cuberta con madeira a dúas augas, e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón apuntada. No exterior destacan os canzorros que rodean os muros e a fachada coa portada enmarcada entre contrafortes prismáticos. É de arquivoltas apuntadas apoiadas en columnas acobadadas. Un tornachuvias decorado con arquiños que descansan en canzorros separa a portada do rosetón que se sitúa baixo arco semicircular tórico. Pegada á fachada atópase un torre de posible orixe románica, modificada co engadido dunha espadana de dous corpos. A porta sur ten arquivoltas apuntadas apoiadas en columnas con capiteis vexetais e fustes, nas columnas exteriores, percorridos por estrías helicoidais. O tímpano apóiase en mochetas con cabezas humanas e está decorado cunha cruz rodeada de persoas, animais e árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Negeri Sembilan, Malasia, situada no extremo meridional da cordilleira Banjaran Besar (182.584 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositora. Coñecida como Barbara, comezou interpretando cancións de L. Ferré, G. Brassens e J. Brel. Da súa discografía destacan Mon pote le gitan ou L’oeillet blanc (1957), Dis quand reviendras tu? (1963) e Barbara chante Barbara (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Residiu en Roma (1767-1678) pero chamado por Gustavo III volveu a Estocolmo, onde fixo o monumento conmemorativo a Descartes e a estatua de Gustavo III. Realizou tamén Amor e Psique e Fauno durmindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e tratadista da arte italiano. En 1515 foi a Roma, onde foi discípulo de Baldasarre Peruzzi, e en 1537, chamado por Francisco I de Francia estableceuse en Fontainebleau, onde foi primeiro arquitecto (1541). Traballou como escenógrafo, enxeñeiro e ebanista. Das súas obras destaca o castelo de Ancy-le-Franc (1543-1545). Escribiu os oito libros de Trattato di architettura (1537-1575).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anafilaxe provocada pola inxección de soro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao soro e ao sangue.

    2. Que contén soro e sangue á vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e militar portugués. Gobernador xeral de Moçambique, explorou as rexións mozambicanas e Angola, para constituír unha zona de influencia portuguesa desde o Índico ao Atlántico, política que foi freada por Reino Unido, que a consideraba prexudicial para a súa expansión colonial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serpea ou que se move formando ondas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie e época do Carbonífero mariño de Rusia, que está sobre o Viseano e baixo o Baxkiriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista. Profesor de lingua e literatura italianas en Cluj (Romanía) e de lingüística románica en Caller (Sardeña) e Nápoles, realizou achegas ao campo da onomástica romana e da dialectoloxía, particularmente sarda. Reconstruíu moitos aspectos da vida cultural e social da Italia medieval. Das súas obras destacan Contributo toponomastico alla teoria della continuità nel Medioevo delle comunità rurali romane e preromane dell’Italia superiore (1931), Lineamenti di una storia linguistica dell’Italia medievale (1954-1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe mariño que pode acadar os 24 cm de lonxitude, de corpo alongado e comprimido lateralmente, e boca grande coa mandíbula inferior algo prominente. As aletas pectorais son grandes e coa marxe posterior moi redondeada e simétrica, e a aleta caudal coa marxe posterior recta ou algo arredondada. Amosa coloración de fondo marela, cinco ou seis bandas verticais escuras ou negras, cunha pinta de cor azul no ventre. Aliméntase de peixes e crustáceos e vive nos fondos rochosos e con algas de ata 150 m de profundidade.

    2. budión.

    3. Peixe mariño, de ata 15 cm de lonxitude, que ten o corpo de cor parda agrisada no dorso e amarela no ventre, cunha mancha azul escura ou negra no primeiro raio espiñoso da dorsal e outra na metade inferior do cabo posterior do pedúnculo caudal. Aliméntase de anfípodos, isópodos, camaróns, pequenos bivalvos e pequenos gasterópodos, e habita nas augas litorais en fondos de 1-20 m de profundidade.

    4. Peixe teleósteo, de ata 12 cm de lonxitude, de corpo oblongo, algo alongado, cabeza pequena co perfil dorsal do rostro algo cóncavo, e boca pequena con beizos ben desenvolvidos. A súa coloración presenta predominio dos tons verdes e pardos, e a parte ventral abrancazada. Existe un forte dimorfismo sexual na tempada de celo. Alímentase de anfípodos, copépodos, briozoos e hidrozoos e vive en augas do litoral entre 1 e 25 m de profundidade. OBS: Tamén se denomina vello das rochas.

    5. Peixe teleósteo, de ata 40 cm, aínda que normalmente só acada os 20-25 cm, de corpo alongado e deprimido polos costados, cabeza moi longa co fociño moi prolongado, boca grande e beizos ben desenvolvidos. Os raios da aleta dorsal son sucesivamente máis longos de diante cara a atrás, e a aleta caudal é arredondada. Amosa coloración con predominio dos tons amarelos e pardo claros con liñas lonxitudinais máis escuras, e a parte ventral abrancazada. Presentan un marcado dimorfismo sexual. Alímentase de ourizos, ofiuras e cangrexos e vive en augas do litoral entre 1 e 50 m de profundidade preto das rochas.

    6. Peixe de ata 20 cm de lonxitude co corpo moi curto e groso, cabeza curta e fociño achatado, boca pequena e medianamente protráctil cos beizos ben desenvolvidos. A coloración é moi intensa cun gran número de manchas ou bandas pardo avermelladas sobre as que destaca un fondo verde; detrás de cada ollo hai unha mancha semilunar negra e outra escura na metade do pedúnculo caudal. É de hábito gregario e presenta dimorfismo sexual na época de celo. Aliméntanse de briozoos, vermes tubícolas, moluscos e crustáceos e vive no litoral entre 1 e 30 m de profundidade. OBS: Tamén se denomina vello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición poética semellante a unha serranilla.

    2. Personaxe feminino, creado na Idade Media, que representaba a unha muller fermosa e culta, e que alindaba animais no campo cando se lle achegaba un camiñante que quedaba namorado dela. O Arcipreste de Hita satirizou estas obras e personaxes transformando os tipos idealizados en mulleres ordinarias, feas e rudas ás que os camiñantes non se achegaban por medo.

    3. Canción popular de orixe castelá (Ávila) ou andaluza (serrana andaluza). Estas últimas cántanse co acompañamento de guitarra e pertencen á música flamenca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten por oficio serrar madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso que constitúe o extremo occidental da cordilleira Penibética. Forma un conxunto de orientación NL-SO, perforado por unha potente masa eruptiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos serránidos.

    2. Peixe da familia dos serránidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos perciformes, a maioría grosos, con corpo robusto, máis ou menos alongado e un pouco comprimido. Habitan nos mares tropicais ou temperados, sobre fondos rochosos, formando moreas importantes, pero tamén hai certas especies de augas salobres e doces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición poética medieval relacionada en parte coa pastorela provenzal, que narra o diálogo entre un cabaleiro e unha dona, que pode ser a serrana, a quen lle demanda axuda para atravesar as serras, ou ben unha pastora que el quere namorar e que o acepta ou rexeita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid situado no S da comunidade autónoma (1.759 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á serra.

    2. Que ou quen vive na serra.

    VER O DETALLE DO TERMO