"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • GALICIA

    Arqueólogo. Doutor en Xeografía e Historia, foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela (1984-2001), onde dirixiu o grupo de investigación en Arqueoloxía da Paisaxe e o laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais. Ademais, desde o ano 2001 foi profesor investigador do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento e dende 2003 é Coordinador Científico-técnico da Área de Humanidades e Ciencias Sociais. Centrou o seu estudo na arqueoloxía da paisaxe, na arquitectura megalítica, na teoría arqueolóxica e nas metodoloxías para a xestión do patrimonio arqueolóxico. Colaborou, entre outras, nas revistas Gallaecia e Cuadernos de Estudios Gallegos.
    Foi coautor, entre outros libros, de La cerámica campaniforme en Galicia (1982), La cultura megalítica de la provincia de la Coruña y sus relaciones con el marco natural:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento xeralmente en forma de caixa circular, cun fondo de coiro con furados ou cunha armazón de arame, empregado para peneirar certas sementes como o trigo, limpando e separando partículas de diferente grosor. Xeralmente a madeira que se emprega para a súa elaboración é de piñeiro e ás veces varía o tamaño e a feitura segundo a súa aplicación. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia o cribo diferénciase da criba, por ser de maior tamaño ou por ter os buratos máis grandes dependendo dos diferentes usos aos que se dedique. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que pola criba non chegue a ver, moi cego ten que ser”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta perforacións.

    2. Aplícase ao órgano vexetal, en especial ás follas, que aparentan ter na súa extensión pequenas perforacións.

    3. Parte media da lámina horizontal do etmoide, fina e perforada, que permite a comunicación mediante as células olfactorias.

    4. Conduto formado por células floemáticas alongadas, especializadas na condución de zume elaborado, que teñen as partes transversais da parede celular, que están en contacto coas das veciñas, perforadas. Tamén se denominan placas cribosas ou de vaso liberiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista belga. Membro do Quatuor Isaye (1884-1894), estableceuse en Barcelona en 1895. Formou trío con Granados e Pau Casals e en 1897 fundou a Societat Filharmònica de Barcelona. En 1910 nomeárono profesor de violín do conservatorio de Liexa e en 1919 do de Bruxelas. É autor de obras de cámara, dunha colección de estudios de violín e de dúas obras sobre a aprendizaxe do violín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santa (Toscana, s III?) Mártir italiana. Segundo a tradición, á idade de doce anos negouse a ofrecerlle sacrificios ao deus Apolo; o seu pai, anoxado ante a súa desobediencia, ordenoulles aos seus escravos que a xostregasen. Logo encerrárona nunha torre, puxéronlle na cabeza unha moa de muíño e metérona nunha barca no lago de Bolsena para que afundise. Como logrou sobrevivir, mergullárona despois nunha caldeira de aceite fervendo e metérona nun forno con dúas víboras e dous áspides; sen embargo, os réptiles, lonxe de trabala, fixéronlle agarimos. Na iconografía a santa viste túnica talar e manto romano, e leva como atributos, unha moa de muíño, unha roda, unhas tenaces, dúas frechas, etc (símbolos do seu martirio); ás veces, leva tamén unhas serpes, un anciño, uns garfos de ferro, etc. A súa festividade celébrase o 24 de xuño e é titular de 28 parroquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do nome ou do apelido galego Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do S de Cuba, ao S do golfo de Guacanayabo, situado no extremo occidental de Sierra Maestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo de Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe publicada por Ediciós do Castro a partir de 1970 e da que se editaron sete números. No primeiro deles recolleu traballos de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo sobre as creacións elaboradas polo Laboratorio de Formas, pertencente a Cerámicas do Castro. Os seguintes números foron monográficos; o segundo, titulado “O libro galego a discusión”, de novembro de 1974, incluíu as conclusións do I Seminario encol do Libro Galego con textos de Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Fernández del Riego e Ricardo García Suárez; no terceiro, de abril de 1975, titulado “Presencia de Galicia”, aparecen diversas fotografías da fachada de Praterías da catedral e das gárgolas do antigo hospital de peregrinos de Santiago de Compostela; o cuarto reproduce conferencias de Ramón Piñeiro, García-Sabell, Rof Carballo e Rafael Dieste sobre a cultura galega na inauguración da Galería Sargadelos en Madrid. En maio de 1978 lanzou o quinto número titulado “Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual editada a partir de 1980 en Sada polo Seminario de Estudos Galegos coa colaboración da área de xeoloxía e minería da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e o Instituto Universitario de Xeoloxía. Dirixida por J. R. Vidal Romaní, conta cun consello científico formado por especialistas de diversos institutos e universidades, como I. Asensio, M. Peinado, A. Marcos, F. Noronha, L. G. Corretge, R. Vegas, J. R. Martínez Catalán e F. Vilas. Os seus artigos están escritos en inglés, castelán ou portugués. Entre os seus obxectivos figuran a divulgación da xeoloxía en Galicia e todo o relativo ao período hercínico na Península Ibérica. Ocasionalmente edita algúns números monográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que consta de catro sílabas.

    2. Vocábulo de catro sílabas.

    3. Verso de catro sílabas, con acento obrigatorio na terceira delas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Torre de forma cilíndrica que presentan algunhas fortalezas.

    2. Adorno de forma cúbica, característico dos teitos casetonados.

    3. Peza na que se enrosca a corda dalgúns reloxos.

    4. Peza central dalgunhas rodas de vehículos nas que encaixan os raios.

    5. Depósito vertical do muíño onde se almacena a auga que vén do río a través da canle. Pode adoptar forma de funil, troncocónica ou cilíndrica. A fondura vai dos 4 aos 10 metros e constrúese normalmente con sólidos muros. Cando a forma é cilíndrica ou troncocónica está feito con aneis de granito postos uns enriba dos outros e cunha certa altura. Remata cunha peza especial de madeira ou granito cun burato que se pecha e abre dende o exterior facilitando a saída da auga coa potencia necesaria para facer xirar o rodicio. Na entrada da auga, ao cubo pónselle unha especie de reixa que impide o paso de elementos que poidan atoar e impedir o seu funcionamento. Esta parte do muíño dá lugar ao chamado “muíño de cubo”, característico de lugares que non están preto do río e que teñen que aproveitar a auga dos regatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poliedro regular formado por seis caras cadradas. As tres arestas concorrentes en cada vértice son perpendiculares entre elas; como consecuencia, o triedro formado polas tres arestas é un triángulo, os diedros definidos por dúas caras cunha aresta común son rectos e as caras opostas son paralelas. As catro diagonais do cubo córtanse nun punto, o centro do cubo, que é tamén o centro de simetría desta figura. Se a lonxitude da aresta do cubo é a, o volume do cubo vale a 3 e a súa diagonal ten unha lonxitude de a?3.

    2. Terceira potencia dun número.

    3. Peza de forma cúbica realizada en formigón que se emprega para soportar a carga dun piar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten aproximadamente a forma dun cubo.

    2. Óso curto situado na parte externa da segunda fila do tarso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cubomedusas.

    2. Cnidario da antiga orde das cubomedusas.

    3. Antiga orde de cnidarios que se pasou a considerar como unha clase, a dos cubozoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo que resulta de cortar os oito ángulos sólidos dun cubo, de maneira que resulta un poliedro con oito caras que son triángulos equiláteros e seis caras cadradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cubozoos.

    2. Cnidario da clase dos cubozoos.

    3. Clase de cnidarios considerada anteriormente como unha orde dos escifozoos, a das cubomedusas. Caracterízanse porque a forma predominante é a medusa, mentres que o pólipo é inconspicuo ou descoñecido. Aínda que o tamaño medio da medusa é de 2 ou 3 cm, algunhas poden acadar ata 25 cm de altura; a umbrela ten forma cúbica ou piramidal, coa marxe dobrada cara a dentro formando o velario, e no bordo de cada esquina presenta un ou varios tentáculos que teñen na base unha lámina forte denominada pedalia. Posúen uns órganos sensoriais chamados ropalias. Son grandes nadadoras e depredadoras voraces de peixe. Algunhas especies producen picaduras velenosas que, nalgúns casos, poden chegar a ser mortais para o ser humano. Esencialmente peláxicas, viven nos mares tropicais e subtropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nube escura formada por cúmulos e nimbos que se orixina polo movemento convectivo das masas de aire das capas baixas da atmosfera por mor do quentamento por insolación. Están a unha altitude comprendida entre os 400 e os 10.000 m. A miúdo producen tempestades e sarabiadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagoga e directora teatral. Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomada en expresión na Escola d’Expresió de Barcelona, combina a súa profesión de pedagoga nun instituto de Ourense co labor dramático. O seu traballo de dirección compleméntase cunha forte vontade de animación teatral centrada, fundamentalmente, en Ourense. É unha das poucas directoras do panorama dramático galego cun traballo continuado e constante dende hai máis de vinte anos. No ano 1977 dirixiu o seu primeiro espectáculo Farsas (creación propia) para a Agrupación de Teatro Xove e Independente Sarabela, compañía que, xa constituída como profesional a partir do ano 1991. Xunto con ATXI Sarabela montou outros espectáculos como O principiño, de Saint-Exupèry (1979); Barriga Verde, de Manuel María (1982); Xacobe ou a sumisión, de Ionesco (1989); ou SuperTot (1989). Para a compañía profesional Sarabela Teatro dirixiu espectáculos como Madame de Sade, de Yukio Mishima (1991);...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • bronce de chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO