"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Míchigan, nos EE UU, á beira do río Detroit (109.592 h [estim 1990]). Centro agrícola e industrial con empresas de instrumentos de precisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de València (21 Km2; 2.637 h [1996]). Atópase na zona de transición entre os contrafortes máis orientais de Caroig e a Costera, está bañado polo río Sallent e polo seu afluente á dereita, o río Anna. Cultívanse laranxeiras, hortalizas e tabaco. Ten industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite artificial lanzado polos EE UU o 31 de outubro de 1962 cun foguete Thor-Able-Start. O seu nome corresponde ás iniciais de: Army, Navy, Nasa e Air Force. Foi o primeiro satélite artificial dedicado a estudios xeodésicos; a súa misión foi determinar a forza e a dirección do campo gravitatorio, amais de situar o centro de masa da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga divindade romana, venerada durante os idos de marzo (ou posteriores ao inicio do ano romano).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ana I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do wilāya de Annaba, Alxeria, situada no golfo de Annaba, na desembocadura do Seybouse (227.795 h [1987]). Centro comercial e industrial: industria metalúrxica co ferro de Djebel Ouenza e o gas do Sáhara. Antiga colonia cartaxinesa e logo capital dos reis de Numidia, Annaba desenvolveuse baixo os romanos, que lle chamaron Hippo Regius ou Hipona. Centro da primitiva Cristiandade, do 396 ao 430 convértese en sé episcopal de Agostiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (3.489 Km2; 453.951 h [1987]). A capital é Annaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniato de níquel hidratado, de fórmula Ni3 (AsO4)2 +8H2 O. Cristaliza no sistema monoclínico, e os cristais son prismáticos aplanados, de exfoliación clara e cor branca, gris, verde clara ou mazá. Ten dureza 2,5 e peso específico 3,07.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Formouse a carón de Carol Redd como asistente. A temática que emprega nas súas películas alicérzase na aventura e na acción, no espectáculo e nas referencias pintorescas. Malia que non triunfou cos seus dramas psicolóxicos, experimentou con outros xéneros como o western, co que si obtivo resultados interesantes. Entre os seus filmes destacan Holiday camp (Cupido de vacacións, 1947), Miranda (1948), Those magnificent men in their flying machines (Eses homes marabillosos coas súas máquinas voadoras, 1963), Battle of the Bulge (Unha batalla no inferno, 1966) e Joseph and Emma (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista francesa de historia fundada en 1929 por Lucien Febvre e Marc Bloch co título de Annales d´histoire économique et social. Adoptou o nome actual en 1946. Foi unha das portavoces das novas correntes da ciencia histórica e acadou un considerable recoñecemento internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimensual francesa de xeografía. Creada por P. Vidal de la Blache (1891), recolle reseñas, notas bibliográficas, crónicas e artigos especializados en todos os terreos da xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral francesa de arqueoloxía, historia e filoloxía. Publicada polas Universidades de Toulouse e Bordeos, e pola Federación das Sociedades Académicas do Languedoc, Pireneos e Gascuña. Foi fundada no ano 1889 por Antoni Thomas, en Toulouse; dende 1948 ampliou o seu eido de estudo a Catalunya, Aragón e Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos anais redactados dende o ano 830 ata o 882 por autores diferentes, atopado no códice máis antigo do mosteiro de Saint Bertin de Saint-Omer (Pas-de-Calais). O primeiro autor, anónimo, traballou nel ata o ano 835; seguiu Prudencio, bispo de Troyes, ata o 861; continuou, finalmente, Hincmar, arcebispo de Reims, ata o ano 882. Son unha das fontes históricas básicas para o s IX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do Vietnam que se estende ao longo da costa do mar da China meridional, desde o golfo de Tonquín ata a Cochinchina. Constituída por unha dorsal montañosa, a cordilleira Annamita é unha rexión esencialmente agrícola e as súas poboacións máis importantes son: Hue, Da Nang e Binh Dinh. Primitivamente civilizada por pobos de cultura chinesa, Annam transformouse en reino vasalo da China ata o 1428, cando os annamitas rexeitaron definitivamente os chineses e estableceron un reino independente baixo a dinastía dos Le. Un dos membros desta última familia, Nguyen Ahn, axudado por mercenarios franceses e por outros países europeos, unificou o territorio, que dende aquela pasou a chamarse Vietnam, e fundou o Imperio de Annam (1802). Nguyen Anh converteuse no primeiro Emperador co nome de Gia-Long. Cara ao 1833 estableceuse un protectorado francés sobre Tonquín en Annam. A partir da proclamación da República do Vietnam (1945), Annam entrou a formar parte do Vietnam.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Annam ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Annam.

    3. Lingua monosilábica de seis tons falada en case a totalidade do territorio do Vietnam por uns 38 millóns de persoas. É a lingua máis importante do grupo de linguas viet-muong, rama da subfamilia mon-kmer da familia de linguas austroasiáticas. Os seus numerosos dialectos difiren entre si relativamente pouco. A lingua estivo moi influída polo thai e, tamén, polo chinés, debido ao feito de ser o chinés lingua de cultura do Vietnam ata fins do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático ganés. Graduose en Economía no seu país e completou a súa formación en EE UU e Xenebra. Ocupou diversos cargos de responsabilidade na administración do seu país e, posteriormente, na Organización Mundial da Saúde (OMS) e no Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados. Funcionario da ONU dende 1962, converteuse nun dos conselleiros e asistentes do secretario xeral (tanto de Javier Pérez de Cuéllar como de Butros-Gali). En 1995, actuou como representante persoal de Butros-Gali na antiga Iugoslavia, debido á súa categoría de subsecretario xeral en operacións de mantemento da paz, cargo que desempeñou cando, o 17 de decembro de 1996, foi elixido secretario xeral da ONU; iniciou o seu mandato o 1 de xaneiro de 1997 e en decembro de 2006, logo de nove anos no cargo, foi substituído polo surcoreano Ban Ki-Moon. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira do Nepal, no macizo do Himalaia (40 Km de lonxitude). Os puntos máis elevados son o Annapurna I (8.078 m) e o Annapurna II (7.937 m). Todas as cimas que a rodean sobrepasan os 7.000 m. A base está formada por rochas cristalinas, principalmente gneis, sobre a que hai calcarias do Paleozoico e xistos formados desde o Cámbrico ata o Cretácico. O Annapurna I foi o primeiro cumio de máis de 8.000 m coroado polo home: en xuño de 1950 chegaron ao cume Maurice Herzog, xefe da expedición francesa, e Louis Lachernal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na mitoloxía india, deusa da abundancia e da liberalidade. Represéntase sentada sobre un loto, cunha culler de arroz na man dereita e unha cunca de mel na esquerda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesión obrigada á Santa Sé das rendas que determinados beneficios ou cargos eclesiásticos producen o primeiro ano da súa concesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Realizou La vitoire en chantant (1976), que obtivo o Oscar ao mellor filme estranxeiro. Comezou unha insólita traxectoria internacional con La guerre du feu (1981), Le nom de la rose (1986) -adaptación da novela de Umberto Eco-, L´ours (1988), L´amant (1991) a partir da novela homónima de Marguerite Duras, e Wings of Courage (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO