"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

    1. Aplícase a unha disposición en espiral en que a diverxencia angular entre dous elementos consecutivos é de 144°.

      1. Aplícase á perfloración imbricada cando hai cinco pétalos, dous internos, dous externos, e o quinto é interno por un lado e externo polo outro.

      2. Aplícase ás follas dispostas en cinco ortósticos cun ángulo de diverxencia de 144°.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quinta substancia, o éter, do que se forman as células e os astros, e que é superior aos catro elementos, segundo Aristóteles.

    2. Esencia ou extracto dunha substancia que se consegue despois de destilala cinco veces.

    3. Parte máis sutil ou esencial de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reducir algo á quintaesencia.

    2. Refinar algo en alto grao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñar o pasado dunha persoa e de predicirlle o futuro mediante o exame das liñas, prominencias e outras características da man. Estreitamente vinculada á astroloxía e á cábala, foi coñecida polos caldeos, exipcios, asirios e hebreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para detectar obxectos ocultos, minerais ou auga no subsolo, por medio dunha variña ou dun péndulo que se leva na man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procesos que levan á diferenciación dos grupos naturais de individuos en razas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza.

    2. Que é propio ou característico dunha raza

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cociente entre a intensidade de radiación nunha determinada dirección dun elemento infinitamente pequeno da superficie que envolve o punto considerado e a área da proxección ortogonal dese elemento sobre un plano normal na dirección considerada. OBS: Tamén se denomina luminancia enerxética ou radiante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frecuencia das ondas electromagnéticas que se empregan en radiocomunicación. Normalmente están comprendidas entre os 3 kHz e os 300.000 MHz, e este intervalo está distribuído en bandas segundo un convenio internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luminescencia producida en certas substancias ao seren sometidas a radiacións, especialmente de onda curta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase á substancia graxa que, alterándose quimicamente, adquire un olor e un sabor moi fortes e desagradables.

      2. Aplícase ao viño envellecido por oxidación que adquire un olor e sabor máis fortes, mellorándose ou derramándose.

    1. Que ten carácter anticuado ou obsoleto.

    2. Que é antipático e desagradable.

      1. Alteración dunha substancia en contacto co aire que adquire un cheiro e sabor moi fortes e desagradables.

      2. Alteración do viño pola acción oxidativa do aire, a calor e a luz, que lle dá un sabor e un olor máis fortes, mellorándoo ou botándoo a perder.

    3. Calidade do que está avellentado ou fóra do uso normal.

    4. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ovo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substrato en desuso do Lusitaniano (Xurásico Superior).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Rauraciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compoñente imaxinaria da impedancia nun circuíto de corrente alterna que pode ser capacitiva (debida a unha capacidade C e que vale Xc = 1/jùC)) ou indutiva (debida a unha autoindución L que vale X2 = jùL).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid por Real Decreto de 25 de febreiro de 1847 que ten como obxectivo promover o estudo e o progreso das ciencias, así como normalizar e establecer os criterios a seguir en investigación científica, coa creación de dicionarios técnicos, diversas publicacións e cursos. Ten a súa orixe na Academia Naturae Curiosorum (1657) de Madrid, que foi substituída en 1834 pola Academia de Ciencias Naturales, que se suprimiu coa creación desta real academia. Desde 2001 está composta por 54 membros numerarios, 90 correspondentes nacionais e académicos supernumerarios e correspondentes estranxeiros. Organízase nas seccións de Exactas, Físicas y Químicas e Naturales. Está incorporada ao Instituto de España. Publica a Revista de la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, creada en 1850 co título Revista de los progresos de las Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, e, desde 2001 a Serie A Matemáticas de la RACSAM, que recolle as contribucións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid polo Real Decreto de 30 de setembro de 1857 firmado por Isabel II en que se lle encomendou cultivar as ciencias morais e políticas. Comezou a desenvolver a súa actividade na sede da Real Academia de la Historia na Casa de la Panadería ata que en 1866 obtivo a cesión da Torre de los Lujanes. Divídese nas seccións de Ciencias Filosóficas, Ciencias Políticas y Jurídicas, Ciencias Sociales e Ciencias Económicas. Realiza traballos de investigación científica, publicacións como o Anuario e colaboracións con outras institucións, ademais da xestión da súa biblioteca. Os seus traballos baséanse en discursos e ponencias dos académicos onde debaten sobre temas de actualidade e a actividade das tribunas, organizacións estables con diversas especializacións para encauzar a colaboración entre académicos especialistas e outros estudosos. Está incorporada ao Instituto de España. Ten académicos numerarios, honorarios e correspondentes

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1730 cando a Junta de Jurisprudencia Práctica comezou a reunirse en Madrid aínda que se recoñeceu oficialmente mediante a Real Cédula de 20 de febreiro de 1763 coa que naceu de Real Academia de Leyes de Estos Reynos y de Derecho Público, coa advocación de santa Bárbara. Fernando VII recoñeceuna oficialmente como Academia de la Purísima Concepción e en 1826 dividiuna nas corporacións de Carlos III e a de Nuestra Señora del Carmen, máis tarde chamada de Fernando VII. María Cristina das Dúas Sicilias dispuxo en 1836 que ambas as dúas se reuniran de novo baixo a antiga advocación de Nuestra Señora de la Concepción, cambiando o seu nome en 1838 polo de Academia Matritense de Jurisprudencia y Legislación, data en que comeza un dos períodos máis fecundos da academia ata a Revolución de 1868. En 1882 recuperou o apelativo de real. En 1946 reorganizouse, e incorporouse ao Instituto de España. Dedícase ao estudo teórico e práctico da lexislación e á xurisprudencia e fomento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución que naceu polo Real Decreto do 28 de agosto de 1827 outorgado por Fernando VII co nome de Real Academia de Medicina y Cirugía de Santiago de Compostela. Tiña como territorio de actuación Galicia e Asturias e, entre outras atribucións, as de impartir ensinanzas útiles á ciencia de curar, favorecer os progresos da medicina e ocuparse da saúde pública. A súa sede permaneceu en Santiago de Compostela entre 1831 e 1833 e as reunións realizábanse nas casas dos académicos ata que lle concederon unhas dependencias no Hospital Real, pouco antes do seu traslado á Coruña, á Capitanía Xeneral de Galicia, cuxo titular era a súa vez o presidente da academia. Tomou entón o nome de Real Academia de Medicina y Cirugía de La Coruña e en 1945 pasou a denominarse Real Academia de Distrito de Galicia y Asturias. Desde 1972 o seu ámbito de actuación é Galicia, e ao crearse a Real Academia de Medicina y Cirugía de Asturias, tomou o seu nome actual. Desde 1986 está asociada ao Instituto de España e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución con sede en Santiago de Compostela que se fundou en 1977 como Academia Gallega de Ciencias. Ostenta o título de Real desde 1994. Edita a Revista da Real Academia Gallega de Ciencias e organiza cursos, conferencias e outras actividades. Xunto coa Fundación Caixa Galicia convoca os Premios de Investigación da Real Academia Gallega de Ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada por Filipe V pola Pragmática de 1737, co nome de Real Colegio de Farmacéuticos coa finalidade de dedicarse ao cultivo e adiantamento da farmacia, química, botánica e historia natural. Ten a súa orixe na Congregación y Colegio de Boticarios de Madrid, baixo a advocación de san Lucas e de Nosa Señora da Purificación, documentado no s XVI e en 1939 tomou o seu nome actual. As súas institucións separáronse e o Real Colegio de Farmacéuticos comezou en 1751 as primeiras leccións de botánica, xerme da facultade de farmacia. Utilizando o seu local e laboratorio, Fernando VII creou en 1804 o Colegio de Farmacia de San Fernando. Dedícase ao estudo da farmacia fomentando diversas publicacións. Concede a Medalla Carracido para premiar servizos excepcionais á farmacia. Está dividida nas seccións de Química y Física, Biología, Tecnología y Farmacogenómica, Tecnología Farmacéutica; Farmacología y Farmacoterapia, Salud Pública, Alimentación y Medio Ambiente, Historia e Legislación y...

    VER O DETALLE DO TERMO