"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao NL da capital provincial (3.703 h [2001]). A agricultura baséase nos cereais e nas oliveiras, e no gando porcino e lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en La Tierra de Barros (12.487 h [2001]). A súa agricultura baséase nos cereais, no gando porcino e na industria avícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha (5.262 h [2001]). Está bañado polo río Gigüela, afluente do Guadiana. Ten industria do azafrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (191 h [2001]). Localizado na fronteira oriental do Reino de Castela, no lugar da cidade romana de Auca, foi sé episcopal ata 1075. Repoboada por colonos francos, en 1380 a Raíña Xoana Manuel fundou o hospital de San Antonio Abad. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santiago (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (3.647 h [2001]). Localizado na confluencia dos ríos Burbia e Valcarce, ao pé da serra dos Ancares, é o principal centro urbano do Bierzo Occidental. Capital histórica da comarca, a súa preponderancia minguou en beneficio de Ponferrada. Foi capital da provincia homónima entre 1821 e 1823. Na súa orixe, vinculada á peregrinación xacobea, foi unha poboación de francos establecidos alí por Afonso VI (1100), a carón dun cenobio de monxes cluniacenses fundado en 1070. O esplendor do culto xacobeo converteuna nun núcleo urbano dinámico no s XII, no que a metade da poboación era estranxeira. Esta importancia aumentou cando o Papa Calisto III (1455-1458) concedeu aos peregrinos enfermos ou impedidos, que pasaran pola porta do perdón da igrexa de Santiago, as mesmas indulxencias que se outorgan na basílica compostelá. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santiago,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga demarcación territorial de España que integraba territorios das comarcas do Bierzo, Laciana e Valdeorras, con capital en Villafranca del Bierzo. Dividiuse en catro partidos: O Barco de Valdeorras, Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo. Permaneceu vixente entre outubro de 1821, cando as Cortes aprobaron a nova planta provincial, e xullo de 1823, cando penetraron no Bierzo as tropas dos Cen Mil Fillos de San Luís para restaurar o Antigo Réxime. A reorganización provincial de 1833 non recuperou esta demarcación e desde entón o seu territorio quedou diluído entre as provincias de Ourense (partido do Barco de Valdeorras) e León (partidos de Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Castelló de La Plana, Comunitat Valenciana, no límite occidental da provincia (2.570 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano e guerrilleiro. Enfrontouse aos franceses durante a Guerra da Independencia e colaborou coa Xunta Suprema de Galicia. A causa das súas ideas liberais, secularizouse aínda que finalmente abxurou das súas ideas en 1829. Escribiu, entre outros, Observaciones sobre la libertad de imprenta, acompañadas de algunas razones apologísticas de nuestra santa religión (1811-1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Maxistrado do Tribunal Supremo, realizou traballos literarios, como os poemarios Los de abajo (1958), Con as rosas ao peito (1964) ou El principio y las zarzas (1972), e estudos xurídicos, como Demarcación judicial de Galicia (1969?) ou El delito ecológico (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. En 1537 marchou para América e participou na conquista de Chile. En 1547 Pedro de Valdivia nomeouno lugartenente e realizou expedicións ao sur. Depois da morte de Valdivia foi nomeado gobernador e capitán xeneral de Chile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Introduciu no seu país a arquitectura racionalista en detrimento da tendencia neotolteca. Recibiu o Premio Nacional de Artes (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Tabasco, México (520.308 h [2002]). Está situada na beira esquerda do río Grijalva. É o centro dunha rexión petrolífera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (2.519 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Articulista. De nome Damián Álvarez Villa­laín, dirixiu a Fundación Casares (2003-2005) e desde 2006 é asesor do presidente da Xunta de Galicia na área de cultura. Coor­dinador da comisión de teatro do Con­sello da Cultura Galega (desde 1998), ta­mén participou no consello reitor do Ins­­tituto Galego de Artes Escénicas e Teatrais (desde 1997). Foi xefe de prensa e publicacións do concello de Santiago (1988), director do Centro Dramático Gale­­go (1989-1991), presidente da Asociación Galega de Editores (1998-2000) e subdirector da Editorial Galaxia (1991-2002). Colabora en diversas publicacións periódicas, como Grial, Leer, Luzes de Galicia e A Nosa Terra. Realizou a dramaturxia de Um inimigo do povo (1997) para o Teatro do Noroeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar en Villalar, Valladolid, no transcurso das Comunidades de Castela, entre as tropas que apoiaban o Rei Carlos I e as dos comuneiros e que supuxo a derrota destes o 23 de abril de 1521.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura, en La Tierra de Barros (1.672 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado en El Condado, ao SL do pantano de Corumbel Bajo (3.510 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario que ten a súa orixe no señorío de Villalba outorgado por Pedro I a Fernán Pérez de Andrade a quen llo volveu outorgar en 1373 Enrique II. Diego de Andrade , VII señor de Villalba, recibiu dos Reis Católicos o título condal en 1486. Sucedeuno o seu fillo Fernando de Andrade e das Mariñas , II conde de Villalba, que recibiu tamén o título de conde de Andrade. A súa filla Tareixa de Andrade Zúñiga e Ulloa casou con Fernando Ruiz de Castro Osorio e Portugal, IV conde de Lemos. O fillo destes Pedro Fernández de Castro e Andrade , herdou todos os títulos e foi III conde de Villalba, II conde de Andrade e V conde de Lemos. O título permaneceu unido ao de Lemos desde entón. Desde 1955 a XX condesa de Villalba é María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva , XXI condesa de Lemos e XVIII duquesa de Alba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao L da capital provincial (5.944 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (229 h [2001]). Antiga encomenda dos templarios, do seu patrimonio cultural destaca a igrexa fortaleza de Santa María la Blanca (s XIII) e a capela de Santiago, onde se atopan os sepulcros románicos de Filipe, irmán de Afonso X, e a súa dona, Leonor Ruiz de Castro, xunto co doutro cabaleiro anónimo. A imaxe da Virxe Branca inspirou doce das cantigas de Afonso X o Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO