"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
PERSOEIRO
Escritor. De tendencia surrealista, publicou en 1919 a primeira recompilación de poemas titulada Mont de piété (Monte de piedade) e fundou xunto con Louis Aragon e Philippe Soupault a revista Littérature, órgano do dadaísmo, onde publicou Les champs magnétiques (Os campos magnéticos). En 1924 dirixiu a revista La révolution surréaliste e publicou Manifeste du surréalisme (Manifesto do surrealismo). As obras Légitime défense (Lexítima defensa, 1926) e Second manifeste du surréalisme (Segundo manifesto do surrealismo, 1930), foron a reacción fronte á tendencia inicial a unha socialización do surrealismo e ao control marxista en poesía, reacción que en 1935 lle fixo romper co partido comunista francés. En 1941 ante a prohibición de Anthologie de l’humour noir (Antoloxía do humor negro, 1940), marchou a América. Volveu a Francia en 1946, combateu contra o realismo socialista e contra Albert Camus, e fundou diversas revistas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
betónica.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. O nome de lugar pertence ao concello da Pastoriza.
-
Liñaxe procedente do lugar homónimo, na Pastoriza. As súas armas levan escudo cortado por unha faixa de azul: primeira partición, en campo de prata, con nove armiños de sable, postos en tres paos, de tres cada un, e segunda partición, en campo de ouro, con cinco flores de lis, postas en aspa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro que puido estar situado en Santa María de Bretoña (A Pastoriza) ou ben en San Martiño de Mondoñedo (Foz). Coñecido tamén como monasterium Maximi, remóntase á época sueva, e aparece citado na Divisio Theodomiri do s VI. O nome de Maximi, probablemente sexa unha latinización de Mailoc, nome do bispo da sé de Britonia, pois en bretón mael ten o significado de ‘grande’.
-
-
Relativo ou pertencente a Bretoña ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Bretoña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
betónica.
-
PERSOEIRO
Médico francés. Entre os seus traballos son fundamentais a descrición que fixo da anxina diftérica (1826), da primeira traqueotomía por crup diftérico (1825) e a individualización da febre tifoidea, separándoa das outras febres intestinais (1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia monetaria e financeira das Nacións Unidas que se celebrou entre o 1 e o 22 de xullo de 1944 en Bretton Woods, New Hampshire (EE UU), e na que participaron delegacións oficiais de 44 estados. Deu nacemento a dúas institucións de carácter internacional: o Banco Internacional de Reconstrución e Desenvolvemento (ou Banco Mundial) e o Fondo Monetario Internacional, para financiar a curto prazo os desequilibrios no comercio internacional. O obxecto esencial desta conferencia foi o de evitar os desaxustes monetarios que precederon á Segunda Guerra Mundial e favorecer a volta ao multilateralismo dos pagos. Presentáronse dous plans: un patrocinado pola delegación do Reino Unido, coñecido por plan Keynes, e outro norteamericano, o plan White, que finalmente foi o que se aprobou. O plan White proclamaba a volta indirecta ao patrón ouro e a constitución dun banco internacional que respectase a autonomía das políticas monetarias dos estados. A “orde de Bretton Woods” funcionou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título levado do s V ao IX por determinados soberanos dos reinos de Inglaterra, que significaba ‘dominador de Britania’ e expresaba a hexemonía exercida sobre os outros reis da illa.
-
PERSOEIRO
Psiquiatra e fisiólogo. Colaborou con Sigmund Freud, con quen publicou Studien über Hysterie (Estudio sobre a histeria, 1895). Descubriu o poder terapéutico da catarse, o que representou o punto de partida da psicanálise. Investigou tamén a función dos nervios pneumogástricos e a fisioloxía do aparello vestibular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, decorador e deseñador húngaro. Abandonou a escola de Belles Arts de Viena aos dezaoito anos e ingresou na Bauhaus de Weimar, onde chegou a ser profesor. A súa contribución á renovación do deseño do moble foi decisiva. No 1925 inventou o moble de tubo metálico adaptado á gran serie industrial, a cadeira Wassily. De todas as súas creacións, a máis orixinal é a cadeira cantilever (1928) en forma de S e recoñecida como a cadeira comercial máis empregada no mundo e síntese do deseño da Bauhaus. Apaixonado pola arquitectura, deixou a Bauhaus en 1928 e trasladouse a Berlín para estudar con profundidade esta arte. Co auxe do nazismo emigrou a Londres e aos EE UU, onde exerceu unha grande influencia na arquitectura e no urbanismo. Alí fundou un estudo de interiorismo adscrito aos principios racionalistas da nova arquitectura. Coa chegada definitiva do nazismo, marchou primeiramente a Londres, onde iniciou a construción dos seus edificios apoiados nun Y de cemento...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e prehistoriador. Especializouse no Paleolítico, revisando a división do período que estaba en vigor: substituíu a sucesión Chelense-Acheulense-Musteriense por unha máis diversificada na que se integraban momentos de carácter máis rexional (Clactoniense, Micoquense, etc) e introduciu o termo Abbevillense para se referir ao momento anterior ao Acheulense. Traballou en numerosos xacementos europeos e africanos, e tamén no litoral portugués e galaico, onde identificou o Camposanquense e o Ancorense, deixando unha profunda pegada na tradición científica galega. Así mesmo, salientou como estudoso da arte paleolítica, eido sobre o que publicou As pinturas rupestres esquemáticas da Península Ibérica (1933) e Catrocentos séculos de arte parietal (1952), entre outros libros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que para calquera enteiro n ? 48, existe un enteiro primo entre n e 9n/8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ervellaca.
-
-
Figo temperán que producen certas variedades de figueira en xuño ou xullo, máis grande e doce ca o que producen en agosto ou setembro. Pode consumirse fresco no verán ou deixar que seque para consumilo como figo paso durante o inverno.
-
Froita excesivamente madura ou en proceso de putrefacción.
-
-
-
De curta extensión ou duración.
-
Que se expresa con palabras precisas.
-
Documento pontificio, tamén chamado breve pontificio, menos solemne ca a bula, xa que carece de preámbulos, e cunha redacción que se centra na exposición concreta da resolución adoptada. Mentres que a bula trata a materia de fe ou de interese xeral, o breve trata asuntos políticos ou administrativos, nomeamentos, concesións ou licencias de carácter individual. Esta clase de documento recibe este nome dende o s XV, se ben xa se empregaba con anterioridade. Redactado en latín e con caracteres latinos, estendíase sobre un pergamiño sinxelo e orixinariamente portaba o selo de lacre coa pegada do anel do Pescador (sub anullo Piscatoris), que foi substituído a partir de 1842 por un selo de tinta vermella.
-
ocal ou sílaba breve, que por oposición á longa, ten menor duración. Nas linguas como o sánscrito, grego e latín, a cantidade vocálica tiña valor fonolóxico, por exemplo VĔNIT (3ª pers
-
Na primeira notación mensurada, nota musical, de forma cadrada e sen pao, que ten un valor equivalente á metade dunha longa e ao dobre dunha semibreve. Apareceu por primeira vez nos códices de principios do s XIII. Ata o s XV o seu valor puido equivaler á metade ou á terceira parte dunha longa. Na evolución posterior da notación recibiu o nome de cadrada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘breve’.
-
-
Libro da liturxia da Igrexa Católica Romana, tamén coñecido como libro das horas, que contén os textos do oficio divino ou liturxia das horas. Delimita o contido e a extensión das oracións, conferíndolles unidade. As partes ou horas canónicas, despois da reforma do concilio Vaticano II, quedaron fixadas en: oficio de lectura (os antigos matíns), laudes, tercia, sexta, nona, vésperas e completas (suprimiuse a hora prima). O breviario, que experimentou na súa composición unha complexa evolución e sucesivas reformas, debe a súa existencia á vontade do establecemento dunha pregaria considerada oficial pola igrexa. A práctica da oración nas comunidades cristiás primitivas foi un dos seus sinais de identidade e cohesión, en cumprimento da ensinanza de Cristo. Pero así como a práctica da oración se establecera como obrigatoria nestas igrexas pioneiras, non aconteceu o mesmo coa forma en que esta se desenvolvía, de xeito que cada comunidade, baixo a presidencia do seu bispo, organizaba...
-
Resumo no que se contén o esencial doutro texto moito máis amplo.
-
Libro que se le moito ou se consulta constantemente.
-
Carácter de letra ampla de nove puntos usada nos breviarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento composto e impreso en Braga no ano 1494 por Juan Gherlinc, editor establecido en Monterrei en 1490 tralo seu paso por Barcelona.