"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña en xullo de 1989. Subtitulouse “Asociación de telespectadores y radioyentes de la Coruña”. Esta publicación pertencía a unha asociación que creou este boletín contra a falta de obxectividade e a manipulación dos medios de comunicación. Baseouse na defensa dos telespectadores e radiooíntes, polo que ofrecía unha clasificación subxectiva das películas segundo a súa calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en xuño de 1961 en Lugo, e cesou posiblemente en 1963. Era unha revista técnica ao tempo que informativa. Publicou traballos sobre gandería, economía, enfermidades de animais e, en xeral, sobre toda clase de actividades agrarias. Contaba con catro seccións “Editorial”, “Sección legislativa”, “Sección informativa” e “Telegramas”. Na editorial afirmaban a intención de difundir novas e información diversa entre os seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu á luz en Vilarmaior, A Coruña, en abril de 1991. Estaba redactado en galego e posuía unha marcada tendencia nacionalista. Este boletín era órgano informativo da candidatura nacionalista independente de Vilarmaior, a CNIV. Con respecto á ilustración, contou cun debuxo humorístico de Xaquín Marín e outro de Xosé Luís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Pontevedra en 1982 e subtitulada “Órgano oficial de expresión del sindicato gallego de policía municipal”. contaba coas colaboracións de J. M. Omil, Jon Vicent, Fernanado Renovales, Isidoro Rodríguez e Carlos Epifanio, entre outros. Incluía as seccións   “Editorial”, “Prensa”, “Colaboraciones”, “Pasatiempos” e “Humor”, xunto como “Criminología”, “Situaciones que el condutor puede evitar a tiempo”, ou “Guía popular de Protección Civil II”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida en Santiago de Compostela en novembro de 1986. Foi editada pola Dirección Xeral de Tributos e Política Financeira, dependente da Consellería de Economía e Facenda. Ofrecía datos económicos e bancarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada no último cuarto do século XX en Vilagarcía de Arousa. Estaba subtitulado como “Boletín mensual de la Cámara oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vilagarcía”. De carácter informativo, en especial sobre aspectos da economía e da industria, servía como voceiro da devandita institución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en maio de 1969 na Coruña. Redactado en castelán e de tendencia fascista, contou coa colaboración de Mario Velo, Luis Mariño Lafuente, Santos Sánchez e Marín Paniagua. No sumario atopáronse títulos como “Editorial”, “Universidad y nacionalsindicalismo”, “Guardia de Franco: noticias y actividades”, “Aquí la vieja guardia”, “Franco o el acierto político” ou “Ayuntamiento de La Coruña”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín aparecido arredor do ano 1967, que desapareceu en 1968. Foi unha publicación bilingüe de carácter sindicalista e reivindicativo. Na primeira páxina facía un balance da historia sindical da universidade, baseada segundo o propio boletín na discusión e no debate das diversas posturas, e a promoción das primeiras asembleas libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade irregular aparecida na Coruña na década dos anos oitenta; concretamente, consérvanse exemplares de 1984. Continuou a editarse ata o número especial dedicado ao primeiro de maio, no ano 1986. Cómpre salientar o labor dos tres presidentes que fixeron posible a existencia e continuación deste boletín: Pablo Uriel Díaz, o maxistrado Claudio Movilla Álvarez e o avogado coruñés Guillermo Díaz Gómez. Só ocupaba unha folla que non acostumaba levar cabeceira. Esta publicación estivo profundamente vinculada ao Ateneo da Coruña, asociación que naceu en febreiro de 1977 co apoio de persoas que pertencían a distintos sectores sociais. Tendo en conta o gran número de actividades que levaban a cabo crearon comisións de cine, fotografía, política, muller, música, deseño, lingua, etc. Colaborou xente como Pablo Castellanos, Fernando Morán, Francisco Fernández Ordóñez, Juán Luis Cebrián, Javier Solana, Camilo Nogueira, Rafael Dieste, Xosé Luís Aranguren, Cristina Alberdi, Celso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida arredor de 1960 en Pontevedra, dirixida por Álvaro Peleteiro e que contaba coas colaboracións de José Casal, Ernesto Baltar, Nemesio Barxa e Domingo Estarque, entre outros. Incluía as seccións “Editorial”, “Resoluciones judiciales”, “Reportaje”, “Vida corporativa” e “Biblioteca”, amais de diversos artigos relacionados co mundo do Dereito en Galicia; entre eles, “Conclusións do I Congreso de Dereito galego” (nº 27-1973) e “O esprito comunitario do galego ao traveso das súas institucións xurídicas” (nº 28-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter corporativo e profesional que se editou en Ourense a partir de 1964.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter técnico aparecida na Coruña despois de 1975. De periodicidade bimensual, chegaba a todos os asociados da provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación nada probablemente en 1957 na Coruña. Editada en castelán, tiña como subtitulo “Federación Gallega de Fútbol”. Tiña periodicidade irregular. Entre os seus contidos pódense sinalar: datos técnicos sobre regras do xogo, clasificacións, artigos e comentarios sobre fútbol xuvenil e rexional. Inclúe fotografías e publicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu á luz na Coruña en xaneiro de 1956 e deixou de publicarse en 1965. A pesar de que esta publicación contou con poucas firmas, entre os colaboradores están A. Couce Doce, Enrique Señoráns, M. Suárez Perdigueiro ou Pedro González. Estaba dividido en catro seccións tituladas “Opiniones”, “Noticias y avisos del colegio”, “Disposiciones oficiales” e “Última hora”. Ofrecía, ante todo, información sobre as noticias e actividades que realizaban os médicos da provincia. Cando a ocasión o precisaba editaban un suplemento ou folla informativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurdiu na Coruña en maio de 1988 e o último número rexistrado é de 1991. Dentro do sumario incluíanse seccións como “Licencia fiscal”, “Noticias del colegio”, “Seguridad ciudadana”, “Audiencia provincial” e “Tribunal Superior de Justicia de Galicia”. No editorial do primeiro número, titulado “Nueva etapa”, podíase ler que se trataba dunha reaparición marcada por un novo estilo informativo, á marxe do labor que realiza outra revista ligada ao propio Colexio e titulada Foro Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en Santiago de Compostela en 1981. Fíxose cargo de materias relacionadas co concello, como a información municipal, estatísticas, bandos municipais, urbanismo, electricidade ou o servizo da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida probablemente no ano 1958 na Coruña. De periodicidade irregular, editábase en castelán. Constaba das seccións tituladas “Vida Profesional”, “Noticiario Escolar”, “Sección Legislativa” e outras. Desenvolve información referida a certificados de estudios primarios, calendario do curso escolar, entre outros temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación gratuíta en galego de carácter mensual, aparecida en febreiro de 1992 en Vigo por iniciativa da Concellería de Xuventude dirixida por Soledad Fernández. O boletín ofrece un abano moi amplo de información dirixida especialmente aos rapaces. Nel inclúense as seccións: “Presentación”, “Casa da Xuventude”, onde se expoñen todos os servicios dos que dispón a Casa da Xuventude de Vigo, “Cursos e Xornadas”, “Oposicións, traballo e outras ofertas”, “Becas e Bolsas”, “Premios e Concursos”, “Actividades e oferta cultural. Enderezos útiles” e “Avisos”.  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Guarda no ano 1979. Estaba editado pola sociedade Pro-Monte de Santa Tegra. Creouse cunha finalidade turística, polo que serviu para promocionar e conservar as tradicións vinculadas ao monte Santa Tecla, ao tempo que fomentaba as solemnidades relixiosas no Santuario, a repoboación forestal ou a construción dun camiño de acceso ao cume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación santiaguesa editada en marzo de 1961 co nome de Fátima e co subtítulo “Boletín de la Comunidad parroquial de nuestra señora de Fátima del Castiñeiro-Santiago de Compostela”. A partir do número 6 de 1961 titulouse Fátima en Santiago de Compostela, ata que en xuño de 1969 se nomeou Boletín interparroquial Fátima en Santiago de Compostela, e en xaneiro de 1976 Boletín interparroquial, Boletín Fátima en Santiago de Compostela, “Unha xeira nova do Boletín interparroquial”. Nos primeiros anos os artigos non ían firmados ou só levaban iniciais ou apelidos como Gómez, Casas ou Ro Pe Vi. Co tempo colaboraron Roberto Pereira, Xoán Casas, Manuel Romero Regenjo, Carlos Losada, Mario López, Camilo Nogueira, Xosé Ferreiro e Xulio Galego Barreiro, entre outros. Incluíu as seccións: “Cartas”, “Calendario”, “Libro de la vida”, “Correo del corazón”, “El Barrio”, “Cáritas”, “El Santuario” e outras. A medida que esta publicación evolucionaba, introduciu novas...

    VER O DETALLE DO TERMO