"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo da parroquia de Albá, (Palas de Rei). De fábrica románica moi alterada por modificacións posteriores, motivo polo que só conserva a nave. Destacan as portadas meridional e occidental, especialmente a primeira, que ten a súa única arquivolta de medio punto decorada con casetóns, motivo xeométrico só empregado nos arcos dalgúns templos do centro de Galicia. A porta oeste é abucinada, con dúas arquivoltas que se ornamentan con cadrados e con círculos afundidos e separados entre si. Polo seu estilo decorativo, debeu ser construída contra o 1200.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical coruñesa fundada no 1928 por Uxío Rivas Rey. O seu primeiro director foi o mestre Delio Vázquez; constituíu a súa actividade principal a difusión da música de pulso (guitarra) e púa (laúde e bandurria). Dende 1981 o seu presidente é Antonio Gundín Fandiño; Enrique Rodríguez Iglesias xunto con Antonio Gonçalves Soares, son directores da Orquestra Titular e Orquestra Xuvenil “Antonio Gonçalves”, respectivamente; Severiano Estévez Freire é o director do Grupo de Cámara; Jesús Garabato do grupo “Siglo de Oro” e Antonio Pernas Pais do “Cuarteto Galante”, conxuntos integrados por bandurrias primeiras e segundas, laúdes, guitarras e percusión. A maioría dos seus compoñentes actuais formáronse no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. O seu repertorio baséase na música clásica galega, española e estranxeira. Participa en festivais a nivel nacional e internacional acadando numerosos premios. Dende hai nove anos organiza o Festival Internacional de Música de Pulso e Púa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alberte II.
-
PERSOEIRO
Gravador alemán. Conxugou un estilo xermano propio de Durero cun estilo propio máis italianizante. Está incluído no grupo dos “mestres pequenos”, debido a que adoitaba traballar con gravados ao cobre, de formato reducido.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de orixe volcánica da provincia de Las Palmas, a máis setentrional do arquipélago das Canarias (12 km2), situada ao norte de Lanzarote.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Causar alegría a alguén.
-
Animar, dar vida.
-
Poñerse ou sentir alegría.
-
Pórse bébedo.
-
-
-
Que sente alegría.
-
Que adoita estar predisposto á alegría.
-
Que denota alegría.
-
Cor viva.
-
Capaz de infundir alegría.
-
Excitado pola bebida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comedia en cinco actos de W. Shakespeare. Falstaff, personaxe central que xa aparecía en O rei Enrique V, achégase a dúas damas casadas que o converten no seu xoguete ao longo dunha acción desenfadada e alegre e cun final feliz. Serviu de inspiración ás óperas Die Lustige Welber von Windsor (As alegres viúvas de Windsor, 1849) de O. Nicolai e Falstaff (1893) de G. Verdi.
-
-
Que está un pouco alegre.
-
Que está un pouco bébedo.
-
-
-
Sentimento de pracer que nace xeralmente dunha viva satisfacción anímica e que se manifesta con signos exteriores na faciana ou nas palabras.
-
trevoacedo.
-
Pareado de rima asonante típico da lírica popular andaluza, formado por un pentasílabo e un decasílabo ou un hexasílabo e un hendecasílabo. Tamén recibe este nome un tipo de seguidilla; conxunto de catro versos de arte menor onde os versos pares son pentasílabos rimados en asonante e os impares heptasílabos quedan soltos.
-
-
SEMANARIOS
Semanario satírico nado en Vigo o 17 de outubro de 1909, que cesou o 28 de agosto de 1910, no número 25. Foi dirixido por X. Llanos e impreso por Xosé Darse, dono da imprenta do Heraldo Guardés na mesma cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista peruano. Autor de La serpiente de oro (1935), Los perros hambrientos (1939) e El mundo es ancho y ajeno (1941). A súa obra, que se sitúa na corrente indixenista, tenta reflectir os problemas sociais e políticos das clases populares do Perú.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral cantábrico, na parroquia de Suegos do concello do Vicedo, na marxe O da ría de Viveiro situada ao N do Porto do Val.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral da parroquia de Suegos, concello de Vicedo, na marxe O da ría de Viveiro situada ao N da punta dos Monxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alegría que se manifesta con grande entusiasmo.
-
PERSOEIRO
Teórico e realizador cinematográfico ruso. Iniciouse no cine como colaborador de Einsenstein. No 1930 principiou unha liña baseada no gusto popular pola música e o circo, para adoptar posteriormente un estilo máis comprometido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Grecia (1917-1920), fillo de Constantino I, a quen sucedeu cando foi deposto polos aliados (1917). Nomeou Primeiro Ministro a Venizelos e aprobou a entrada de Grecia na Primeira Guerra Mundial. Polos tratados de Neuilly (1919) con Bulgaria e de Sevres (1920) con Turquía, Grecia aumentou o seu territorio. Mustafá Kemal non aceptou este último tratado e principiou a guerra contra Turquía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta romanés que participou na Revolución do 1848. Iniciouse baixo a influencia do Romanticismo francés e evoluíu cara a formas máis tradicionais. A súa obra componse de fábulas, sátiras e poemas de tema histórico, de carácter lírico-patriótico, foi recollida no 1863 co título Meditatii, elegi, apistole, satire si fabule.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en Santiago en decembro de 1958 por iniciativa de Paulino Pedret Casado, Benito Varela Jácome, Baldomero Cores Trasmonte, Francisco Otero Guldrís e Serafín González Prieto co gallo de honrar a memoria de Alfredo Brañas. Entre os seus primeiros obxectivos estaban: organizar un congreso rexional de Economía, Socioloxía e Dereito; crear unha Federación Rexional de coros galegos e unha exposición da obra pictórica de Maside. Tendo como precedente a homenaxe a Aurelio Aguirre -que celebraran no cemiterio compostelán de San Domingos-, esta agrupación organizou unha concentración en Carballo (1959) para celebrar o primeiro centenario do nacemento de Alfredo Brañas. A este acto acudiu Leandro Carré, en representación da Real Academia Galega, e nela colaborou tamén a comisión de Homaxe da Colectividade Galega a Alfredo Brañas que colocou unha placa conmemorativa en galego suscitando unha espiñenta polémica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Litografía impresa a partir dunha prancha de aluminio.