"Mac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi alcalde de Betanzos, e copiou do arquivo do mosteiro bieito de Meira (Lugo) un Cronicón ou Historia de Galicia, do que fixo un cotexo en 1704.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido polo Rei Filipe IV en 1654 ao cabaleiro de Santiago, Alonso de Lanzós e Novoa, Andrade e Soutomaior , vizconde de Laiosa. Herdou o título o seu fillo primoxénito, Bernardino de Lanzós e Andrade . O III conde foi o fillo do anterior, Antonio de Lanzós Montenegro e Soutomaior pero pasou cedo ao seu irmán Xosé Bieito de Lanzós Novoa e Andrade en tempos de Filipe V (1710). O seu fillo, Antonio Pedro Nolasco de Lanzós e Taboada , herdou o condado, pero á súa morte (1754), e sen deixar descendencia, o título pasou ao seu irmán Baltasar de Lanzós e Taboada . O VII posto sucesorio ostentouno outro irmán, Francisco Xabier e despois a última dos irmáns, María Ignacia . O seu fillo foi o IX conde de Maceda, Gonzalo Manuel de Lando e Lanzós. Os títulos que acumulou pasaron ao xeneral Baltasar Pardo de Figueroa e Sarmiento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Maceda. De planta cuadrangular, data cara ao s XII, e está encaixada nunha muralla que aínda presenta restos de dous torreóns redondos, barbacás e un corpo trapezoidal. O acceso era por unha porta en arco e o corpo tiña unha ampla solaina de balaústres e balconada. Foi utilizada basicamente como residencia, e entregada a María Fernández, filla de Tareixa de Portugal e Pedro Froilaz, conde de Traba, polo seu casamento con Xoán Ares de Novoa (s XIII). Na Segunda Guerra Irmandiña (1467), o castelo de Maceda foi asaltado e derrubado en parte por Diego de Lemos, fillo de Afonso López de Lemos. Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi socio fundador e secretario do Instituto Histórico e Geográfico Brasileiro desde 1845. De tendencia romántica, a súa obra A moreninha (1884) é a primeira manifestación destacada da novelística brasileira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. Foi membro da Nova Arcádia e mantivo moitas polémicas con Bocage e Almeida Garrett. Influído pola Ilustración, contra a que reacciona a partir da invasión napoleónica, é coñecido sobre todo pola súa prosa xornalística, como Motim literário em forma de solilóquios (1811) e A besta esfolada (1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao territorio de etnia macedonia baixo xurisdición grega.
-
Natural ou habitante do territorio macedonio baixo xurisdición grega.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ensalada preparada con anacos de froitas variadas aos que se lles engade azucre e licor ou zume de froitas.
-
REXIÓNS
Rexión administativa de Grecia, dividida en 16 nomoi (42.419 km2; 2.599.076 h [1991). A capital é Salónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da Península Balcánica, situada entre Albania e Bulgaria, compartida por Grecia e a República de Macedonia (59.890 km2; 2.033.964 h [1991]). Esténdese desde as montañas do S de Serbia ata o Mar Exeo. Comprende a conca do Vardar e as vertentes meridionais do Rodope ata Tracia. Os centros máis importantes son Salónica, capital da Macedonia grega, na costa, e Skopje, no interior, capital da República de Macedonia. A maior parte dos historiadores gregos clásicos consideraron aos macedonios estranxeiros ata finais do s IV a C, cando Macedonia se converteu na principal potencia de Grecia. A fin da súa independencia chegou coa Batalla de Pidna (168 a C), onde foi derrotada polos romanos e dividida en catro confederacións, teoricamente independentes. Posteriormente Diocleciano dividiuna en dúas provincias. Ocupada sucesivamante polos visigodos, hunos, ostrogodos, ávaros e eslavos, a partir do s VII formou parte do Primeiro Imperio Búlgaro (608-1018). Integrada no Imperio Bizantino...
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
República situada no centro dos Balcáns, que limita con Serbia ao N, con Bulgaria ao L, con Grecia ao S e con Albania ao O (25.713 km2; 2.038.000 h [estim 2001]). A capital é Skopje.
Xeografía física
Comprende o sector setentrional da rexión de Macedonia, que se corresponde coa conca alta do río Vardar. Está formada por diversas serras, cunha dirección NL- -SO, que sinalan a divisoria de augas entre o Mar Exeo e a conca do Danubio. A característica morfolóxica dominante é a presenza dunha serie de concas rodeadas de montañas, nas que a altitude diminúe de O a L, e que finalizan ao entrar en contacto co val do Vardar. O clima é predominantemente continental, onde o Vardar divide a república en dúas zonas climáticas: o S é máis mediterráneo, mentres que o N conserva as características do clima continental. A pluviosidade aumenta coa altitude. Os ríos principais desembocan no Mar Exeo.
Xeografía económicaEconomía...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos macedonianos.
-
Individuo do grupo macedoniano.
-
Grupo de herexes coñecidos tamén como pneumatómacos, que se desenvolveu durante o s IV. Seguidores do patriarca de Constantinopla, Macedonio, negaban a divindade do Espírito Santo e considerábano inferior ao Pai e ao Fillo, cunha natureza similar á dos anxos. Foron condenados polo Concilio de Constantinopla (381).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
macedonio.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Macedonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Macedonia.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos macedonios ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo macedonio.
-
Pobo que na Antigüidade habitou na rexión da Península Balcánica, comprendida aproximadamente entre Albania, Grecia e Bulgaria.
-
-
-
Lingua que se supón de orixe indoeuropea e pertencente ao grupo centum. Coñeceuse a partir de glosas de lexicógrafos antigos e de nomes propios que revelan certa afinidade cos dialectos gregos, pero con algunhas particularidades que lle dan un carácter especial (presencia de consoantes sonoras no lugar das xordas aspiradas).
-
Lingua eslava do phylum indoeuropeo que se fala en Macedonia. Consolidouse como lingua literaria despois da Segunda Guerra Mundial.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do nome persoal grego Makedonios, latinizado en Macedonius (‘natural de Macedonia’). Destacan con este nome os santos san Macedonio (s II), fillo de san Fileto e mártir en Iliaria, celebrado o 13 de marzo, e san Macedonio (s IV), mártir en Nicomedia, celebrado o 12 de setembro.
-
PERSOEIRO
Escritor romanés. Fundou a revista Literatorul (1880), baixo a influencia das correntes simbolistas francesas, e considerouse o precursor do simbolismo romanés. Escribiu Poezii (1882), unha serie de once Nopti (a partir de 1882), Excelsior (1895), Flori sacre (1912) e Poema rondelurilor (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Alagoas, Brasil, situada na costa Atlántica (794.894 h [2000]). Destaca a industria de produtos alimentarios, tabaco e azucre.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Árbore caducifolia de ata 12 m de altura, de follas ovais, serradas e tomentosas no envés. Presenta flores brancas e rosadas, dispostas en umbelas e o froito (mazá) de tipo pomo, carnoso e de coloración variada. É orixinaria de Europa oriental e Asia occidental, aínda que é cultivada desde tempos moi antigos. Existen máis de cen variedades. A madeira, densa e dura, é apreciada sobre todo como leña e para facer mangos de ferramentas.
-
Árbore pequena, de 2 a 10 m de altura, máis ou menos espiñoso, de follas ovais, flores brancas ou rosadas dispostas en umbelas e de foito de tipo pomo, carnoso de 2 a 3 cm de diámetro, acedo ou doce. É unha árbore autóctona, escasa, que se pode atopar en fragas e bosques mixtos.
-
-
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Rateira, que nace e desemboca na parroquia de Torea (Muros).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -