"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • Técnica fotográfica de análise de movementos cíclicos complexos baseada no emprego do cronociclógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato de gravación cinematográfica que superpón ao mesmo tempo unhas pulsacións luminosas que posibilitan a medición do tempo. Permite a obtención de cronociclogramas e o estudo da secuencia de movementos dun traballo manual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravación cinematrográfica obtida cun cronociclógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos movementos e do tempo que se teñen que desenvolver e empregar para levar a cabo con eficacia un esforzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en castelán editada dende 1995 en Madrid pola Sociedad Española de Ciencias Forestales con sede en Lourizán (Pontevedra). Dirixida por José Alberto Pardos Carrión, presidente da sociedade, e coas colaboracións na coordinación de Ricardo Vélez Muñoz e F. Javier Silva Pando, onde se refliten, en forma de monográficos, os acordos dos distintos grupos de traballo que constitúen esta entidade, relacionados coa ordenación de montes, a economía, a hidroloxía e a política forestal, os incendios, o cambio climático e a tecnoloxía da madeira, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecer un curtocircuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno provocado pola conexión voluntaria ou accidental de dous puntos dun circuíto, entre os que hai unha diferenza de potencial, mediante un condutor de impedancia moi pequena. Caracterízase polo paso dunha corrente de intensidade moi elevada a través do condutor, que produce unha gran cantidade de calor. Para protexerse contra os curtocircuítos empréganse diversos dispositivos, coma fusibles, disxuntores ou relés térmicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación do dacriocisto ou saco lacrimal debida a unha obstrución, conxénita ou non, do conduto nasolacrimal; produce o estancamento das lágrimas e a conseguinte infección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito membranoso, situado no lado interno da base da órbita ocular, que contén as lágrimas que proveñen dos condutos lacrimais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1124-1153), fillo de Malcolm III. Sucedeu o seu irmán Alexandre I e interveu na sucesión de Enrique de Inglaterra, pero foi derrotado en 1138. Asegurou a monarquía escocesa e baseou o seu reinado nunha estrutura feudal. Reactivou a economía e renovou as fundacións eclesiásticas, a xustiza e o exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Escocia (1329-1371), fillo de Roberto I Bruce. Eduardo III de Inglaterra venceuno nos anos 1332, 1333 e 1346. Foi liberado polo Tratado de Berwick (1357) a cambio de recoñecer a supremacía inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar algo que estaba asociado.

    2. Separarse dunha sociedade ou compañía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso partenoxenético que orixina tanto machos coma femias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á deuterotocia.

    2. Que é producido por deuterotocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fervor pola relixión ou polas prácticas relixiosas.

      2. Actitude ou predisposición de piedade e dependencia cara a Deus ou os santos.

      1. Amor intenso por alguén ou por algo relacionado coa relixión.

      2. Predilección por algo ou por alguén.

      1. Práctica relixiosa.

      2. libro de devoción

        devocionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro que contén as oracións coas que os fieis cristiáns exercitan a súa devoción. Desde o s XIII empregouse como devocionario o Libro das horas. No s XVII abundan as obras devotas de carácter popular (novenas, reloxos da paixón, via crucis, oracións aos santos e á Virxe, rosarios, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facultade de executar voluntaria e rapidamente unha serie de movementos sucesivos e opostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada por Génese Comunicación y Publicidad en Vigo a partir do 25 de decembro de 1995. Titulouse inicialmente como 7 Días de Ocio. Dirixida por Javier Cea, contaba cun consello de redacción formado por Cora Peña, Carmen Gutiérrez, José Páramos, César F. Tejedor, Arturo Enríquez e Alfonso Fernández, entre outros. Incluíu información sobre televisión, espectáculos, literatura e música, ademais de recomendacións cinematográficas e a programación de Telecidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade artística situada en Londres. A súa orixe está nas reunións que dende 1732 realizaban algúns mozos, pertencentes á burguesía e á nobreza, nunha taberna londinense para discutir e mostrar opinións sobre a arte antiga. Financiaron expedicións arqueolóxicas, axudaron a lord Elgin na compra dos mármores do Partenón e moitos dos seus membros doaron as súas coleccións arqueolóxicas ao British Museum. Dende a súa fundación, nomearon un pintor oficial encargado de realizar os retratos dos seus membros, o primeiro deles foi George Knapton; posteriormente, ocuparon o cargo, entre outros, sir Joshua Reynolds e sir Thomas Lawrence.

    VER O DETALLE DO TERMO