"OCR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 295.

  • Programa educativo comunitario da Unión Europea creado polo Parlamento Europeo e o Consello de Ministros en 1995. A súa primeira fase desenvolveuse entre 1996 e 2000 e a segunda entre 2000 e 2006. O seu principal obxectivo é facer posible que os alumnos de calquera nivel educativo e con todo tipo de necesidades especiais participen plenamente nas distintas actividades do programa. O SÓCRATES está dividido en oito accións, entre as que cómpre destacar COMENIUS, que se centra na educación escolar; ERASMUS, de educación universitaria; GRUNDTVIG, que cobre a educación de adultos e outros itinerarios educativos relacionados coa educación permanente; LINGUA, que pretende fomentar o ensino e a aprendizaxe de idiomas; MINERVA, enfocado ás novas tecnoloxías en educación; e ARION, que proporciona visitas de estudo educativas para asesores e altos cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sócrates.

    2. Seguidor de Sócrates e da súa filosofía.

    3. Cada unha das escolas filosóficas baseadas no ensino de Sócrates e especialmente na doutrina da identidade entre virtude e coñecemento do ben. Destacaron as escolas de Megara, a cínica e a cirenaica.

    4. Conxunto de filósofos que integraron as escolas socráticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de pensamento de Sócrates.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo unitario integrado pola práctica totalidade dos partidos de esquerdas de Galicia de carácter estatal non nacionalista: o PC de Galicia, a Federación Galega do PSOE, o Partido Socialista Popular (PSP) de Galicia e os comités nacionais galegos da Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e do Partido del Trabajo de España (PTE), xunto a outras pequenas forzas e persoeiros independentes. Vertebrou a estratexia da oposición, que consistía nunha acción combinada de presión e negociación, e defendeu o establecemento dun goberno autónomo para Galicia, con carácter transitorio, en base aos principios e institucións do Estatuto de Autonomía de 1936, como sistema de articulación política nun futuro estado democrático e ata que o pobo galego decidise unha nova fórmula de articulación. Integrouse na Plataforma de Organizaciones Democráticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dominio militar ou económico sobre os mares.

    2. Sistema político ou de goberno cuxa potencia reside no dominio que este exerce sobre os mares, principalmente no que respecta as rutas comerciais. Orixinariamente o termo designaba o goberno da civilización minoica, cuxo poder dependía da súa armada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación entre dous organismos con beneficio só para un deles porque ese último se aproveita do cadáver do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • isocronismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Goberno constituído por técnicos ou rexido fundamentalmente por criterios técnicos, no que respecta ao exercicio de poder.

    2. Categoría ou estrato social constituído polos tecnócratas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tecnocracia.

    2. Partidario ou seguidor da tecnocracia.

    3. Funcionario que exerce un cargo público en virtude da súa preparación técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos tecnócratas ou á tecnocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de goberno en que a soberanía é exercida teoricamente pola divindade. O termo creouno Xosefo Flavio para distinguir o réxime político hebreo das outras formas (monarquía e democracia) teorizadas por Aristóteles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á teocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política medieval que pretendía que o poder real recibira a súa constitución por un acto do poder eclesiástico, ao que quedaba vinculado legalmente, xa que a lei divina estaba dentro da xurisdición eclesial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta bucólico grego. Instalado na corte de Alexandría, realizou un gran labor literario ao crear un novo tipo de poesía que máis tarde, transformada por Virxilio, se converteu no xénero bucólico ou pastoral. Da súa obra, que chegou co nome xenérico de Idilios, destacan un grupo de poemas que demandan a protección real. Outros son de carácter épico, con elementos da epopea e breves. O corpo central da obra está formado por composicións moi específicas que evocan escenas da vida do campo ou ben da vida cidadá. Teócrito levou a Alexandría, da súa terra siciliana, as disputas poéticas campesiñas, en que o tema de desafío musical é constante. O idilio VII (As talisias) é un dos seus poemas máis coñecidos. A lingua é dórica ou ben épica, agás un pequeno grupo (XXVIII, XXIX e XXX), escritos en lingua e metro eólicos. A súa poesía gozou dunha grande estima no período renacentista e influíu tamén nas literaturas occidentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime político en que os dereitos e deberes dos cidadáns se establecen en proporción do seu censo ou contribución, como a constitución de Solón, en Grecia, ou a de Servio Tulio, en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á timocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político catalán, fundado en 1931 como partido catalanista e democrático de inspiración cristiá, pero non confesional. Durante a Guerra Civil mantívose fiel ás institucións catalás e democráticas pero manifestou a súa oposición aos gobernos que as rexían. Ao termo da guerra moitos dos seus membros exiliáronse e outros reorganizárona clandestinamente en 1941. En 1965 formou parte do Equipo Democratacristiano de España, co que se integrou na Unión Europea e na Unión Internacional Democratacristiá. En 1979 formou con Convergència Democràtica de Catalunya (CDU) a coalición Convergència i Unió (CiU) coa que conseguiu representación nas institucións catalás, españolas e europeas e formou parte dos gobernos da Generalitat (1980-2003). Foi presidida por Miquel Coll i Alentorn ata 1988, Joan Rigol i Roig (1988-1990) e Josep Antoni Duran i Lleida, desde 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición de partidos políticos fundada durante a Transición (1977), baixo o liderado de Adolfo Suárez. Estaba integrada polo sector de centrodereita, os sectores evolucionistas do Franquismo (F. Abril i Martorell, P. Cabanillas, L. Calvo Sotelo e R. Martín Villa) e grupos da oposición democrática máis moderada encabezados por F. Álvarez de Miranda ou F. Fernández Ordóñez. Nas eleccións lexislativas do 15 de xuño de 1977 obtivo o 34% dos votos (166 escanos), e gobernou grazas ao apoio parlamentario e ao consenso establecido con Alianza Popular, o PSOE e o PCE. Aínda que foi reelixido nas eleccións de 1979 con maioría relativa (34,8%; 168 deputados), as disputas internas polo poder e os fracasos nos comicios autonómicos de 1980 en Euskadi e Catalunya sumírono nunha crise que derivou na dimisión de Suárez (1981) como presidente do goberno e do partido, polo que foi subtituído ata o fin da lexislatura L. Calvo Sotelo. Entre 1981 e 1982, unha serie de escisións deron lugar ao Partido Demócrata...

    VER O DETALLE DO TERMO