"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • Antiga fortaleza situada en Castro de Rei. Construído no s XVI, puido pertencer ao conde de Lemos. Rodeado de murallas, foi escenario das loitas irmandiñas pero non desapareceu ata 1941. Tiña torre de planta cadrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Foi priorado do mosteiro beneditino de Carracedo (León) e do cisterciense de Montederramo. Da primitiva construción románica do s XII, planta basilical e tres ábsidas semicirculares, só se conservan parte dos muros e unha ábsida semicircular cuberta por unha bóveda de canón e outra de cuarto de esfera. No seu interior hai restos de pinturas murais de finais do s XV e un capitel prerrománico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga. En 1987 gañou o I Premio Literario Ánxel Fole coa obra O trasmundo de Ánxel Fole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e cirurxián. Centrou a súa actividade médica no ámbito clínico, principalmente na cirurxía vascular. Formouse en cirurxía xeral co doutor Xerardo Fernández Albor no Policlínico La Rosaleda, en Santiago de Compostela, e foi médico adxunto do servizo de cirurxía vascular do doutor Sobregrau no hospital Vall d´Hebron de Barcelona (1970-1975). Posteriormente foi xefe do servizo de anxioloxía e cirurxía vascular do centro médico POVISA de Vigo (1976-1998); dende ese posto modernizou a cirurxía vascular en Galicia. Entre as súas publicacións destaca “Isquemia aguda producida por drogas y fármacos” (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario, pianista e político. Licenciado en Dereito (1954), realizou estudios musicais en Santiago de Compostela con Ángel Brage e no Real Conservatorio de Música y Declamación de Madrid con Cubiles e Aroca e obtivo en 1951 o primeiro premio do Conservatorio Nacional. Continuou a súa formación pianística en París con Ives Nat e, na École Normale de Musique, con Alfred Cortot; posteriormente, foi discípulo de Carlo Zecchi en Roma e de Guido Agosti en Siena, e desenvolveu a súa actividade como concertista en España, Italia, Portugal, Marrocos, Francia, Austria, Arxentina e Noruega, entre outros países. Docente no Conservatorio de Santiago de Compostela, actuou como solista coas principais orquestras españolas e europeas. En 1969 foi designado presidente da empresa Castromil trala morte do seu avó, Evaristo Castromil. Baixo a súa dirección a empresa experimentou unha grande expansión e un proceso de modernización. Preocupado pola galeguización do mundo empresarial, desenvolveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación das mucosas das vías respiratorias altas que vai acompañada, polo xeral, de tose, espirros e secreción nasal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, fillo de Ventura Caulonga. Foi discípulo de Magariños e estivo en contacto cos principais obradoiros escultóricos de Santiago de Compostela e completou os seus estudios na Escola de Artes e Oficios Artísticos. A súa obra centrouse na produción de retablos, tallas de pequeno formato, esculturas e relevos de temática fundamentalmente rexionalista, que están dispersas por diversas institucións de Galicia e do estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico, fillo de Ventura Caulonga. Estudiou belas artes na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Asorey; coñeceu a escola de pintura de Tito Vázquez e completou a súa formación con Roberto González del Blanco. Dende 1956 residiu en Madrid onde asistiu ás clases do Círculo de Bellas Artes. Traballou no taller do gravador Dimitri Papageorgius. Cultivou o debuxo, o gravado e a escultura e, sobre todo, a pintura ao óleo. Interesado polos primitivos renacentistas, a pintura flamenga e as últimas vangardas, buscou a plasmación da realidade e dos soños do home. Realizou traballos de restauración na catedral de Friburgo e as escenas dos baixorrelevos que decoran os bancos da Plaza Mayor de Madrid. As súas creacións están en diversos museos galegos, nacionais e internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral occidental da Illa de Ons, situada na parroquia da Illa de Ons (concello de Bueu), ao N da enseada de Caniveliñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Cebreiro ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Cebreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queixo elaborado con leite de vaca, opcionalmente de cabra, en proporción minoritaria, propio da zona oriental da provincia de Lugo. A súa obtención documéntase desde o s XVIII, aínda que as súas características apuntan a unha orixe moi antiga. Consómese principalmente como sobremesa. Preséntase madurado, tenro a curado. Trátase dun queixo graxo, cun peso entre un e dous quilogramos, cunha codia tan fina que apenas se recoñece, de cor branca amarelada. Nos queixos artesanais madurados adoita estar balorecida. A pasta é branca, de mol a semidura, untuosa e fundente, granulosa, esmigallable e con estrías. O sabor é lácteo e acedo, incluso lixeiramente amargo e picante nos máis curados. É moi característica a súa forma de gorro de cociñeiro. O método tradicional de elaboración consiste en permitir o callado por acedificación láctica do leite cru a 20° durante un ou dous días, ao que se lle engade un pouco de callo animal. O callado esmigállase á man, escórrese nunha bolsa de tea e a continuación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Tosende, no concello de Baltar. O seu cumio acada os 1.265 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pino baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prenome feminino e apelido que ten a súa orixe nos topónimos homónimos espallados por toda Galicia. Os nomes de lugar Cebreiro e Cebreiros son de carácter abundancial e, aínda que antigamente se interpretou este termo como derivado do latín Februariu ‘mes de febreiro’, parecen remitir á presenza no lugar de cebros ‘asnos salvaxes xa extinguidos na Península’ ou de acevros, con aférese da sílaba inicial. No primeiro dos casos, o étimo que o explica é o latín vulgar *ecĭfĕru, derivado de equiferu, composto de equu ‘cabalo’ e feru ‘salvaxe, bravo’ (aplicado na Idade Media ao asno salvaxe) e mais o sufixo -ariu; e no segundo caso remite ao latín vulgar *acifolu, derivado do clásico aquifoliu, máis o sufixo -ariu. Sábese, polas documentacións medievais, que o Cebreiro de Pedrafita ten como etimoloxía *ecĭfĕru; sen...

    2. Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, un brazo de prata, movente da parte sinistra da punta, entre chamas de goles, sostendo na man, tamén en prata, unha espada do mesmo metal; na parte superior destra do escudo, un libro aberto de prata, superado dunha estrela de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, ilustrador e caricaturista. Estudiou na Escola de Comercio da Coruña ata que en 1919 comezou a colaborar como caricaturista en diversas publicacións como A Nosa Terra, Mondariz ou Alborada. Posteriormente traballou como ilustrador nas revistas Vida Gallega, Ronsel e Alfar e en El Ideal Gallego, xornal no que publicaba diariamente os seus debuxos acompañados dun pé cunha mensaxe filosófica. Ingresou na Irmandade da Fala da Coruña en 1920. En 1922 asinou con Manuel Antonio o manifesto vangardista Máis alá. En 1923 viaxou a París, onde frecuentou academias libres e trabou amizade con numerosos artistas da época, entre eles o pintor Foujita. Deixou de publicar por causa da Guerra Civil ata 1945. A súa obra posúe un grafismo de trazo expresivo, que nalgúns casos se achega ao retrato psicolóxico, acompañado de pés que subliñan o seu agudo e sutil sentido do humor. Entre as súas caricaturas salientan as de Antón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de santa María. Por ela penetra na Comunidade Autónoma de Galicia o Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado no Cebreiro do que só se conserva a igrexa. A súa orixe está na fundación dun hospital para peregrinos e dun pequeno templo no s IX, fundados posiblemente por Xerardo, conde de Aurillac, despois de percorrer o Camiño de Santiago. O mosteiro noméase nun documento de doazón de Afonso III ao bispo de Iria no 833. Estas dependencias substituíronse por outras en 1072, cando Afonso VI lles cedeu o control do hospital aos monxes franceses da abadía de Saint-Geraud d’Aurillac, máis tarde anexionada á de Cluny. O mosteiro recibiu privilexios e doazóns de Afonso VI, Afonso VII e Fernando II. En 1487, os Reis Católicos, peregrinos a Compostela, ampliaron o primitivo hospital e separárono, grazas á bula de Inocencio III, de Aurillac. En 1496 pasou a depender da congregación de san Benito el Real de Valladolid ata a súa exclaustración en 1835. O deterioro que sufriu o conxunto monástico alongouse ata que no ano 1962 se iniciou a rehabilitación do hospital, convertido na Hospedería...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, unha caldeira de ouro sobre chamas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Dereito (1997) pola Universidade da Coruña e profesor na facultade de dereito da Universidade da Coruña, especializouse na historia da administración galega na Idade Moderna. Realizou investigacións en Catania (Italia) e Santiago de Chile. Colaborador da Revista Galega de Administración Pública (REGAP) e do Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, foi autor de El Municipio de Santiago de Compostela a finales del Antiguo Régimen: (1759-1812) (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten ao seu cargo un celeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO