"Rus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 386.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe principal do teatro de monicreques ruso. Probablemente provén do pulchinelo italiano, con que comparte diversas características, aínda que adaptadas ao país. Xunto con outros personaxes forma o conxunto teatral de improvisación e humor que representa escenas satíricas, cómicas, costumistas, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos artiodáctilos, da familia dos súidos, ao que pertence o xabaril verrugoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos trogoniformes, ao que pertence o quetzal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos fenicoptéridos, ao que pertencen os flamengos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos túrdidos, ao que pertence o rabirrubio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de virus constituídos por RNA da cadea simple, con cápsida núa e simetría icosaédrica, normalmente presente nos condutos respiratorios e gastrointestinais do home e doutros vertebrados. Son os causantes de infeccións gastrointestinais e respiratorias, poliometile, meninxite aséptica e infeccións que causan lesións cutáneas e nas mucosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos falcónidos, ao que pertence o caracará.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da orde dos porais, co sombreiro carnoso e redondo, himenio poroso, de cor ocre, coa cutícula escamosa e o pé moi curto. En Galicia dáse a especie P. squamosus, que vive sobre árbores caducifolias e sobre coníferas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos carnívoros, da famillia dos félidos, de pequeno tamaño, co corpo de 50 cm e a cola de 15 cm, que se alimenta de pequenos mamíferos, aves, anfibios e peixes. Son naturais de Asia e viven en selvas tropicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes osteíctios pulmonados, da familia dos lepidosirénidos, da orde dos dipnoos, de distribución africana, con dous pulmóns, que utilizan de forma habitual, especialmente en condicións de falta de osíxeno, e branquias moi reducidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de protruír.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea dobre de ADN, orixinada pola transcrición inversa dunha molécula de ARN viral procedente dun retrovirus, que necesita integrarse nos cromosomas da célula hospedadora para poder expresar os seus xenes e sintetizar novas moléculas de ARN virais.
-
PERSOEIRO
Escritor polaco. De nome Aleksandr Glowacki, cultivou o xornalismo e escribiu narracións breves, como Anielka (1880). Converteuse no retratista da sociedade e da burguesía polaca nas novelas Plakówka (Lugar de garda, 1885), Emancypantki (Os emancipados, 1891-1893) e Faraon (O faraón, 1895-1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado alemán, situado entre o centro e o N da antiga Alemaña unificada, desde as montañas de Alemaña central ata o mar do Norte, e do Rin ao Nemunas (292.800 km2). Como estado libre incluía Prusia Oriental, situada ao L do corredor polaco, que cortou o territorio prusiano despois da Primeira Guerra Mundial, Brandenburgo, Pomerania, Silesia, gran parte da Saxonia, Slesvig-Holstein, Hannover, Westfalia, Hessen-Nassau, as provincias do Rin e os países de Hohenzollern ao SO de Alemaña, enclavados dentro do territorio de Baviera. O seu territorio está atravesado pola maioría dos grandes ríos alemáns; Rin, Ems, Weser, Elba e Oder. A súa economía baséase na agricultura, con predominio do cultivo de patacas, centeo, orxo e avea. Nas rexións occidentais, hai un predominio da industria, sobre todo no Rhur prusiano que se beneficiou dos depósitos de carbón. Os sectores industriais máis desenvolvidos son os da siderurxia e metalurxia, a química, o téxtil, a electrotecnia, a mecánica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do antigo Reino de Prusia, situada ao O do Vístula, con capital en Gdańsk. Durante os ss XII e XIII constituíu o ducado polaco de Pomerelia e en 1309 foi conquistada pola orde Teutónica. En 1466 reincorporouse a Polonia e recibiu o nome de Prusia Real. A primeira repartición de Polonia (1772) atribuíuna ao Reino de Prusia, e polo Tratado de Versailles (1919) incorporouse novamente ao estado polaco, excepto o enclave de Gdańsk, que se converteu en cidade libre e que non se uniu a Polonia ata 1945.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do antigo Reino de Prusia, que comprendía o litoral báltico entre o Vístula e o Nemunas, con capital en Königsberg. Aproximadamente correspondía aos dominios da orde Teutónica, que en 1525, ao secularizarse, constituíron un ducado hereditario a favor do gran mestre Alberte de Hohenzollern (Alberte I de Prusia). Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) a maior parte da poboación, de etnia e cultura xermánicas, foi evacuada. A Conferencia de Potsdam (1945) atribuíu a parte norte á URSS e o sector meridional a Polonia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter do exército prusiano, baseado na despersonalización, a obediencia cega e a instrución inflexible, que caracterizou as tropas alemanas ata 1945.
-
-
Relativo ou pertencente a Prusia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Prusia.
-
Lingua báltica do phylum indoeuropeo que se falaba antigamente en Prusia Oriental. Extinguiuse a finais do s XVII pola penetración do alemán. A principal fonte de coñecemento do antigo prusiano procede de tres catecismos da Reforma do s XVI, traducidos do alemán: o primeiro baseouse no Catecismo Menor de M. Lutero e o segundo é unha revisión do primeiro. O terceiro, o Encheiridion, foi traducido en 1561 por Abel Will. Tamén se conservan algúns restos en topónimos e antropónimos. Os textos en prusiano antigo, e en calquera outra lingua báltica, máis antigos estaban escritos nun vocabulario xermano-prusiano, o vocabulario Elbing, que se conserva nunha copia de 1400, escrito no dialecto prusiano meridional, en Pomerania. Outro vocabulario, aínda que máis pobre, é o compilado por Simon Grunau (1517 e 1526).
-
-
PERSOEIRO
Rei de Bitinia (230? a C). Participou na Primeira Guerra Macedonia e, máis tarde, instigado por Aníbal, atacou a Eumenes II de Pérgamo e foi derrotado, aínda que a mediación dos romanos permitiulle salvar a integridade do seu estado.
VER O DETALLE DO TERMO