"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

    1. Estender unha determinada cultura.

    2. Adquirir cultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. División administrativa do pobo romano vinculada a unha organización de tipo territorial creada polos etruscos. O pobo romano constaba de 30 curias, 10 por cada unha das tres tribos xentilicias, que se identifican cunha das partes da superficie da antiga Roma. Tiñan un nome propio, xunto cun templo e un culto determinados; á fronte delas estaba o magister curiae ou curión, con funcións relixiosas. Na época monárquica formaban a base da organización do exército, xa que proporcionaban un número determinado de soldados e cabaleiros, pero dende os comezos da República perderon esta función. Na época imperial conservou o privilexio da investidura do imperium ás maxistraturas, xunto con numerosas atribucións en materia relixiosa. A reunión de todas as curias convocaba os comicios curiados.

    2. Senado ou asemblea de cada un dos municipios ou colonias romanas formado polos decurións.

    3. Edificio do foro, na antiga Roma, onde tiñan lugar as asembleas civís, especialmente as do Senado, ou as relixiosas.

      1. Conxunto de organismos administrativos, xudiciais e de goberno para os asuntos eclesiásticos.

      2. curia diocesana

        Organismo ao servizo do bispo e composto por diferentes membros administrativos e xudiciais.

      3. curia romana

        Organismo ao servizo do papa que rexe a Igrexa católica. O corpo ordinario de colaboradores do bispo de Roma instituíuse dunha maneira estable no s XII e foi nos ss XIV-XV cando se crearon propiamente os dicasterios ou as congregacións romanas. Está integrada pola secretaría do Estado e o Consello para os Asuntos Públicos da Igrexa, dúas congregacións, tres secretarías (para a unidade dos cristiáns, para relixións non cristiás, para os non crentes), tres tribunais apostólicos (a Penitenciaría, a Rota e a Sinatura Apostólica) e outros organismos particulares (o Consello dos Laicos, a Comisión Xustiza e Paz, etc).

    4. Conxunto de avogados, procuradores e outros funcionarios que actúan na administración de xustiza.

    5. Corte do monarca medieval derivada do comitatum xermánico. No reino visigodo de Toledo recibiu o nome de aula rexia e nos primeiros tempos do reino asturiano coñeceuse como palatium. Formada polos principais cargos do reino que acompañaban o monarca nos seus desprazamentos, converteuse no órgano central do goberno da monarquía galega, asturiana, leonesa e castelá, xa que os seus membros participaban na administración do reino e decidían sobre asuntos políticos, xudiciais, militares e relixiosos. Distínguese entre curia ordinaria, formada por nobres, eclesiásticos, familiares do monarca e oficiais do palacio, e curia extraordinaria, cun número de membros máis amplo. A súa opinión tiña que ser escoitada obrigatoriamente polo rei nos asuntos relevantes. O aumento de participantes e de atribucións, xunto coa inclusión dos representantes das vilas por primeira vez no 1188, deu lugar ás Cortes. Na corte aragonesa perdurou ata o s XIII co nome de corte...

    6. Termo do verbo dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pomba’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresaria cinematográfica. Fundou a produtora Algarabía na Coruña xunto con Tomás Conde, especializada na animación cinematográfica con personaxes de plastilina. Un dos primeiros traballos deste tipo foi Alegrías de Puerta Tierra (1994), emitido por Canal +, Canal + Francia, TVG e seleccionado polo ministerio de Cultura para promocionar o cine español no mundo. Despois produciu Caderno de Bitácora (1995) e Noite Meiga (1995), premiados tamén con varios galardóns. Nese mesmo ano entraron en contacto coa produtora Lúa Films, coa que realizaron varios proxectos, entre eles unha serie de vídeos sobre distintos relatos de escritores homenaxeados o Día das Letras Galegas. Estes vídeos titúlanse Ignotus (2000), sobre textos de Manuel Murguía; Os defuntos falaban castelán (2001), sobre textos de Ánxel Fole; e Meigallos, sombras e papas de arroz (2001), sobre a obra de Eladio Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á curia, especialmente á romana.

    2. Membro da curia municipal que se ocupaba da recadación dos impostos e que tiña a obriga de responder deles cos seus fondos no Imperio Romano. Normalmente, exercían este cargo os cidadáns acomodados polos beneficios que podían acadar, pero a partir do s II o cargo converteuse en hereditario e, baixo o goberno de Diocleciano, fíxose obrigatorio. Desapareceu no s IV, como un síntoma máis da decadencia da vida urbana romana.

    3. Persoa que pola súa profesión intervén na administración de xustiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio da curia ou dos curiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Chile, ao S de Santiago, nos contrafortes do Valle Longitudinal (103.919 h [1992]). As principais actividades económicas céntranse na gandería e na agricultura (viña e froitas). Tamén é un importante centro de comunicacións e comercio. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Curicó, da Merced e de San Francisco, e as casas consistoriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do centro de Chile, situada na rexión de Maule (5.266 km2; 103.609 h [1989]). A capital é Curicó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de actividade nuclear ou radioactiva admitida transitoriamente polo SI. Equivale a 3,7¥1010Bq.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante que vén definida pola fórmula C=µ0Nm2/3k, na que µ0 é a permeabilidade do baleiro, N o número de dipolos por unidade de volume, m o momento magnético destes dipolos e k a constante de Boltzmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación de proporcionalidade entre a imantación da substancia M e a indución magnética B do campo magnético aplicado nas substancias paramagnéticas, estudiadas no dominio clásico das temperaturas ordinarias. Exprésase en termos de susceptibilidade magnética da substancia: χm=M/B=C/T, onde T é a temperatura absoluta da substancia e C a constante de Curie. Para temperaturas superiores ao punto de Curie, en substancias ferromagnéticas, ten que substituírse pola lei de Curie-Weiss: χm=C/(T- "Warnock Pro SmBd Display" >ϑ ), onde "Warnock Pro SmBd Display" >ϑ é a temperatura de Curie da substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maria Skéodowska.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Cursou estudios na Sorbonne, onde se licenciou en Ciencias (1877) e traballou como axudante no laboratorio de Q. P. Desains. En 1895 acadou o grao de doutor en Ciencias. En 1880 descubriu a piezoelectricidade conxuntamente co seu irmán Paul-Jacques. Construíu unha balanza aperiódica de lectura directa, coñecida como balanza de Curie, e unha de torsión para a media de susceptibilidade magnética, coñecida como balanza de Curie-Chéveneau. Estudiou a transición entre os tres estados magnéticos da materia: ferromagnético, paramagnético e diamagnético; e descubriu deste xeito a lei de Curie. Despois do seu matrimonio con Maria Skéodowska (1895), os dous estudiaron conxuntamente a radioactividade. Analizou os efectos fisiolóxicos das radiacións. En 1903 obtivo o Premio Nobel de Física xuntamente con M. Curie e H. Becquerel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Temperatura por riba da que todas as substancias ferromagnéticas e ferrimagnéticas se volven paramagnéticas. Polo xeral, a temperatura de Curie é inferior á de fusión. Tamén se coñece como punto de Curie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Elemento transuránido, non presente na natureza, que pertence á serie dos actínidos. O seu número atómico é 96 e coñécense trece núclidos, do 238 ao 250, dos que os máis estables son o 242 e o 240. T. Seaborg descubriu e identificou o 242Cm en 1944, ao bombardear 239Pu con partículas α de 32¥106eV, segundo a reacción:

    FORMULA

    Este isótopo é emisor de partículas α, fortemente enerxéticas; isto fai posible a súa utilización como fonte de enerxía. O isótopo 240Cm tamén é emisor de partículas α, cunha vida media dun mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e cónsul romano. Someteu os pobos samnitas, sabeos e lucanos ao redor do 290 a C e estableceu as primeiras colonias romanas no Adriático. Enfrontouse co Rei Pirro e venceuno na Batalla de Benevento (275 a C). Deu os primeiros pasos para o establecemento dun servizo militar de carácter obrigatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos xefes políticos e relixiosos das trinta curias da antiga Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Observar atentamente algo ou alguén.

    2. Buscar datos para descubrir algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de curioso.

    2. Cousa rara e estraña que esperta o interese.

    3. Atención que se pon na realización dun traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se interesa en adquirir novos coñecementos.

      2. Que se interesa polos asuntos dos demais.

    1. Que chama a atención pola súa singularidade ou orixinalidade.

    2. Que é ordenado e limpo.

    3. Que se realiza con atención e coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Paraná situada na rexión do sur, Brasil, nos contrafortes da serra do Mar (1.476.253 h [estim 1996]). É un importante núcleo industrial e centro comercial dun amplo territorio agrícola. As principais industrias pertencen aos sectores metalúrxico, téxtil e do moble. Malia esas actividades, considérase paradigma da cidade ecolóxica polo seu urbanismo. O seu patrimonio cultural, ademais dos espacios naturais, está formado por un gran número de edificios relixiosos e civís, entre os que destaca a catedral neogótica, o palacete Leão Júnior (1886-1907) e o teatro Paiol (1905-1906).

    VER O DETALLE DO TERMO