curial

curial

(< lat curiāle)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á curia, especialmente á romana.

  2. s m [HIST]

    Membro da curia municipal que se ocupaba da recadación dos impostos e que tiña a obriga de responder deles cos seus fondos no Imperio Romano. Normalmente, exercían este cargo os cidadáns acomodados polos beneficios que podían acadar, pero a partir do s II o cargo converteuse en hereditario e, baixo o goberno de Diocleciano, fíxose obrigatorio. Desapareceu no s IV, como un síntoma máis da decadencia da vida urbana romana.

    Sinónimos: decurión.
  3. s

    Persoa que pola súa profesión intervén na administración de xustiza.

Palabras veciñas

Curetes | curia | Curiá, Virginia | curial | curialesco -ca | Curicó | Curicó