"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que ten substancia.

    2. Que é abundante en ideas ou elementos útiles.

    3. Que é de gran valor nutritivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transposición pola que unha palabra que pertence a unha categoría gramatical diferente do substantivo pasa a exercer a función deste. Algúns lingüistas distinguen entre substantivación usual ou semántica, non condicionada por circunstancias sintácticas (Sérvelle o xantar aos pobres. O branco do ollo. Non me dixo o porqué) e substantivación ocasional ou sintáctica, condicionada por un contexto (Ten un camiñar moi alegre. Afonso X o Sabio).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Considerar algo como substancia.

    2. Asignar valor ou función de substantivo a unha palabra que pertence a outra clase gramatical, a unha parte dunha oración ou a oracións enteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de substantivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que existe por si.

      2. Que constitúe a esencia dunha cousa.

      1. Relativo ou pertencente ao substantivo.

      2. Clase de palabras que denota entidades, sexan seres vivos, cousas inanimadas ou conceptos abstractos. Presentan marcas de xénero (masculino ou feminino) e número (singular ou plural) de seu polo que os artigos, pronomes, adxectivos e verbos teñen que concordar con eles. Funcionan como núcleo da FN, ademais de ser a unidade primaria das funcións oracionais de SUX, CD e CI. En canto que son núcleos da FN, poden ser complementados no seu valor referencial polo artigo e pronomes determinantes e por modificadores. Os substantivos designan primariamente entidades e seres animados e inanimados (flor, foca, esperanza, calor), pero tamén acontecementos, accións, procesos (polo xeral, derivados de verbos: codificación, comunicación) e calidades (polo xeral, derivados de adxectivos: felicidade, solidariedade). Divídense en dúas subcategorías: a dos substantivos (ou nomes) propios e a dos substantivos (ou nomes) comúns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dados unha curva y = f(x) e un punto x0 desta, distancia do punto do eixe de abscisas en que a tanxente á curva en x corta o punto de abscisa x0 do mesmo eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado ou que se realiza debaixo da terra.

    2. Lugar situado debaixo da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao espazo situado fóra da cidade pero que está en relación con ela.

    2. Espazo que ten como característica fundamental a de ser un distrito periférico que se atopa dentro do espazo de alcance de movementos pendulares dunha área urbana e que adoita ser unha xurisdición política independente, sobre todo nos países anglosaxóns. Desde un punto de vista espacial, adoitan ser espazos de transición entre as cidades e as áreas rurais, onde entran en competencia as funcións urbanas coas rurais; e presentan baixos niveis de densidade demográfica e un alto volume de movementos pendulares que se dirixen ás áreas propiamente urbanas debido á vinculación funcional das poboacións residentes. A variabilidade de paisaxes existentes reflicten as diferentes etapas do desenvolvemento suburbano. En moitos países industrializados, en especial nos anglosaxóns, a construción de urbanizacións residenciais suburbanas de elite comezou a producirse a inicios do s XIX. Cara a finais do s XIX e comezos do s XX foi un fenómeno bastante estendido, xa que se desprazaron familias de clase media...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que subxuga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. Construída durante a segunda metade do s XII en estilo románico, leva cuberta a dúas augas. Presenta nave única e ábsida rectangular, onde se abriu unha fiestra de medio punto sobre columnas e capiteis decorados con motivos zoomorfos. Os muros son de cachotaría e cantaría. No interior destaca o arco triunfal, de medio punto, mentres que o arco da portada foi substituído por un lintel. Na fachada destaca a espadana, cun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen pode substituír unha cousa por ter propiedades análogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico (1702-1714) que xurdiu pola cuestión sucesoria á coroa hispánica, orixinado pola extinción da dinastía dos Habsburgo. Tras a morte de Carlos II en 1700 sen sucesión, o Emperador Leopoldo I, Inglaterra e Holanda non aceptaron o testamento do monarca defunto, que cedía os reinos hispánicos e as súas dependencias ao neto de Luís XIV, Filipe de Anjou, e apoiaron os dereitos do outro pretendente, o arquiduque Carlos de Austria. Filipe de Anjou chegou a España en 1701 e converteuse no Rei Filipe V. Austria, Inglaterra e Holanda formaron a Alianza da Haia fronte a España e Francia, á que se uniron Portugal e o ducado de Savoia (1703). Mentres, Luís XIV recoñecía os dereitos do seu neto como herdeiro á coroa francesa, aínda que no testamento de Carlos II existía a cláusula de que Filipe de Anjou tería que renunciar a estes dereitos. A guerra comezou en 1702 e, ao ano seguinte, o arquiduque Carlos foi recoñecido como rei de España en Viena. O conflito desenvolveuse, ademais de en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Líder da independencia suramericana, foi xeneral e lugartenente de Simón Bolívar (1818) e encomendóuselle a liberación de Ecuador. Vencedor en Junín e Ayacucho (1824), Bolívar encomendoulle a organización do Alto Perú e ambos os dous redactaron unha constitución. En 1826 foi elixido presidente da República Bolívar, seguindo os desexos dos crioulos de Charcas e Potosí. Dimitiu en 1828 despois de asinar o Tratado de Piquiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República Surafricana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • surafricano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • suramericano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio situado ao S do deserto do Sáhara, comprendido entre o macizo etiópico e a costa atlántica, limitado ao S polos altiplanos dos Grandes Lagos Africanos e a selva ecuatorial. Historicamente constituíu unha rexión dun gran tráfico comercial. Na rexión occidental floreceu (ss III-XIII) o Reino de Ghana, substituído polo de Mali en 1230, que someteu a vasalaxe os outros reinos veciños, como Tombouctou (1336) e Songhai (1235); este último impúxose na segunda metade do s XV, ata que pasou a formar parte do Sultanato de Marrocos (1591). Máis tarde, entre a poboación fulbe e hausa xurdiron os imperios de Sokoto, entre Níxer e Chad, e Adamaua, entre Camerún e Nixeria, que se mantiveron ata a colonización europea. Na zona central, o primeiro estado islamizado foi o de Kanem; xurdiu despois o Reino de Bornu, cuxo máximo esplendor correspondeu ao s XVI. Do mesmo xeito, os sultanatos de Baguirmi e de Ouadai tamén subsistiron ata a colonización francesa. En Sudán oriental, o Reino de Dārfūr...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado da África Oriental, que limita ao N con Exipto e Libia, ao L co Mar Vermello, Eritrea e Etiopia, ao S con Kenya, Uganda e República Democrática do Congo e ao O coa República Centroafricana e Chad (2.503.890 km2; 30.316.000 h [estim 2001]). A capital executiva é Khartún e a lexislativa Umm Durmān.
    Xeografía

    Xeografía física
    A maior parte de Sudán é unha gran chaira atravesada en dirección S-N polo Nilo e os seus tributarios e a periferia está constituída por sistemas montañosos. O L, a rexión do Mar Vermello, é a máis accidentada, aínda que as montañas non sobrepasan os 2.400 m de altitude. No S, na fronteira con Uganda, sitúanse as maiores altitudes do país no monte Kinyeti (3.187 m). A rexión occidental está cuberta por dunas de area e volcáns. O clima é tropical, moi caloroso e varía segundo a rexión: o clima de tipo continental tropical...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñeceu Sudán entre 1899 e 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu o estado de Mali entre 1892 e 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO