"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Programa internacional de investigacións xeofísicas que durou 18 meses, do 1 de xullo de 1957 ao 31 de decembro de 1958. O programa conduciu a progresos considerables en diversos campos: estrutura da codia terrestre, cartografía do zócolo rochoso da Antártida, cartografía das correntes mariñas e dos fondos submarinos, exploración do espacio, etc. Durante o AXI púxose en órbita o primeiro satélite artificial (Sputnik I, 4 de outubro de 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘ano’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Búfalo anano, o representante máis pequeno dos bóvidos, dun metro escaso de altura, e de cores escuras ou vermellas. Habita nas zonas montañosas da illa de Célebes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer nós.

      2. Unir ou amarrar por medio de nós.

      1. Facerse un lío, enmarañarse.

      2. Facerse un nó, atascarse sen saber que dicir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar forma de nobelo.

    2. Pór en nobelo, facer un nobelo.

    3. Enroscarse, enredarse, facerse unha bóla.

    4. Embarullar, tornar confuso un asunto, unha conversa, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia dos anóbidos.

    2. Insecto da familia dos anóbidos.

    3. Familia de insectos da orde dos coleópteros, que comprende individuos de pequenas dimensións, xeralmente de formas cilíndricas e de tons escuros, xilófagos. Viven nas árbores enfermas, de madeira tallada e doutras materias vexetais. As súas larvas coñécense polo nome de couza (couza de madeira, couza dos mobles, couza da fariña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno afluente pola marxe dereita do río Ulla que nace no lugar de Añobre, na parroquia do mesmo nome do concello da Vila de Cruces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Vila de Cruces baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa a acción de ‘atar os palillos cun fío especial para logo enchelos cun fío de palillar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ao ánodo, que emana do ánodo.

    2. Na electrólise por ignición, incremento importante e súbito da voltaxe, que se produce cando a densidade de corrente anódica sobrepasa un certo valor crítico. O efecto anódico está causado pola formación, entre o ánodo e o electrólito fundido, dunha película gasosa continua que actúa coma un illante.

    3. Nunha electrólise, lodos que se producen no espazo anódico ao desagregarse os ánodos solubles.

    4. Nun tubo electrónico, ións positivos que se forman polas impurezas existentes na superficie do ánodo metálico cando o baleiro é moi elevado e o campo eléctrico moi intenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de dor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do medicamento que calma a dor, como o licor anódino de Hoffman.

      1. Inofensivo e ineficaz, que non fai nin mal nin ben.

      2. Sen ningún interese, insubstancial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de protección dos metais lixeiros e ultralixeiros -principalmente o aluminio e as súas aliaxes-, que consiste en recubrilos dunha película de óxido, adherente e continua, que se obtén ao facer actuar o metal coma un ánodo na electrólise dunha solución ácida. Os detalles da operación (tensión aplicada, tipos e densidade da corrente, temperatura e natureza do baño) varían segundo os procedementos e a composición do metal a protexer. A capa de óxido obtida é moi absorbente e a afinidade do aluminio polos colorantes permite tinguila das máis variadas cores. Para un correcto acabado, é necesario sempre obturarlle os poros mediante vernices, óleos ou ceras, ou por inmersión en baños adecuados. A anodización evita a corrosión, aumenta a dureza (a alumina é moito máis dura ca o metal) e, en consecuencia, a resistencia á abrasión, e forma unha capa que retén ben os lubrificantes e serve de base para unha boa adhesión de pinturas e vernices. Tamén pode proporcionar o illamento eléctrico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efectuar unha anodización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Electrodo receptor de cargas negativas en todos aqueles dispositivos que teñen no interior un medio non metálico (gas máis ou menos enrarecido, electrólito ou semicondutor) que se volve condutor baixo determinadas condicións. Polo ánodo entra a corrente no dispositivo e, por tanto, saen os electróns cara ao circuíto exterior. O ánodo é, entón, o electrodo positivo nos dispositivos alimentados por unha fonte exterior de tensión e o electrodo negativo nos dispositivos xeradores, pilas ou acumuladores. Nos tubos electrónicos o ánodo, chamado tamén placa, recibe os electróns procedentes do cátodo e igualmente ocorre nun rectificador sólido. Nun electrólito, o ánodo recibe os anións da solución e os electróns liberados saen cara ao circuíto exterior. Nunha pila ou nun acumulador as reaccións químicas producen unha acumulación de electróns no ánodo, os cales, polo circuíto eléctrico exterior, entran polo cátodo e retornan ao electrólito. Na electrólise normalmente distínguese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos lamelibranquios de auga doce, da familia dos uniónidos. As valvas, nacaradas na cara interna, empréganse na industria de botóns de nácara e na fabricación de perlas de pouco valor. Son frecuentes en toda Europa. En Galicia, atópanse en ríos con fondos de area ou lama, as especies A. cygnea, de cor escura e de ata 150 mm, e A. anatina, máis pequena e de cor averdada. Polo seu aspecto, son comunmente chamados mexillóns de río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta total ou parcial de dentes; cando é conxénita vai acompañada a miúdo con calvicie e ausencia de glándulas sudoríparas e sebáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Gipuzkoa, Euskadi, no val de Oria (1.776 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os insectos do xénero Anopheles, pertencentes á familia dos culícidos, denominados vulgarmente mosquitos. Os adultos, de 6 mm de lonxitude, caracterízanse por repousar de xeito oblicuo respecto ao substrato. Namentres os machos se alimentan de produtos vexetais, as femias precisan succionar sangue aos vertebrados para culminar a maduración ovárica. Os ovos son depositados en grupos aboiantes sobre a tona de masas de auga temporais. As larvas acuáticas, filtradoras de plancto, distínguense por dispoñerse paralelas á superficie, onde respiran directamente do aire por medio dun espiráculo. O anófele é o único vector natural coñecido do paludismo ao transmitir coa súa saliva, de propiedades anticoagulantes, o protozoo responsable da enfermidade, no momento da picadura indolora. Existen diversas especies de anófeles espalladas por todo o mundo, pero son máis abundantes en climas húmidos e cálidos. A especie A. maculipensis é moi común na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO