"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción e efecto de ilustrar.

    2. Elemento co que se ilustra un texto escrito, especialmente un libro.

    3. Conxunto de coñecementos que adquire unha persoa.

      1. Prancha gravada que representa un debuxo ou unha fotografía e que pode ser impresa reproducíndoa fielmente do orixinal.

      2. Impresión conseguida cunha prancha gravada. Emprégase calquera das técnicas de gravado, xa sexa manual (xilografía ou cobre), ou mecánica (fotogravado), segundo o sistema de impresión. Primitivamente, as ilustracións eran verdadeiras obras de arte, mentres que posteriormente tiveron un valor máis informativo e complementario que mesmo chegou a substituír o texto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento intelectual europeo que se estendeu por Europa entre a Segunda Revolución Inglesa de 1688 e a Revolución Francesa (1789). Caracterizado polo seu carácter científico e crítico, tivo as súas orixes en Reino Unido, desde onde se estendeu primeiro por Francia e despois ao resto de Europa, favorecido pola cada vez maior independencia económica dos intelectuais e de sociedades científico literarias, a aparición da prensa periódica e a internacionalización das edicións. Propúñase iluminar a humanidade coas luces da razón, deixando a un lado a superstición e as formas da relixiosidade tradicionais baseadas na revelación. A análise e a indución foron os procedementos empregados para conciliar o positivo e o racional a través de formas sensualistas e empíricas; a relativización dos principios conduciu a formulacións predialécticas, ao rexeitamento da transcendencia e ao materialismo. O conxunto, unido ao extraordinario interese polas ciencias químico-físicas e biolóxico-naturais, orixinou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista quincenal editada en Madrid a partir do 15 de xuño de 1878. Cesou a súa edición o 10 de xaneiro de 1879. Dirixida por Manuel Murguía, incluíu colaboracións de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, e artigos en galego, castelán e bable. Imprimiuse na Tipografía Estereotipa de Perojo. Foi substituída por La Ilustración Gallega y Asturiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bisemanario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de novembro de 1868. Subtitulouse “Revista política, literaria, ilustrada”. Dirixido por Félix Moreno Astray, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Paredes. Incluíu fundamentalmente literatura en prosa e verso de diversos autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Coruña a partir de 1860. Cesou a súa edición en 1865. Subtitulouse “Diario mercantil, de literatura y avisos”. Dirixido por Gonzalo Brañas, Eladio Fernández e Domingo Camino, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga. Nos seus artigos, ademais de temas locais e xerais, preocupouse pola chegada do ferrocarril a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bisemanal editada en Vigo a partir do 14 de abril de 1911. Cesou o 14 de novembro de 1914 (nº 46). Subtitulouse “Revista de literatura, ciencias, artes y salones”. Fundada por Ramiro Vieira Durán, incluíu artigos de carácter histórico, literario e costumista, ademais de biografías de poetas, parlamentarios e intelectuais galegos. No apartado literario, cómpre salientar un importante número de composicións poéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Madrid a partir do 1 de outubro de 1954. Subtitulouse “Revista de Galicia para España y América”. Dirixida por Emilio Canda, contou coa colaboración de destacados intelectuais galeguistas, como R. Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro e Filgueira Valverde. No seu primeiro número reproducíronse os Seis poemas galegos, de Federico G. Lorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista decenal ilustrada editada en Madrid a partir do 10 de xaneiro de 1879. Cesou a súa edición o 28 de decembro de 1881. Fundada e editada por Alexandre Chao Fernández, contaba na dirección editorial con Manuel Murguía e na dirección artística con Xosé Cuevas. Os seus contidos trataban temas de interese para Galicia e Asturias, ademais dun apartado cultural no que predominaban as composicións poéticas en bable e galego. Cómpre salientar a publicación da primeira novela en galego, Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, e a presenza de numerosos artistas colaboradores, como Ricardo Acebal, Isidoro Brocos, Dionisio Fierros e Federico Guisande, que reproduciron as obras pitóricas e escultóricas máis destacadas da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de horizontes de acumulación ou iluviais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada por IMACO, I & Co na Coruña a partir de finais de 1999. Dirixida por Uxío Fernández, trátase dunha publicación profesional orientada ao mundo do deseño gráfico e a comunicación. Nos seus diferentes apartados inclúe información sobre novas producións televisivas e cinematográficas, deseño industrial e fotografía industrial e publicitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de imantar ou imantarse.

    2. Magnitude vectorial M, denominada tamén intensidade de imantación, propia dun campo magnético H nunha substancia de permeabilidade relativa μ r , que vale M = (μ r -1) H. É igual ao momento magnético por unidade de volume.

    3. polarización magnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facultade de formar imaxes ou contidos mentais que deriven da percepción sensible.

      2. Facultade de combinar as imaxes que imitan feitos da natureza pero sen representar nada real ou existente.

      3. Facultade de organizar dunha maneira nova, en forma de imaxes, os materiais procedentes da experiencia perceptiva anterior.

      4. imaxinación creadora

        Facultade de organizar imaxes autonomamente, segundo a inventiva individual.

      5. imaxinación imitativa/reproductiva

        Facultade de organizar imaxes de acordo cunhas formas previamente observadas.

    1. Feito ou efecto de imaxinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Absorción dun líquido dentro dos poros físicos dunha materia sólida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de imbricar ou imbricarse.

      1. Disposición das tellas dun tellado, de xeito que as pezas de cada ringleira monten unhas sobre outras.

      2. Decoración arquitectónica nun beiril ou nunha cornixa, feita con anacos de tella voados ou con dentes de obra ou de pedra, que adopta unha disposición semellante á das escamas dun peixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de imitar.

    2. Cousa que imita outra.

      1. Maneira, segundo os pitagóricos, en que as cousas se relacionan cos nomes e coas entidades superiores.

      2. teoría da imitación /

        Doutrina segundo a que a arte consiste en imitar. En Platón, a arte é imitación, aparencia sensible e esta é a imitación das ideas. Para Aristóteles, a arte poética (creadora) comporta imitacións de determinadas accións. Modernamente, a imitación artística enténdese como actividade reveladora da forma esencial da realidade que o obxecto real realiza inadecuadamente.

    3. Termo que indica unha serie de sons repetida de forma analóxica. É un procedemento contrapuntístico no que se reproduce un motivo unha ou máis veces. Ten diferentes formas: por movemento directo, por movemento contrario, por movemento retrógrado e por diminución ou aumento dos valores rítmicos do modelo. A imitación é a base de formas musicais como o canon e a fuga.

    4. Fenómeno psíquico, consciente ou non, caracterizado pola reprodución activa dunha conduta observada anteriormente noutro individuo.

    5. Proceso polo que, segundo o sociólogo Gabriel Tarde, teñen lugar os vínculos que conforman a sociedade. Non se imita tanto á persoa como o que representa e, polo tanto, aquilo que se capta é o grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro da espiritualidade cristiá. Obra mestra da literatura espiritual da Idade Media (XIII-XIV), tense atribuído a diferentes autores -Joan Gerson e Geert Groote-, aínda que a autoría de Tomé de Kempis é a mellor fundamentada. Despois da Biblia, foi o libro máis divulgado en toda a cristiandade. Divídese en catro libros, que en realidade son catro tratados diferentes, segundo se desprende do estudo da tradición manuscrita, da falta dun título orixinal común e das diferencias de vocabulario, estilo e contido. Nacida no ambiente da Devotio Moderna dos Países Baixos, caracterízase por un antiespeculativismo e por unha gran propensión para a vida interior. Vén marcada por un certo pesimismo e unha ascética da fuga e do desprezo do mundo, típicos de finais da Idade Media, cunha revalorización da razón humana, do estudo e da especulación. A profundidade da doutrina, a unción con que é exposta, a simplicidade da linguaxe e a beleza de estilo -conciso, sentencioso e a miúdo rítmico- son...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fractura que provoca o engaste violento dun fragmento de óso dentro doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina formulada por Guitmundo de Anveres e defendida polos protestantes que nega a transubstanciación do pan, é dicir, que afirma que a natureza do pan non muda na Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica empregada para medir a impedancia acústica no oído medio. A práctica baséase na transmisión dun son polo conduto auditivo externo e a valoración, mediante un instrumento especial, da porcentaxe que se absorbe e a que se reflite. É eficaz para valorar a función das trompas de eustaquio ou ben para determinar obxectivamente a capacidade auditiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de imperfecto.

    2. Aquilo polo que algo ou alguén non é perfecto.

    VER O DETALLE DO TERMO