"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. Pertenceu a un antigo mosteiro feminino da orde beneditina. Os primeiros datos fiables sobre o cenobio constatáronse nunha doazón da abadesa ao mosteiro de Sobrado, o 1 de maio de 1171, aínda que é probable que existira anteriormente. En 1504, Xulio II confirmou a doazón a San Paio de Antealtares. O templo erixiuse entre os ss XII e XIII. De estilo románico, ten nave rectangular con ábsida semicircular. Destaca a súa portada con arco de medio punto, así como os capiteis decorados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Cadea montañosa de dirección O-NL situada entre as parroquias de Carmoega, Merlín e Órrea, todas elas no concello de Agolada. O seu cumio é Pena Maior, que acada os 666 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roncesvalles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Prada (A Veiga). O seu cumio acada os 989 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi conselleiro secretario de Luís XIV de Francia, quen o enviou xunto a Filipe V (1702) para refacer as finanzas castelás. Reorganizou a administración cun criterio racionalista e aconsellou a introdución do cargo de intendente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispnea intensa que obriga ao enfermo a incorporarse e a manterse sentado ou dereito para poder respirar, impedíndolle manterse prostrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no hebreo Hoshea, forma abreviada de Ye’hoshua, co significado de ‘Iavé salva’. En grego e latín deu Ausé, Hosee e Oséa. Ten, polo tanto, a mesma orixe e significado que Xesús e Xosué. A súa festividade celébrase o 4 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profeta. Anunciou a destrución do Reino de Israel (745?-725 a C) e a dispersión dos seus habitantes pola súa infidelidade a Iavé e pola súa idolatría, pero tamén o triunfo de Xesús Cristo sobre a morte. Foi o autor do Libro de Oseas, que encabeza a colección dos doce profetas menores. Son característicos os dous primeiros oráculos, relacionados coa súa vida matrimonial e nos que se relata o seu casamento cunha prostituta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Oseira (San Cristovo de Cea). Fundouse en 1137 tras a doazón de Afonso VII a catro relixiosos que facían vida monástica na zona. Adheriuse á orde beneditina e pouco despois ao Císter. Cara a 1140 san Bernaldo enviou monxes de Claraval para instruír a nova regra. Recibiu novas doazóns de Fernando II e Afonso IX, ademais doutras particulares, como as igrexas de San Xoán de Louredo, de Santa Cristina e o couto de Marín. Estas posesións e as novas adquisicións que a propia comunidade realizou convertérono nun dos cenobios máis poderosos de Galicia. As súas posesións abranguían desde o couto de Marín ata Zamora. Tivo baixo a súa dependencia os cenobios de Santo Estevo de Chouzán, San Lourenzo de Miño e Santa Maria de Junias de Pitões, en Portugal.   O conxunto monacal consta de varios volumes acaroados. A igrexa construíuse entre 1185 e 1205 seguindo a tipoloxía das igrexas cistercienses e o modelo da catedral de Santiago de Compostela. Ten planta de cruz latina con tres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Estudou no Instituto de Tecnoloxía de California e doutorouse en 1973 pola Universidade de Cornell. En 1996 recibiu, xunto con David Lee e Robert Richardson, o Premio Nobel de Física polo descubrimento da superfluidez do helio-3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo alemán. De nome Andreas Hoseman, foi profesor de hebreo en Nuremberg e predicou a reforma luterana (1521). Aconsellou o rigor cos anabaptistas e desde 1549 foi reitor e profesor de teoloxía de Kaliningrad. Defendeu a impanación na eucaristía e motivou unha forte controversia coa súa concepción da xustificación que, segundo el, consistía na unión real e intrínseca de Xesús Cristo coa alma, é dicir, na inhabitatio Christi. Encargouse da supervisión da obra de Copérnico De Revolutionibus Orbium Coelestium e engadiu un prólogo onde afirmaba que as teorías expostas non correspondían á realidade, senón que eran un simple modelo matemático para facilitar os cálculos relativos aos movementos dos corpos celestes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor intensa nun óso ou nos ósos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos lamelibranquios, da familia dos ostreidos, que presentan as cunchas grosas, asimétricas, irregulares, co umbo desprazado cara a adiante. A valva superior é plana e a inferior está adherida ao substrato, e sobre todo aparece en fondos de lama, area e rochas. En Galicia aparece a especie O. edulis, de grande importancia económica debido a que é un produto cunha demanda que vai en aumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos ascomicetos, da orde dos pecizais, que presenta o carpóforo con forma de copa alongada, irregular, de cor parda escura, cunha fenda lonxitudinal. É sésil e presenta as esporas de cor branca. Viven en piñeirais das dunas. En Galicia está presente a especie O. umbrina (orellas de porco).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás linguas otomangueanas.

    2. Familia de linguas do phylum amerindio que falan os pobos do centro de México. Inclúe, entre outras, o mixteco, o zapoteco, o pamé e o otomí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera fluído líquido, especialmente o purulento, excretado polo conduto auditivo externo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia dos Vaos (Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 893 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bibliófilo, escritor e industrial. Foi un dos fundadores do primeiro Centro Gallego en Bos Aires e refutou a tese de que Cristovo Colón era galego. Publicou Cristóbal Colón. Su origen y su patria (1912) e Colombinos Art Nouveau: nuevo campeón. Un zapatero que ahorca el tirapié (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Eufemia do Centro.

    VER O DETALLE DO TERMO